Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 48 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 15 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica, Química Orgánica
Áreas: Química Inorgánica, Química Orgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao acabar o curso, o alumnado:
- Será capaz de propoñer a estrutura molecular de compostos orgánicos como inorgánicos mediante o uso de técnicas espectroscópicas (fundamentalmente as espectroscopias de infravermello, de UV- visible e de resonancia magnética nuclear) e a espectrometría de masas.
- Coñecerá as bases teóricas e prácticas das técnicas difractométricas, fundamentalmente de monocristal, e será capaz de usalas para a determinación estrutural de moléculas pequenas.
- Será capaz de establecer a estrutura absoluta e/ou a configuración absoluta usando técnicas espectroscópicas (dicroísmo circular) e/ou difractométricas.
1. A espectrometría de masas.
Métodos de ionización: ESI, APCI e MALDI. Grupos isotópicos e fórmulas Moleculares. Espectrometría de masas de alta resolución. Fragmentacións en espectrometría de masas.
2. Experimentos de RMN monodimensionais.
Experimentos de irradiación selectiva, 1D-NOE e 1D-TOCSY. Experimentos heteronucleares editados: INEPT e DEPT. Aplicacións na resolución de problemas estereoquímicos. Experimentos con outros núcleos: RMN de nitróxeno-15 e flúor-19.
3. Experimentos de RMN bidimensionais.
Experimentos homonucleares: COSY, NOESY, ROESY e 2D-TOCSY. Experimentos heteronucleares: HMQC, HSQC, HSQC editado e HMBC.
4. Difracción de raios X de monocristal.
Bases teóricas do método. Métodos de resolución e refinamento dos modelos estruturais: exemplos prácticos. Criterios de calidade do modelo. Uso de ferramentas informáticas para representación das estruturas e cálculo.
BÁSICA (manuales de referencia).
Field, L. D., Sternhell, S. y Kalman, J. R.: “Organic Structures from Spectra”, 5ª edición, Wiley, 2013.
Hesse, M.; Meier, H. y Zeeh, B. “Métodos espectroscópicos en Química Orgánica”, 2a edición. Editorial Síntesis, 2005.
Clegg, William. Crystal Structure Determination (Oxford Chemistry Primers). Oxford University Press, 1998.
Lifshin, Eric. X-ray Characterization of Materials. Wiley-VCH, 1999.
-
COMPLEMENTARIA.
Smart, Lesley and Moore, Elaine A. Solid state chemistry: an introduction CRC Press, (4 ed.). 2012.
Crews, Phil, Rodríguez, Jaime, Jaspars, Marcel. Organic Structure Analysis. 2nd Ed. Oxford University Press; New York, 2010.
Silvestein R. M.; Webster, F. X., Kiemle, D. J. Spectrometric Identification of Organic Compounds, 7th Ed. Wiley. 2005.
Donald E. Sands, Introducción a la cristalografia. Ed. Reverté, 1988.
Günther, H. NMR Spectroscopy, Basic principles, concepts, and applications in Chemistry: 2nd Ed. John Wiley, 1995.
Gross, J. H. Mass Spectrometry, Springer, 2004.
Glusker, Jenny P. and Trueblood, Kenneth N. Crystal Structure Analysis, a Primer. Oxford University Press, (2 ed.), 1985.
Williams, David B. Transmission electron microscopy. Plenum Press, 1996
Competencias básicas e xerais.
CG2 - Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar dita información para expor e contextualizar un tema de investigación.
CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas da actividade profesional.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias transversais.
CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
CT2 - Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
CT4 - Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
Competencias específicas.
CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados das diferentes áreas da Química
CE2 - Propoñer alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas
CE4 - Innovar nos métodos de sínteses e análises químico relacionados coas diferentes áreas da Química
CE7 - Operar con instrumentación avanzada para a análise química e a determinación estrutural
CE8 - Analizar e utilizar os datos obtidos de maneira autónoma nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias.
CE9 - Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
MD1. Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de lousa, computador, canón), complementadas coas ferramentas propias da docencia virtual.
MD3. Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais convidados da empresa, a administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos.
MD4. Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestiones tipo test, interpretación e procesamento da información, avaliación de publicacións científicas, etc.).
MD5. Titorías individuais ou en grupo reducido.
MD8. Utilización de programas informáticos especializados e internet. Soporte docente on-line (Campus Virtual).
MD10. Estudo persoal baseado nas diferentes fontes de información.
MD11. Realización das diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñecementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
1. Clases expositivas. O profesor explicará o contido da materia, incluíndo pautas para o uso da bibliografía e para a resolución de problemas.
2. Clases interactivas (seminarios e titorías en grupo). Os exercicios e cuestionarios resolveranse, principalmente a través da participación activa dos alumnos.
A avaliación continua basearase na participación nestas actividades. Normalmente, as declaracións dos problemas estarán dispoñibles para os alumnos na aula virtual con bastante antelación. Os estudantes deben tratar de resolvelos de forma autónoma, entregando a súa solución ao profesorado antes das clases do seminario nas que se resolverán. Nestas clases, os alumnos presentarán as súas solucións, que serán analizadas conxuntamente, sendo o profesor o encargado de resolver as dúbidas e dificultades que xurdan. En ocasións, os seminarios tamén propoñerán exercicios breves para resolver in situ, que servirán para centrar os temas tratados e que se terán en conta na avaliación.
3. Clases prácticas. Prácticas informáticas con programas de procesamento e análise de datos.
4. Titorías individuais. Levaranse a cabo de xeito presencial ou telemático.
5. Campus virtual (Moodle). Manterase activa unha aula virtual na que o profesor proporcionará aos alumnos a información necesaria (ficheiros PowerPoint, resumos de temas, boletíns de problemas e cuestionarios en liña, noticias, anuncios, etc.). Tamén se utilizará para intercambiar ficheiros entre profesores e alumnos, así como para realizar probas de avaliación continua e/ou final.
6. Microsoft Teams. A plataforma MS Teams utilizarase para clases telemáticas e, en xeral, para comunicacións de voz e vídeo entre estudantes e profesores. Tamén se poderá usar para probas.
A cualificación final do alumnado será a suma de dous elementos: (a) un grupo de actividades de avaliación que supón un 45% (problemas, exposición de casos prácticos, participación, preguntas e cuestións en clases), e (b) un exame final.
O exame final terá un peso do 55% e versará sobre a totalidade dos contidos da materia.
Será necesario alcanzar unha cualificación mínima do 40% en cada unha dos dous bloques (a) e (b) de avaliación. A materia superarase cunha nota final mínima de 5.
No caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o estudante será novamente avaliado do exame final na segunda oportunidade, manténdolle a nota da avaliación continua.
Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.
En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Clases presenciais teóricas: 10 h
Traballo experimental no laboratorio: 5 h
Seminarios: 10 h
Titorías programadas: 2 h
Estudo persoal do alumno: aproximadamente 2 h por cada hora presencial = 48 h
Dedicación total á materia: 3 ECTS * 25 h/ECTS = 75 h
O traballo continuo do alumnado é fundamental para superar con éxito a materia, especialmente resolvendo os exercicios que se lles irán propoñendo ao longo do curso .
Nas clases de seminario traballarase sobre todo a resolución de problemas. Os problemas e o calendario de clases en que se resolverán estarán a disposición do alumnado na aula virtual da materia. Os alumnos deberán tentar resolvelos de forma autónoma, entregando a solución na aula virtual con antelación ás clases. Tamén se propoñerán nos seminarios exercicios breves para resolver no momento, que servirán para focalizar os temas discutidos e que se terán en conta na avaliación.
Na avaliación continua terase en conta a calidade das respostas entregadas e a participación nas discusións suscitadas nas clases de seminario.
Aconséllase que o alumnado utilice a bibliografía recomendada. O profesorado aconsellaralles as seccións de cada libro que sexan máis adecuadas para cada tema. En caso de atopar dificultades, os alumnos poderán expor as súas dúbidas tanto nas clases como nas titorías.
Gabriel Tojo Suarez
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814244
- Correo electrónico
- gabriel.tojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Sousa Pedrares
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Victor Manuel Sanchez Pedregal
- Departamento
- Química Orgánica
- Área
- Química Orgánica
- Teléfono
- 881814221
- Correo electrónico
- victor.pedregal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Martes | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Mércores | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Xoves | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
14.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |