Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Física
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O estudio e coñecemento da materia “Réxime xurídico das enerxías renovables”, dada a amplitude da materia e a ausencia de coñecementos xurídicos dos estudiantes, pretende achegar un coñecemento do manexo da normativa existente e dos axentes xurídicos que facilite o futuro traballo profesional dos alumnos. Neste sentido, a materia quere que os estudantes comprendan a existencia dun ordenamento xurídico-ambiental complexo con diferentes fontes de producción normativa (internacional, comunitaria, estatal, autonómica e local) e a súa ordenación competencial ou xerárquica. Tamén a presenza dunha pluralidade de Administracións na protección ambiental. Os estudiantes deberán achegarse ao coñecemento das diversas técnicas de protección ambiental que usan os poderes públicos para protexer o ambiente na normativa sectorial (técnicas preventivas, instrumentos económicos, responsabilidade ambiental, instrumentos voluntarios) aplicadas ao sector das enerxías renovables. En especial trátase de acerca os estudantes o fenômeno da fiscalidade com fines ambientais.
Os contidos que se desenvolven no curso relacionados son os contemplados de forma sucinta nol descriptor da materia no plano de estudos dol Master.
O programa da materia está dividido en dous bloques básicos. Un primeiro bloque no que se estuda a parte xeral da materia (fontes normativas, suxeitos, técnicas de protección) e un segundo bloque no que se abordan os aspectos tributarios das enerxías renovabeis.
Tema 1. Al orixe e fontes de Dereito das enerxías renovabeis: A protección internacional. O Dereito comunitario. A protección interna (Constitución el Estatuto de Autonomía). Distribución de competencias. Os fundamentos da regulación das enerxías renovables.
Tema 2. Os instrumentos de tutela ambiental. A) A planificación das enerxías renovabeis B) O réxime de intervención administrativa para a implantación de enerxías renovables: As autorizacións. A avaliación de impacto ambiental e a avaliación estratéxica de plans e programas. C) Instrumentos de estímulo das enerxías renovabeis e a eficiencia enerxética. D) As medidas de disciplina
Tema 3. Instrumentos financieiros de políticas ambientais. Fiscalidade ambiental. Tributos ambientais. Impostos. Finalidade disuasoria e finalidade reparadora. Impostos ambientais do Estado e das Comunidades Autónomas. Impostos ambientais da Comunidade Autónoma de Galícia. Especial referencia ao Canon eólico.
González Rios, I., Régimen jurídico-administrativo de las energías renovables y de la eficiencia energética
Lozano Cutanda, B., Derecho Ambiental Administrativo, Dickinson,última ediciión.
Manuela Mora Ruíz, LOS CONDICIONANTES AMBIENTALES DE LAS ENERGÍAS RENOVABLES: EL EJEMPLO DE LA ENERGÍA EÓLICA Y SU REGULACIÓN EN EL DERECHO ESPAÑOL, Actualidad Jurídica Ambiental, 30 de septiembre de 2010
Nesta materia o/a alumno/a adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias do Dereito, se ben adaptadas á formación técnico-científica dos estudiantes. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, se traballarán de xeito máis específico as seguintes:
Xerais
Utilizar Tecnoloxías da Información e Comunicacións na aprendizaxe
Aplicar pensamento crítico, lóxico e creativo.
Traballar de forma autónoma e con iniciativa
Comunicar efícazmente as súas ideas e defendelas
Realizar estudos bibliográficos e sintetizar resultados
Específicas
Recoñecer as leis das diferentes esferas para atinxir a sostibilidade
Coñecer a lexislación ambiental a nivel local, rexional e global
Coñecer os factores sociais que interveñen nas solucións ambientais
Compromiso coa protección do medio ambiente e o desenvolvemento sostible
Asumir con responsabilidade ética o seu papel de técnico nun contexto profesional
Clases maxistrais e estudo da aplicación práctica da materia. Uso da aula virtual.
A AVALIACIÓN Realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-Proba de contidos teóricos. A proba escrita constará de dúas partes analizables separadamente (unha de D. Administrativo e outra de D. Financeiro) sobre os contidos do programa. Constará de preguntas tipo test e preguntas breves.
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 3 puntos. Nelas valorarase:
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas.
• Realización de test ou actividades no campus virtual
• A asistencia ás interactivas é obrigatoria, agás nos casos de exención de docencia.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como a avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (7 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (3 puntos), realizarase a través da resolución dun o varios supostos prácticos que se incluirán como parte do exame (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución). Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
De cara á segunda oportunidade, os alumnos que sen ter exención de docencia non teñan superado a cualificación mínima requirida na parte interactiva poderán recuperar esa parte a través da realización no exame da segunda oportunidade dun ou varios supostos prácticos (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución)
Os estudiantes deben estudar e completar os contidos adiando cando menos unha hora de estudo por cada hora de clase
- Participar activamente nas clases de natureza práctica.
- Estudar con tempo e regularmente.
- Estudar tendo presentes as bases normativas sobre as que se desenvolven os contidos teóricos.
- Seguir as orientacións bibliográficas facilitadas polo profesor.
- Completar o ensino cos recursos da biblioteca.
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Andrea Garrido Juncal
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Teléfono
- 881814696
- Correo electrónico
- andrea.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Martes | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Mércores | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Xoves | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
Venres | |||
19:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula C |
13.01.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
25.06.2025 09:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |