Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacidade de estudo, intervención e xestión dos procedementos de ordenación e xestión do territorio agrario e a integración paisaxística.
Os contidos aos que fai referencia a materia son os seguintes:
• Marco conceptual da ordenación territorial. O territorio como sistema.
• Definición e obxectivos da ordenación e xestión do territorio e o paisaxe agrarios.
• Marco legal da ordenación territorial e a planificación do paisaxe.
• Aspectos metodolóxicos da ordenación territorial e a planificación do paisaxe.
• Análise e diagnóstico do sistema territorial.
• Planificación e xestión do territorio.
Estes contidos serán desenvolvidos a través dos seguintes módulos:
[P: Docencia presencial, en horas (h.); NP: Docencia non presencial, en horas (h.)]
Módulos teóricos (Docencia expositiva):
Módulo I.- O sistema rural (4 h. P; 8,5 h. NP)
Tema 1. Introdución. Ordenación rural: conceptos e definicións. Concepto clásico do rural. Concepto sistémico do rural. Sistemas complexos, compoñentes e relacións. Sistemas socio-ecolóxicos.
Tema 2. Compoñentes do sistema rural. Elementos básicos do sistema rural. Composición básica en subsistemas. Medio físico. Poboación e actividades. Núcleos e infraestruturas. Normas e institucións.
Módulo II.- Elementos básicos na ordenación (4 h. P; 8,5 h. NP)
Tema 3. Cooperación na ordenación. Elementos determinantes: traxedia dos comúns e goberno dos comúns. Dilema do prisioneiro. Cooperación e planificación: planificación normativa e deliberativa. Integración.
Tema 4. Niveis na ordenación. Planificación estratéxica, táctica e operativa. Plans, programas, proxectos. Niveis de formalidade. Gobernanza.
Tema 5. Perspectivas na planificación. Tipoloxía e estruturación de problemas. Alternativas á xestión de problemas. Detección de potencialidades. Aproximacións normativas e deliberativas.
Módulo III.- Marco legal, gobernanza e instrumentación (4 h. P; 8,5 h. NP)
Tema 6. Gobernanza e niveis na ordenación. Gobernanza territorial. Niveis jerárquicos na ordenación.
Tema 7. Instrumentos de ordenación. Xerarquía nos instrumentos. Instrumentos europeos. Instrumentos autonómicos específicos. Instrumentos sectoriais.
Módulo Práctico (Docencia interactiva) (12 h. P; 25,5 h. NP)
Práctica 1. Inventario e análise do sistema territorial
Práctica 2. Diagnóstico do sistema (I)
Práctica 3. Diagnóstico do sistema (II)
Práctica 4. Estratexias de actuación
Práctica 5. Proposta de alternativas (I)
Práctica 6. Proposta de alternativas (II)
Na materia, empregarase a seguinte bibliografía básica (en español):
• Gómez Orea, D., 2008. Ordenación territorial. Mundiprensa, Madrid.
• Gómez Orea, D., 1992. Planificación Rural. MAPA - Editorial Agrícola Española, D.L., Madrid.
Na materia, empregarase a seguinte bibliografía básica (en inglés):
• Alexander, E. R. (1992). Approaches to Planning: Introducing Current Planning Theories, Concepts, and Issues. Taylor & Francis.
Recomendarase ó alumno a consulta da seguinte bibliografía complementaria (en inglés):
• Filotas, E., Parrott, L., Burton, P.J. (et al.). 2014. Viewing forests through the lens of complex systems science. Ecosphere, 5(1): 1-23
• Hardin, G. 1968. The tragedy of the commons. Science 162: 1243-1248
• Steffen et al. 2015. Planetary Boundaries: Guiding human development on a changing planet. Science Vol. 347 no. 6223
Recomendarase ó alumno a consulta da seguinte bibliografía complementaria (en español):
• Benabent Fernández de Córdoba, M. 2006. La ordenación del territorio en España: evolución del concepto y de su práctica en el siglo XX. Universidad de Sevilla-Consejería de Obras Públicas y Transportes, Sevilla.
• Crecente, R., Fra, U., Álvarez, C.J., 2001. Concentración Parcelaria en Galicia: Caracterización y Evaluación. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Alimentaria, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela
• Díaz, E.R., Crecente, R., Álvarez, C.J., 2004. Turismo y ordenación del territorio en el municipio de Ribadeo. Ayuntamiento de Ribadeo y Universidad de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela
• Fernández Fernández, A., Pardo Abad, C.J., Martín Roda, E.M., Cocero Matesanz, D. 2007. Ordenación del Territorio y Medio Ambiente. UNED, Madrid.
• Galiana, L., Vinuesa, J. 2010. Teoría y práctica para una ordenación racional del territorio. Síntesis, Madrid.
• Martínez de Anguita, P. (Coord.). 2006. Planificación física y ordenación del territorio. Dykinson, Madrid.
Nesta materia, o estudante adquirirá unha serie de coñecementos a través de contidos específicos, así como unha serie de habilidades e destrezas, e porá en práctica unha serie de competencias específicas da ordenación rural.
No que respecta aos coñecementos e contidos, traballaranse os seguintes:
Con01. 1.1. Un profundo coñecemento e comprensión das matemáticas e outras ciencias básicas inherentes á súa especialidade de enxeñaría, que lle permitan acadar o resto das competencias do título.
Con04. 1.4 Coñecemento con sentido crítico do amplo contexto multidisciplinar da enxeñaría e da interrelación que existe entre os coñecementos dos distintos campos.
No que respecta ás habilidades e destrezas, traballaranse as seguintes:
H/D01. 2.1. Capacidade para analizar novos e complexos produtos, procesos e sistemas de enxeñaría dentro dun contexto multidisciplinar máis amplo; seleccionar e aplicar os métodos máis adecuados de análise, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como métodos innovadores e interpretar de forma crítica os resultados de ditos análises. Especificamente, nos procesos de planificación e ordenación do territorio e o paisaxe rural.
H/D07. 4.1. Capacidade para identificar, atopar e obter os datos requiridos. Especificamente, aqueles necesarios para a análise territorial.
H/D12. 5.2. Competencias prácticas, como o uso de ferramentas informáticas para resolver problemas complexos realizar proxectos de enxeñaría complexos e deseñar e dirixir investigacións complexas. Especificamente, aqueles orientados a sistemas territoriais.
No que respecta ás competencias, traballaranse as seguintes:
Comp01. CG1 - Capacidade para planificar, organizar, dirixir e controlar os sistemas e procesos produtivos desenvolvidos no sector agrario e a industria agroalimentaria, nun marco que garanta a competitividade das empresas sen esquecer a protección e conservación do medio ambiente e a mellora e desenvolvemento sostible do medio rural.
Comp04. CG4 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos para a solución de problemas plantexados en situacións novas, analizando a información proveniente do entorno e sintetizándoa de forma eficiente para facilitar o proceso de toma de decisións en empresas e organizacións profesionais do sector agroalimentario.
Comp12. CE5 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia na ordenación e xestión do territorio agrario e a integración paisaxística.
Comp14. CE7 - Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia no estudo, intervención e xestión.
A ensinanza da materia abordarase mediante a docencia expositiva en grupos de ata 40 estudantes (12 horas), a través de clases maxistrais participativas. Ademais, impartirase docencia interactiva orientada ao desenvolvemento de casos prácticos (12 horas). Os casos prácticos servirán para contextualizar as explicacións teóricas e requiriran do traballo en grupo dos estudantes. Os resultados das sesións prácticas, xunto co traballo persoal do estudante, constituirán un traballo práctico a entregar en forma de portafolios.
Especificamente, empregarase como elementos metodolóxicos:
• Clases maxistrais participativas (H/D01. 2.1., Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Seminarios e conferencias (Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Prácticas de laboratorio ou campo (Con01, Con04, H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Prácticas de aula informática (Con01, Con04, H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Utilización de lousas clásicas e dixitais (Con01, Con04, H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Utilización do aula virtual (H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Realización de presentacións mediante ordenador (H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Resolución de problemas (Con01, Con04, H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Elaboración e presentación de traballos de curso (H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos e proxectos (Con01, Con04, H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Titorías individualizadas e colectivas (Con01, Con04, H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Traballo autónomo e estudo independente dos estudantes (H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativa (H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Portafolio (H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
• Avaliación de competencias mediante exercicios de control (H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2. Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
A utilización da plataforma virtual da USC, así como da aplicación Microsoft Teams, permitirá axilizar o fluxo de información bidireccional entre estudante e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia e facilitando o acceso á documentación por parte do estudante.
Trátase dun sistema mixto con exame escrito de preguntas obxectivas, de desenvolvemento ou oral, e entrega de traballos e portafolio. Ao final da materia, os estudantes realizarán unha proba escrita sobre os contidos relativos á ordenación rural e presentarán un portafolio que inclúa os traballos, estudos de casos e exercicios desenvolvidos nas sesións interactivas da materia. A cualificación do estudante é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía ao mesmo: exame e portafolio. Non superará a materia aquel estudante que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Para superar a materia requírese ao estudante a asistencia ao 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o estudante teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. Os estudantes que teñan concedida a dispensa de asistencia deberán realizar un traballo adicional específico indicado polo profesor. Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e repetidores. As cualificacións dos traballos prácticos e dos exames conservaranse unicamente durante o curso académico.
O reparto de competencias na avaliación será:
Exame (50%): Coñecementos avaliados: Con04; habilidades avaliadas: H/D01. 2.1., H/D07. 4.1.; Competencias avaliadas: Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
Portafolio (50%): Coñecementos avaliados: Con01, Con04; Habilidades avaliadas: H/D01. 2.1., H/D07. 4.1. H/D12. 5.2; Competencias avaliadas: Comp01. CG1, Comp04. CG4, Comp12. CE5, Comp14. CE7)
O estudante dedicará 50 horas ao traballo autónomo e estudo individual, dirixido fundamentalmente ao estudo dos elementos teóricos da materia, á revisión da bibliografía básica e recomendada, e ao desenvolvemento dos traballos prácticos e a súa organización nun portafolio.
Recoméndase adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Do mesmo xeito, porase á disposición dos estudantes o material docente para o seu estudo previo ás sesións expositivas, de forma que poidan comprender e asimilar mellor os conceptos da materia. Anímase aos estudantes á participación activa nas clases e uso das titorías.
Emilio Rafael Diaz Varela
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade