Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer de forma clara a estrutura dunha organización empresarial.
Asimilar o coñecemento do que supón a xestión da produción.
Adquirir os coñecementos básicos de economía empresarial que permitan elaborar, manexar e interpretar: orzamentos, balances, análise de custos, etc. e coñecer as técnicas de control de custos e marketing.
Descriptores da materia:
Conceptos e definicións básicas de economía. Interpretación de balances, contas de resultados, análise de custos, cobros e pagos, orzamentos, etc. Nocións de organización empresarial. Xestión da produción. Control de custos. Marketing.
Epígrafes da materia:
1. Organización empresarial. Conceptos e definicións básicas
2. A función administrativa.
- Introdución ao proceso directivo.
- Planificación
- Organización
- Dirección
- Control
3. Nocións de organización empresarial. As funcións da organización.
- Función financeira,
- Función de produción
- Función de márketing
Bibliografía básica:
Curto Rodríguez, E.; García Chas, R.; Castro Casal, C. (Coord.) (2012). Fundamentos de Dirección de Empresas. Pearson.
González Domínguez, F. y Ganaza Vargas, J. (Coord.) (2007). Principios y fundamentos de gestión de empresas. Pirámide.
Bibliografía complementaria:
Curto Rodríguez, Eduardo; García Chas, Romina; Castro Casal, Carmen (Coord.) (2016). Introducción a la dirección de empresas. Pearson.
Díez De Castro, J; Redondo López, C.; Barreiro Fernández, B.; López Cabarcos, M. A. (2002). Administración de empresas. Dirigir en la sociedad del conocimiento. Pirámide.
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary. (2018). Administración (13º edición). Pearson
ROBBINS, S. P.; DECENZO, D. A. (2017). Fundamentos de Administración. Pearson.
Moyano Fuentes, J.; Bruque Cámara, S.; Maqueira Marín, J.; Fidalgo Bautista, F. y Martínez Jurado, P. (2011). Administración de empresas. Un enfoque teórico-práctico. Pearson.
O profesorado poderá detallar, ao comezo de cada tema, outra bibliografía adicional.
Competencias básicas e xerais:
CG1 - Innovar en espazos e eidos do campo do traballo, demostrando iniciativa e espíritu emprendedor.
CG3 - Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no eido da Química Industria e a Investigación Química.
CG4 - Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos.
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
CG6 -Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional.
CG8 - Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sustentable na sociedade.
CB9 - Que os estudantes seipan comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais:
CT1- Elaborar, escribir, e defender públicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
CT3- Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade, e ética profesional.
CT5 - Demostrar unha actitude de respeto cara as opinións, os valores, os comportamentos e as prácticas de outros.
Competencias específicas:
CE6 - Diseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos peligrosos.
CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
Nas sesións expositivas se explicarán os contidos fundamentais dos temas que conforman o programa, enfatizando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles.
Nas sesións interactivas se trata de que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para o cal realizará estudios de casos, comentará lecturas de textos e artigos, e debatirá cuestións propostas polo profesorado. Coas lecturas se pretende que o alumnado acceda a fontes de información relevantes, en especial a revistas de interese, que se familiaricen con autores destacados, conozan experiencias empresariais de interese para a asignatura e desenvolvan a capacidade de análise, sintese e de argumentación.
Adicionalmente, deberán elaborar un traballo en grupo e expoñelo oralmente en clase. Con todo elo preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver as habilidades analíticas, de argumentación e comunicación.
Durante o curso, utilizarase a aula virtual para tarefas de comunicación, docencia e avaliación.
As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo adicado ao estudo, a lectura do material proporcionado polo profesorado, a procura de información e a elaboración de traballos individuais ou colaborativos.
Nas titorías, o profesorado orientará ao alumnado sobre os casos prácticos, lecturas, traballos e exposicións; tamén servirá para solventar dúbidas e solucionar problemas aos que se enfrenta o alumnado no proceso de aprendizaxe e como canle de retroalimentación sobre os resultados do mesmo. As titorías serán presenciais e virtuais (asíncronas a través do campus virtual e o correo electrónico).
A avaliación continua terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa, presentación e exposición de traballos, etc.). A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante un exame.
O sistema de avaliación queda como sigue:
a. Avaliación continua: 45%. Inclúe: (1) Resolución de problemas e casos prácticos (15%). Competencias avaliadas: CG1;CG3;CG4; CG8; CT3. (2) Realización de traballos e informes escritos (10%). Competencias avaliadas: CG1; CG4; CG5; CG6; CG8; CB10; CT1; CT2; CT3; CT4; CE9. (3) Exposición oral (traballos, informes, problemas e casos prácticos) (10%). Competencias evaluadas: CG1; CG4; CG5; CB9; CT1; CT2; CT5; CE9. (4) Avaliación continua do alumnado mediante preguntas e cuestións orais durante o curso (10%). Competencias avaliadas: CG1; CG4; CB10; CT4; CT5.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
b. Exame final obrigatorio presencial: 55% da calificación. Competencias avaliadas: CG4; CG5; CG6; CG8; CB10; CE6.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira oportunidade como na de recuperación. O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación que o alumnado ordinario.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico (presencial ou telemático en función do escenario) que suporá o 100% da nota.
Trátase dunha materia de 3 créditos ECTS.
-Clases: 12 horas (expositivas), 7horas (interactivas)
-Titorías programadas: 2 horas.
-Preparación de probas e traballos dirixidos: 18 horas.
-Estudo personal do alumno: 36 horas.
Para maximizar a aprendizaxe, é conveniente que os estudantes realicen todas as actividades propostas polo profesorado, asistan regularmente ás sesións expositivas e interactivas e empreguen as titorías.
Romina García Chas
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811712
- Correo electrónico
- romina.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
10.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |