Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 22
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Comprender os conceptos de sostibilidade, desenvolvemento sostible e resiliencia, e a súa aplicación á dirección de proxectos.
• Aprender a tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais.
• Establecer elementos de liderado e compromiso nas organizacións respecto á protección do medio ambiente e ao desenvolvemento sostible.
• Aprender a avaliar a sostibilidade en proxectos.
• Adquirir competencias para a integración da sostibilidade na dirección de proxectos.
Os contidos ós que fai referencia a materia son os seguintes:
- Conceptos e enfoques da sostibilidade e desenvolvemento sostible.
- Integración e aplicación da sostibilidade na dirección de proxectos.
- Análise e avaliación da sostibilidade do proxecto.
Estes contidos serán desenvolvidos a través dos seguintes módulos:
1. Marco teórico da Sostibilidade [2 h expositivas + 2 h interactivas]
• Evolución dos conceptos de sostibilidade e desenvolvemento sostible.
• Triple liña base da sostibilidade. Sostibilidade forte e débil.
• Resiliencia e sostibilidade.
2. Sostibilidade na dirección de proxectos [2 h expositivas + 2 h interactivas]
• Parámetros críticos da sostibilidade nos proxectos.
• Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e dirección de proxectos.
• Normativas e estándares relacionados coa sostibilidade en proxectos.
3. Avaliación da sostibilidade: O Análise do Ciclo de Vida (ACV) do Proxecto [3 h expositivas + 3 h interactivas]
• Obxectivos e alcance do ACV.
• Análise de inventario.
• Análise de impactos e interpretación.
4. Xestión da sostibilidade nos proxectos [2 h expositivas + 3 h interactivas]
• Obxectivos e planificación da xestión da sostibilidade.
• Estrutura de Desglose da Sostibilidade.
• Identificación de alternativas e definición da estratexia de sostibilidade.
• Implementación, seguimento e control.
Na materia empregarase a seguinte bibliografía básica:
• De la Cruz López, M. P., del Caño Gochi, A. 2015. Propuestas preliminares para el establecimiento de procesos eficaces de gestión del objetivo de sostenibilidad en proyectos. Actas del 19º Congreso Internacional de Dirección e Ingeniería de Proyectos. Granada, 15-17 de julio de 2015. Valencia: AEIPRO.
• De La Cruz López, M. P., Cartelle Barros, J. J., Del Caño Gochi, A., & Lara Coira, M. 2021. New Approach for Managing Sustainability in Projects. Sustainability, 13(13), 7037. https://doi.org/10.3390/su13137037
• Cuevas, R., Bodea, C.-N., & Torres-Lima, P. (2020). Research on Project, Programme and Portfolio Management: Integrating Sustainability into Project Management. Springer Nature.
• Köhler, M. A., Silvius, M. G., Brink, M. J. van den, Schipper, M. R., & Planko, M. J. (2012). Sustainability in Project Management. Gower Publishing, Ltd.
Ademais, recoméndase ao alumnado a consulta da seguinte bibliografía complementaria:
• Aghaegbuna, O., Tasmiyah, C., Zanoxolo, B., & Nikiwe, M. (2020). Sustainability in Project Management Practice. MATEC Web of Conferences, 312, 02015. https://doi.org/10.1051/matecconf/202031202015
• Chofreh, A. G., Goni, F. A., Malik, M. N., Khan, H. H., & Klemeš, J. J. (2019). The imperative and research directions of sustainable project management. Journal of Cleaner Production, 238, 117810. https://doi.org/10.1016/j.jclepro.2019.117810
• Madureira, R. C., Silva, C. S., Amorim, M., Ferreira Dias, M., Lins, B., & Mello, G. (2022). Think Twice to Achieve a Sustainable Project Management: From Ecological Sustainability towards the Sustainable Project Management Cube Model. Sustainability, 14(6), Article 6. https://doi.org/10.3390/su14063436
• Silvius, G. (2021). The role of the Project Management Office in Sustainable Project Management. Procedia Computer Science, 181, 1066-1076. https://doi.org/10.1016/j.procs.2021.01.302
Nesta materia, o alumno adquirirá unha serie de coñecementos a través de contidos específicos, así como unha serie de habilidades e destrezas, e porá en práctica unha serie de competencias específicas respecto á sostibilidade na dirección de proxectos.
En canto aos coñecementos e contidos, traballarase:
Con12 - Comprender os conceptos de sostibilidade, desenvolvemento sostible e resiliencia, e a súa aplicación á dirección de proxectos.
En canto ás habilidades e destrezas, traballaranse as seguintes:
H/D06 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais
H/D12 - Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
En canto ás competencias, traballaranse as seguintes:
Comp14 - Integrar a sostibilidade na dirección de proxectos e avaliar a sostibilidade en proxectos
A metodoloxía de ensino da materia consistirá na docencia presencial impartida a través de clases expositivas en grupos de 25 alumnos (9 horas), empregando como elementos de apoio as presentacións en diferentes formatos (powerpoint, prezi, etc.). As sesións expositivas serán completadas con docencia interactiva (12 horas), empregando materiais que permitan simular ao alumno a preparación de documentación necesaria na xestión do alcance (formularios, listas de verificación, etc.) así como programas informáticos para o desenvolvemento de técnicas específicas (mapas mentais, estruturas de desglose de tarefas…).
Sobre a base establecida na docencia expositiva e interactiva, os alumnos realizarán traballos dirixidos á elaboración dun portafolio, no cal se inclúan os elementos das sesións prácticas interactivas xunto co desenvolvido polos mesmos de forma non presencial. Os alumnos contarán co apoio de tutorías para o desenvolvemento das actividades previstas.
Especificamente, empregarase, como actividades formativas:
• Sesións expositivas (SE)
• Sesións interactivas (SI)
• Tutorías de grupos reducidos (TGR)
• As tutorías individuais (TI)
Ademais, empregarase como metodoloxías docentes:
• Leccións maxistrais e participativas
• Seminarios para o desenvolvemento de traballos prácticos
• Realización de presentacións dos traballos
• Resolución de problemas. Elaboración e presentación de traballos de curso
• Aprendizaxe baseada na resolución de casos prácticos
• Portafolio
• Traballo autónomo e estudo individual dos alumnos
• Traballo en grupo e aprendizaxe cooperativo
A utilización da plataforma da USC virtual, así como da aplicación Microsoft Teams, permitirá axilizar o fluxo de información bidireccional entre alumno/a e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do/a alumno/a.
Mixto con exame escrito de preguntas obxectivas, de desenvolvemento ou oral, e entrega de traballos e portafolio. Ao final da asignatura os alumnos realizan unha proba escrita sobre os contidos relativos á sostibilidade na dirección de proxectos, e presentarán un portafolio que inclúa os traballos, estudos de casos e exercicios desenvolvidos nas sesións interactivas da materia. A cualificación do alumno é unha media ponderada, ao 50%-50%, entre o rendemento do mesmo nas dúas partes nas que se avalía ao mesmo: exame e portafolio. Non superará a materia aquel alumno que non obteña un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada parte.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Para superar a materia requírese ao/a alumno/a a asistencia a un 75% das clases teóricas e prácticas. O non cumprimento da asistencia levará consigo que, para a superación da materia, o/a alumno/a teña que facer un traballo adicional proposto polo profesor. Os/as alumnos/as que teñan concedida a dispensa de asistencia deberán realizar un traballo adicional específico indicado polo profesor. Estes criterios son válidos para a convocatoria de 1ª e 2ª oportunidade e repetidores. As cualificacións dos traballos prácticos e dos exames conservaranse únicamente durante o curso académico.
A distribución de competencias na avaliación será:
Exame (50%): Conocementos avaliados: Con12; Habilidades avaliadas: H/D12; competencias avaliadas: Comp14
Portafolio (50%): Conocementos avaliados: Con12; Habilidades avaliadas: H/D06; competencias avaliadas: Comp14.
O alumno dedicará 51 horas ao traballo autónomo e estudo individual, dirixido fundamentalmente ao estudo dos elementos teóricos da asignatura, a revisión da bibliografía básica e recomendada, e o desenvolvemento dos traballos prácticos e a súa organización nun portafolio.
Recoméndase adecuarse á programación de contidos teóricos e prácticos de acordo cos manuais da materia, para un máximo aproveitamento á hora de cursala. Asimismo, porase á disposición dos alumnos o material docente para o seu estudo previo ás sesións expositivas, de forma que poidan comprender e asimilar mellor os conceptos da asignatura. Anímase aos alumnos á participación activa nas clases e uso das tutorías.
Emilio Rafael Diaz Varela
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Proxectos de Enxeñaría
- Correo electrónico
- emilio.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |
18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 14 (Aulario 4) |