Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 19.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O proxecto fin de Máster pretende ser unha actividade profesional anticipada onde o alumno aplica os coñecementos adquiridos na súa formación, a un problema real e complexo. O realizar un traballo propio da xestión de proxectos deberá analizar o problema, elixir a solución máis adecuada para resolvelo, e implementar as actuacións para a posta en práctica desa solución, finalizando cunha potencial avaliación dos resultados esperados.
O tema de traballo será de suficiente magnitude, preferiblemente derivado dun encargo real. Cada alumno dispoñerá dun titor para realizar o seguimento continuo e dinámico do mesmo.
Contémplase a posibilidade de que o alumno elixa como traballo fin de Máster unha temática propia da dirección de proxectos para profundar e investigar nesa liña de traballo
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Desenvolverase o traballo fin de Máster, definido na proposta que o alumno presenta, a cal debe ser aceptada pola Comisión Académica do Máster. Na proposta quedarán definidos os termos de referencia e os principais resultados de aprendizaxe, verificándose que o alumno poida realizalo no tempo dispoñible.
Doutra banda, fomentarase a intervención da maior parte das áreas de coñecemento definidas no programa de estudos do primeiro módulo do Máster, de forma que se valore a aplicación do maior número de resultados de aprendizaxe.
Bibliografía básica
O conxunto da bibliografía recomendada en cada unha das materias que compoñen o plan de estudos.
Bibliografía complementaria
O conxunto da bibliografía recomendada en cada unha das materias que compoñen o plan de estudos.
Coñecemento
Todos os coñecementos adquiridos serán susceptibles de ser aplicados no TFM. Na proposta de cada TFM indicaranse os principais coñecementos que se aplicarán.
Habilidades
Todas as habilidades/destrezas adquiridas serán susceptibles de ser aplicadas no TFM. Na proposta de cada TFM indicaranse as principais habilidades/destrezas que se traballarán.
Competencia
Todas as competencias adquiridas serán susceptibles de ser aplicadas no TFM. Na proposta de cada TFM indicaranse as principais competencias que se traballarán.
Aprendizaxe baseada en proxectos
Traballo tutelado
Resolución autónoma de problemas
Materia de 12 créditos ECTS, equivalente a 300 horas todas elas de traballo persoal dedicado á elaboración do TFM, dedicando 1 hora á de avaliación. Todo o concernente ao desenvolvemento do traballo está regulado e recolleito no Regulamento de Traballos Fin de Máster.
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/eps/descargas_MDP/Reg…
Presentación, exposición e defensa ante tribunal cualificador. O procedemento de avaliación axústase ao establecido no Regulamento de Traballos Fin de Master para o cal se desenvolveu unha rúbrica específica.
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/centros/eps/descargas_MDP/Reg…
Proxectos. Presentación e defensa ante Tribunal: competencias avaliadas: Todas as asignadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumno dispón de 300 horas de traballo autónomo, apoiado polas titorías que pode expor a calquera profesor do Máster e o seguimento individualizado do titor que se lle asignou
Facer uso das titorías e do seguimento continuado do titor asignado