Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 54 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica, Química Orgánica
Áreas: Química Inorgánica, Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Entender os conceptos básicos nos que se fundamenta a química supramolecular.
- Coñecer e entender as distintas estratexias de deseño e síntese en química supramolecular.
- Obter unha visión integral e multidisciplinar da área, no contexto doutras ramas da ciencia.
- Obter unha visión xeral dos métodos e técnicas experimentais máis utilizadas para estudar os procesos supramoleculares.
- Coñecer as posibles aplicacións deste campo da ciencia.
- Tipos e propiedades das forzas de ligazón non covalente que interveñen nos procesos supramoleculares.
- Métodos de caracterización dos procesos supramoleculares. Determinación das constantes de asociación.
- Recoñecemento molecular de especies neutras e cargadas: deseño de receptores.
- Auto-ensamblaxe e topoloxía supramolecular. Química dinámica supramolecular.
- Química de coordinación e organometálica en química supramolecular.
- Aplicacións dos procesos supramoleculares.
Básica
- Jonathan W. Steed, David R. Turner, Karl J. Wallace. Core Concepts in Supramolecular Chemistry and Nanochemistry. John Wiley & Sons, Ltd, 2007. ISBN: 978-0-470-85866-0.
- Peter J. Cragg. Supramolecular Chemistry. From Biological Inspiration to Biomedical Applications. Springer, 2010. ISBN 978-90-481-2581-4.
Complementaria
- Nobuhiko Yui (Ed.). Supramolecular Design for Biological Applications. CRC Press, 2002. ISBN 0-8493-0965-4.
- Tatsuya Nabeshima. Synergy in Supramolecular Chemistry. CRC Press, 2015. ISBN: 978-1-4665-9504-0.
- Hans-Jörg Schneider (Ed.). Supramolecular Systems in Biomedical Fields (Monographs in Supramolecular Chemistry). RSC Publishing. 2013. ISBN: 978-1-84973-658-9.
Básicas
CB6: Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto da investigación.
CB7: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9: Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10: Que os estudantes posúan as habilidades da aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Xenerais
CG1: Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas prácticos no ámbito da investigación e a innovación no contexto multidisciplinar da química biolóxica e os materiais moleculares.
CG2: Saber aplicar o método científico e adquiran habilidades na elaboración dos protocolos necesarios para o deseño e avaliación crítica de experimentos químicos.
CG3: Ser capaces de debater e comunicar as súas ideas, de forma oral e escrita, a públicos especializados e non especializados (congresos, etc.) dun modo claro e razoado.
CG5: Dispoñer das habilidades que lle permitan desenvolver un modo de estudo e aprendizaxe autónomo.
CG8: Manexar a bibliografía científica avanzada de fontes primarias e adquirir as ferramentas necesarias para desenvolver a súa interpretación crítica, con capacidade de establecer a estado da arte (“ state of the art”) de liñas temáticas novas nos campos da química biolóxica e os materiais moleculares.
Transversais
CT1: Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: organización, cooperación, potenciación de esforzos complementarios, saber escoitar, comunicación, flexibilidade e empatía.
CT2: Elaborar, escribir e defender públicamente informes de carácter científico e técnico.
CT4: Aplicar os conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados coa Química Biolóxica e os Materiais Moleculares a contornas novas ou pouco coñecidos, dentro de contextos multidisciplinares.
CT5: Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
CT7: Demostrar razoamento crítico e autocrítico en busca da calidade e o rigor científico. Manexar as ferramentas informáticas e as tecnoloxías da información e a comunicación, así como o acceso ás bases de datos científicas, contextualizando críticamente os precedentes en campos de investigación novos como a química biolóxica e/ou o desenvolvemento de novos materiais.
Específicas
CE1: Coñecer o impacto da química, a química biolóxica e os materiais moleculares na industria, o medio ambiente, a saúde, a agroalimentación e as enerxías renovables.
CE11: Coñecer os conceptos básicos da Química Supramolecular, os tipos máis importantes de entidades supramoleculares, os métodos de caracterización, as súas modificacións e a súa aplicación en Ciencia e Tecnoloxía.
CE12: Coñecer as forzas de interacción débiles que dominan os procesos supramoleculares e que poidan aplicalas á obtención de novos materiais e funcións biolóxicas.
- Clases interactivas fomentando a participación do alumno.
- Utilización combinada dos métodos informáticos e da lousa.
- Utilización dos métodos de resposta rápida e anónima en clase ( clickers) para coñecer o grao de seguimento da materia.
- Fomento do autoaprendizaje do alumno propoñendo retos e expondo preguntas.
- Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación das publicacións científicas, etc.).
- Presentacións orais de temas previamente preparados, incluíndo o debate cos seus compañeiros e os profesores.
O proceso de avaliación non só servirá para coñecer se o alumno adquiriu as competencias programadas senón tamén para revisar a metodoloxía de ensino.
- Proba escrita sobre contidos básicos teóricos e prácticos da materia.
- Avaliación continua asociada á participación activa e á aprendizaxe autónoma.
Avaliarase a adquisición de competencias a través dos diferentes sistemas: Exame: 50%-70%; Exposicións orais: 15%-25%; Traballos/Actividades: 15%-40%; Titoría: 0%-10%. O alumno haberá de superar unha nota mínima de 4 puntos no exame (puntuable entre 0-10) para poder aprobar a materia.
Actividades formativas:
Presenciais: Clases presenciais teóricas: 14 h; Seminarios e clases prácticas de lousa, 4 h; Titorías programadas, 1 h; Exposicións orais dos alumnos apoiadas por material audiovisual ou conferencias por profesores invitados, 2 h; Avaliación e/ou exame, 3 h.
Non presenciais: Preparació n de probas e traballos dirixidos 10 h; Estudo e traballo persoal do alumno, 36 h; Procuras bibliográficas e utilización de bases de datos, 5 h.
Considering that the concepts in this area to be studied throughout the course are closely related, it is very important to perform a continuous and progressive study of the art. Likewise, it is essential to read the recommended bibliography for each section. Thus the student can learn and solve the difficulties and doubts along the teaching period. The student should attend all the conferences related to this topic that are usually organized by the Department.
As clases impartiranse habitualmente en inglés.
SISTEMA DE AVALIACIÓN
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios e probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión das valoracións”.
Juan Ramón Granja Guillán
Coordinador/a- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Correo electrónico
- juanr.granja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Vazquez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815736
- Correo electrónico
- miguel.vazquez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula Matemáticas (3º andar) |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula Matemáticas (3º andar) |
08.11.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |