Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer os procesos de xestión do tempo, as técnicas para a elaboración do cronograma e a asignación de recursos e estimación de custos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Métodos de diagramación
Programación con recursos limitados
Estimación de custos
Estes contidos desenvolveranse acorde ao seguinte temario:
I.- SESIÓNS EXPOSITIVAS. (9 h) T
Tema 1.- Procesos da xestión do tempo (1h)
Tema 2.- Método de diagramación por precedencias (PDM) I (1h)
Tema 3.- Método de diagramación por precedencias (PDM) II (1h)
Tema 4.- Método de diagramación por frechas (ADM) I (1h)
Tema 5.- Método de diagramación por frechas (ADM) II (1h)
Tema 6.- Estimación de necesidades de recursos e duración das actividades (1h)
Tema 7.- Método PERT - Custos (1h)
Tema 8.- Programación con recursos limitados. Nivelación de recursos (1h) Tema
9.- Método da cadea crítica (1h) I
I.- SESIÓNS INTERACTIVAS (10 h) Práctica
1.- Exercicios diagramaciones I (2h)
Práctica 2.- Exercicios diagramaciones II (2h)
Práctica 3.- Microsoft Proyect I (2h)
Práctica 4.- Microsoft Proyect II (2h)
Práctica 5.- Microsoft Proyect III (2h)
III.- TUTORIAS EN GRUPO
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e/o prácticas
Bibliografía básica
Amiama, C. (2016). Gestión de proyectos con Microsoft Office Project 2003. Unicopia
Amiama., C. (2012). Planificación, seguimiento y control de proyectos con Openproj. COIAGA.
Comisión Europea (2022). Metodología PM² de gestión de proyectos. Guía 3.0.1.
PMI 2021. Guía de los fundamentos para la dirección de proyectos y el Standart para la gestión de proyectos (guía del PMBOK®) -- Séptima edición. Project Management Institute, Pensilvania.
Romero, C. (2010). Técnicas de programación y control de proyectos, Pirámide, Madrid, España.
Taylor, J. (2007) Project scheduling and cost control. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
Uyttewaal, E. (2005). Dynamic scheduling with Microsoft Project 2003. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA.
Bibliografía complementaria
Goodpasture, J.C. (2003). Quantitative methods in project management. J. Ross Publishing, Boca Raton, FL, USA
Kerzner, H. (2017). Project management case studies, Wiley
Coñecementos:
Con04. Planificar nun horizonte temporal o proxecto e estimar os recursos necesarios.
Habilidades / Destrezas:
H/D01 - Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo
H/D05 - Resolver problemas de forma efectiva
Competencias
Comp05. Elaborar unha planificación factible dimensionando adecuadamente os recursos implicados
Materia a impartir no primeiro semestre, con 9 horas expositivas e 10 horas interactivas nas que se aplicarán metodoloxías e técnicas a casos concretos. Así mesmo, contémplanse 3 horas de titorías en grupos reducidos nas que os alumnos abordarán conxuntamente problemas do temática obxecto de estudo.
Lección maxistral participativas Con04; Comp05 Seminarios Con04; Comp05
Realización de presentacións mediante computador Con04; Comp05
Resolución de problemas H/D01; H/D05; Comp05
Resolución autónoma de problemas H/D01; H/D02; Comp05
Prácticas en aula de informática H/D01; H/D05; Comp05
Traballo tutelado H/D01; H/D05; Comp05
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
Mixta con traballo fío condutor, casos prácticos e exame escrito. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 30% - 30% - 40% respectivamente. En todas elas, a cualificación mínima será de 5 puntos sobre 10, conservándose as cualificacións obtidas unicamente durante o curso académico. Para superar a materia esíxese unha asistencia mínima do 75%. O non cumprimento da asistencia conlevará que, para a superación da materia, o alumno teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor.
Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade. Os alumnos repetidores rexeranse polos mesmos criterios, do mesmo xeito que os que gocen de dispensa, a excepción do mínimo de asistencia en caso de cumprilo.
Traballos entregados e/o expostos (60%). Con04; H/D01; H/D05; Comp05
Proba escrita (40%). Con04; H/D01; H/D05; Comp05
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumno recibirá 9 horas de sesións expositivas (SE) e participará en 10 horas de sesións interactivas (SE), das cales 4 horas son de seminario e 6 horas de aula informática, e noutras 2 horas será avaliado. Ademais, contemplaranse 3 horas presenciais de titorías en grupos reducidos (TGR). As titorías individuais (TI) realízanse a demanda por parte do estudante. Adicionalmente o alumno deberá desenvolver un traballo non presencial, preparando documentación para as clases presenciais, realizando traballos da materia, preparando as probas escritas obxecto de avaliación. A estas tarefas dedicaranse 51 horas de traballo persoal.
Asistencia a todas as actividades docentes.
Consulta da bibliografía recomendada.
Participación activa nas clases e uso das titorías
Martin Barrasa Rioja
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- martin.barrasa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Carlos Amiama Ares
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- carlos.amiama [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
07.11.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |
18.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 (Aulario 4) |