Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 20 Total: 75
Linguas de uso Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Física, Física de Partículas
Áreas: Química Física, Física da Materia Condensada
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Resultados da aprendizaxe
- Coñecer as técnicas experimentais fundamentais para a caracterización fisicoquímica dos sistemas nanoestruturados.
- Obter unha visión integral e multidisciplinar da área, no contexto doutras ramas da ciencia.
- Obter unha visión xeral dos métodos e técnicas experimentais máis utilizadas para estudar materiais nanoestruturados.
- Coñecer as posibles aplicacións deste campo da ciencia.
- Determinación da composición de nanomateriais.
- Determinación do tamaño hidrodinámico de coloides por dispersión dinámica da luz.
- Determinación do potencial zeta por “Laser Doppler Anemometry”.
- Determinación da mobilidade electroforética por electroforese en gel.
- Determinación da estabilidade térmica de coloides por análise termogravimétrica.
- Determinación da eficiencia cuántica de nanopartículas luminiscentes.
Bibliografía básica:
• P. Atkins, J. de Paula & J. Keeler: “Physical Chemistry”, 11ª Edición; Oxford University Press, 2017
• I. N. Levine: “Physical Chemistry”, 6ª Edición; McGraw-Hill, 2013
As edicións previas ás especificadas tamén son válidas para esta materia.
Bibliografía complementaria:
• F. MacRitchie: “Chemistry at Interfaces”; Academic Press, 1990.
• D. Myers: Surfaces: “Interfaces and Colloids: Principles and Applications”; VCH, 1999.
• D. Berti & G. Palazzo: “Colloidal Foundations of Nanoscience”; Elsevier, 2014.
• R.J. Hunter: “Foundations of Colloid Science”, 2ª Edición; Oxford University Press, 2001.
• G.T. Barnes & I.R. Gentle: “Interfacial Science: an Introduction”, 2ª Edición; Oxford University Press, 2011.
• John P. Sibilia: “A Guide to Materials Characterization and Chemical Analysis”. VCH Publishers, 1998.
• M.E. Brown: “Introduction to Thermal Analysis. Techniques and applications”; Chapman and Hall, 1998.
Ademais recomendaranse para cada tema textos complementarios (artigos, páxinas web, textos específicos) no momento de impartición da materia.
Básicas e Xerais
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto da investigación.
CG1 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas prácticos no ámbito da investigación e da innovación no contexto multidisciplinar da química biolóxica e os materiais moleculares.
CG3 - Ser capaces de debater e comunicar as súas ideas, dun xeito oral e escrito, a públicos especializados e non especializados (congresos, etc.) dun xeito claro e razoado.
CG5 – Dispoñer das habilidades que lle permitan desenvolver un modo de estudo e aprendizaxe autónomo.
CG9 - Ser capaces de utilizar técnicas experimentais avanzadas en síntese, en química biolóxica e ciencia de materiais, baixo estándares de seguridade no laboratorio (químico e biolóxico) e de protección medioambiental.
Transversales
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Aplicar os conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados coa Química Biolóxica e os Materiais Moleculares a medios novos ou pouco coñecidos, dentro de contextos multidisciplinares.
Específicas
CE4 - Coñecer e entender as ferramentas químicas e as técnicas analíticas que se usan na química biolóxica e os materiais moleculares.
CE5 - Saber analizar e utilizar os datos obtidos de xeito autónomo nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas axeitadas.
CE6 - Coñecer as bases fisicoquímicas dos procesos biolóxicos.
CE7 - Que os estudantes adquiran coñecementos sobre as técnicas avanzadas na caracterización estrutural de macromoléculas, supramoléculas e coloides relevantes no ámbito da química biolóxica e os materiais moleculares.
CE8 - Adquirir destreza técnica para levar a cabo a caracterización estrutural de moléculas, biomoléculas, supramoléculas e nanopartículas e na interpretación dos datos experimentais obtidos.
Metodoloxías de ensinanza-aprendizaxe
- Clases prácticas interactivas fomentando a participación do estudante.
- Fomento da autoaprendizaxe do estudante propoñendo retos e formulando preguntas.
- Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestións tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación das publicacións científicas, etc.).
- Presentacións orais de temas previamente preparados, incluíndo o debate cos seus compañeiros e profesores.
Estas metodoloxías serán implementadas na materia de diferentes maneiras:
*A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que de forma excepcional e xustificada a docencia telemática (usando Microsoft TEAMS) poderá combinarse coa presencial ata un máximo do 10%.
*As titorías poderán realizaranse parcialmente de forma telemática (Campus Virtual ou Microsoft TEAMS)
*As probas finais serán presenciais.
Consideracións xerais
- O proceso de avaliación non só servirá para coñecer se o estudante adquiriu as
competencias programadas se non tamén para revisar a metodoloxía de ensinanza.
- Proba escrita sobre contidos básicos teóricos e prácticos da materia.
- Avaliación continua asociada á participación activa e á aprendizaxe autónoma.
Para o exame de 2ª oportunidade poderá esixirse a entrega de materiais para a parte de avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ASPECTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN ESPECÍFICOS
Sistema Avaliación - Ponderación
Exame - 70%
Exposicións orais - 10%
Traballos/Actividades - 20%
A avaliación continua terá un peso do 30% na cualificación da materia e será fundamentalmente telemática (Campus Virtual ou Microsoft TEAMS). Consistirá en entregas no Campus Virtual de problemas e casos prácticos (20%) e na exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (10%).
O exame final terá un peso do 70% e versará sobre a totalidade dos contidos da materia.
En todo caso, para aprobar a materia, será requisito imprescindible alcanzar unha cualificación final mínima de 5,0 (escala 0-10).
Presenciais - Horas - % Presencialidade
Clases presenciais teóricas - 3h - 100%
Seminarios e clases prácticas de encerado - 4h -100%
Titorías programadas - 1h - 100%
Clases prácticas de laboratorio ou de informática - 14h - 100%
Exposicións orais dos estudantes apoiadas por material audiovisual ou conferencias de Prof. Invitados - 2h - 100%
Avaliación e/ou exame - 3h - 100%
SUBTOTAL 27h
Non presenciais
Preparación de probas e traballos dirixidos - 10h - 0%
Estudo e traballo persoal do estudante - 35h - 0%
Buscas bibliográficas e utilización de bases de datos - 3h - 0%
SUBTOTAL 48 h
TOTAL 75 h
O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando a bibliografía recomendada. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben contactar nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver esas dificultades.
A docencia impartirase fundamentalmente en inglés.
Manuel Arturo Lopez Quintela
- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881813044
- Correo electrónico
- malopez.quintela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Carlos Vazquez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Química Física
- Área
- Química Física
- Teléfono
- 881813011
- Correo electrónico
- carlos.vazquez.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Alfonso Del Pino Gonzalez De La Higuera
- Departamento
- Física de Partículas
- Área
- Física da Materia Condensada
- Correo electrónico
- pablo.delpino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula Matemáticas (3º andar) |
14.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |