Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Enxeñaría Agroforestal, Proxectos de Enxeñaría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Realizar un contacto inicial cunha organización empresarial desenvolvendo actividades de dirección de proxectos ou relacionais.
Actividade profesional anticipada para pór en valor os aspectos teóricos recibidos no módulo I do Máster. Adecuaranse ao establecido no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC.
O presente Máster ten previsto no seu programa docente un 2º módulo para a realización de "Prácticas en empresas", con 300 horas de dedicación prevista que se desenvolverá durante oito semanas.
Estanza de oito semanas nunha empresa ou unidade da Administración relacionada coa dirección de proxectos. O labor a realizar deberá ter unha compoñente clara de dirección de proxectos ou de apoio á devandita dirección. Intentarase que a empresa se dedique ao campo de especialización polo que o alumno teña mostrado preferencia.
O principio da estanza farase, en forma de contacto, unha aproximación aos termos de referencia do traballo a realizar significando os aspectos formativos para o alumno. Este traballo deberá ser levado a cabo por un representante da empresa, preferiblemente que se vaia encargar de tutelar o alumno, e por outro lado polo seu titor.
Non procede
H/D04 - Capacidade para establecer estratexias para resolver desacordos relacionados co proxecto TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D05 - Resolver problemas de forma efectiva TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D06 - Tomar decisións considerando globalmente aspectos técnicos, económicos, sociais e ambientais TIPO: Habilidades ou destrezas
H/D13 - Exercicio da profesión baixo principios deontolóxicos TIPO: Habilidades ou destrezas
Comp17 - Comprender e aplicar o concepto de proxecto e de dirección de proxectos (orientación a proxectos) TIPO: Competencias
Materia con 300 horas de carga docente, nas que o alumno, ademais de realizar os labores encomendados terá titorías individualizadas co titor da USC e o titor externo e deberá realizar unha memoria de prácticas, obxecto de avaliación.
A utilización da plataforma da USC virtual permitirá axilizar o fluxo de información bidireccionalmente entre alumno e profesor, imprimindo axilidade á docencia da materia, e facilitando o acceso á documentación por parte do alumno.
As prácticas externas avaliaranse a partir dos informes emitidos polos titores na empresa (50 %), así como da memoria de prácticas elaborada polo alumno (50 %).
A memoria ha de adecuarse ao disposto no Regulamento de Prácticas Académicas Externas da USC. A memoria (de non menos de 15 páxinas, arial 11, interlineado 1,5) ha de conter os seguintes ítemes:
a) Datos persoais do estudante.
b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas e lugar de situación.
c) Descrición concreta e detallada das tarefas, traballos desenvolvidos e departamentos da entidade aos que estivo asignado.
d) Valoración das tarefas desenvolvidas cos coñecementos e competencias adquiridos en relación cos estudos universitarios.
e) Relación dos problemas formulados e o procedemento seguido para a súa resolución.
f) Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g) Avaliación das prácticas e suxestións de mellora.
Na avaliación da memoria dos alumnos valorarase a adecuación ao solicitado, así como aspectos relativos á expresión e a presentación do documento.
No que se refire ao informe final do titor (obrigado para todos) ha de axustarse ao modelo proporcionado no campus virtual. Conterá ademais do grao de satisfacción do titor coas prácticas realizadas, o número de horas realizadas polo estudante (375 horas) e as principais actividades realizadas. Adicionalmente valoraranse aspectos relacionados coa capacidade de organización e planificación, capacidade de aprendizaxe, ....
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones”.
Competencias avaliadas con memoria e informes do titor. Todas as da materia.
8 semanas de estancia, que representan 300 horas de traballo.
. Facer uso frecuente das titorías cos titores da empresa e a USC, para un mellor aproveitamento das prácticas.