-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 105.5
Horas de Titorías: 4
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 16.5
Total: 150Linguas de uso
Castelán, Galego, InglésTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Centro
Escola Técnica Superior de EnxeñaríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
O obxectivo desta materia é proporcionar ao alumno o coñecemento dos compoñentes dunha infraestrutura actual para a computación e altas prestacións, de como funcionan en conxunto e de como administralos.
O alumno debe ser capaz de deseñar e administrar infraestruturas de altas prestacións tendo en conta a análise das necesidades presentes e a súa posible evolución futura, así coma os requisitos para plantexar un proxecto de deseño de infraestrutura no que se deben ter en conta tanto o hardware, coma o software e as infraestruturas de soporte. Isto incluirá a parte computacional, o almacenamento de datos, a infraestrutura de comunicacións, e a monitorización do sistema.- Infraestrutura de soporte para computación de altas prestacións
- Virtualización de servidores
- Redes de comunicacións para clusters e almacenamento
- Administración de clusters para computación de altas prestacións
- Sistemas de almacenamento e copias de seguridade
- Monitorización e optimización de sistemas HPC- Sterling, T., Anderson, M., & Brodowicz, M. High performance computing: modern systems and practices. Morgan Kaufmann. 2017.
- R. Rosen. Linux Kernel Networking. Implementation and Theory. 2014
- Tom Shanley. InfiniBand Network Architecture. 2002
- Matthew Portnoy. Virtualization Essentials, 2nd Edition. 2016
- Kailash Jayaswal. Administering Data Centers: Servers, Storage, and Voice over IP. 2005
- Ulf Troppens & Rainer Erkens & Wolfgang Müller. Storage Networks Explained: Basics and Application of Fibre Channel SAN, NAS, iSCSI and InfiniBand. 2004
- E. Nemeth & G. Zinder & T.R. Hein. Linux Administration Handbook. 2006
Complementaria
- Barb Goldworm & Anne Skamarock. Blade Servers and Virtualization: Transforming Enterprise Computing While Cutting Costs. 2007
- W. Curtis Preston. Backup & Recovery: Inexpensive Backup Solutions for Open Systems. 2007
- Tom Clark. Designing Storage Area Networks: A Practical Reference for Implementing Fibre Channel and IP SANs (2nd Edition). 2003
- Cougias & Heiberger & Koop. The Backup Book: Disaster Recovery from Desktop to Data Center 3rd Edition. 2003- Analizar e mellorar o rendemento dunha arquitectura ou software dado
- Coñecer os conceptos e as técnicas básicas da computación de altas prestacións
- Coñecer as tecnoloxías e ferramentas dispoñibles para a computación en sistemas distribuídos sobre unha rede
Competencias da titulación que se traballan (ver memoria título):
- Básicas: CG1, CG2, CG3, CG5, CB6, CB7, CB9, CB10.
- Transversales/Generales: CT1, CT2, CT4.
- Específicas: CE2, CE3, CE6- Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumno disporá de copias das transparencias con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno.
- Clases prácticas na aula de informática, que permiten ao alumno familiarizarse desde un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Actividades formativas de carácter presencial e a súa relación coas competencias da titulación
- Clases teóricas: impartidas polo profesor e exposición de seminarios. Competencias traballadas: CB6, E2, E3, E6.
- Clases prácticas de laboratorio, resolución de problemas e casos prácticos. Competencias traballadas: CB10, T1, T2, C4.
- Titorías programadas: orientación para a realización dos traballos individuais ou en grupo, resolución de dúbidas e actividades de avaliación continua. Competencias traballadas: T1.
- Exame. Competencias traballadas: CB6, T1, G5, E2, E3, E6Prácticas de laboratorio 60%: Valorarase a calidade do traballo desenvolvido dentro e fora do laboratorio.
Traballos tutelados: 20%. Valorarase a calidade do traballo entregado tendo ademáis en conta o grao de asistencia que requira por parte dos profesores.
Proba mixta 20%:Proba escrita ou, solo se fose necesario, oral.
É necesario obter polo menos o 50% da cualificación total para aprobar.
Na proba mixta, é necesario acadar, polo menos, o 30% da nota para poder aprobar a materia.
Non se fará ningunha consideración especial cara aos alumnos con matrícula a tempo parcial. Se considerará como "non presentados" os alumnos que non realicen a proba mixta.- Clases de teoría: 20h presenciais + 0h traballo autónomo (total 20h)
- Clases prácticas en laboratorio: 20h presenciais + 50h traballo autónomo (total 70h)
- Titorías: 1h presencial + 0h traballo autónomo (total 1h)
- Realización de traballos: 0h presenciais + 57h traballo autónomo (total 57h)
- Proba mixta: 2h presenciais + 0h traballo autónomo (total 2h)
TOTAL: 43h presenciais + 107h traballo autónomo, para un total de 150hDebido á forte interrelación entre a parte teórica e a parte práctica, e á progresividad na presentación de conceptos moi relacionados entre si na parte teórica, é recomendable dedicar un tempo de estudo ou repaso diario.
Nesta materia se hará un uso intensivo de ferramentas de comunicacioun en línea: videoconferencia, correo-e, chat, etc.
Nas actividades de avaliación a distancia se lles poderá requirir aos alumnos a aplicación de
mecanismos que garantan a súa identidade así como o autoría de os elementos avaliables presentados.
A asignatura será impartida en inglés.
-