-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Centro
Facultade de BioloxíaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Preténdese que os alumnos que cursen esta materia adquiran unha visión xeral dos diferentes métodos de comunicar ciencia e realizar educación ambiental, especialmente importante nesta era, o Antropoceno, condicionada polo impacto global que as actividades humanas están a ter sobre os ecosistemas terrestres. Os estudantes deberán chegar a alcanzar os seguintes obxectivos xerais:
• Aprender e aplicar as pautas da metodoloxía científica e en concreto do razoamento científico á transmisión de contido científico. Identificar interpretacións pseudocientíficas.
• Coñecer os principais formatos de transmisión de coñecemento científico.
• Capacitarse para transmitir información científica en, polo menos, un formato.
• Ser capaces de sintetizar e expoñer en público e para o público xeral coñecemento derivado da investigación científica.
• Saber aplicar os principios e as ferramentas que se empregan na comunicación científica e a educación ambiental.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa biodiversidade.Temario de teoría
1. A necesidade de fomentar a comunicación da ciencia no Antropoceno. O papel dos científicos na transmisión da ciencia. Relación con outras disciplinas.
2. Conceptos: Difusión, divulgación e transferencia.
3. Métodos de difusión.
4. Transferencia.
5. Divulgación.
6. Formatos de comunicación. Metodoloxías comúns aos diferentes formatos.
7. Elaboración dun plan de comunicación: Xéneros e público obxectivo. Metodoloxía no proceso de creación de comunicación científica. Creación dun guión científico e transformación a un guión narrativo. Difusión en medios dixitais e tradicionais. Cálculo de custos e indicadores. Formatos tradicionais de comunicación da ciencia e novas posibilidades. Metodoloxías comúns aos diferentes formatos.
Temario de outras actividades (prácticas)
1. Elaboración dun plan de comunicación para facer divulgación científica: O alumnado elixirá un tema de interese medioambiental, documentarase, elaborará un guión científico e preparará un plan de comunicación.
2. Exercicios de elaboración de notas de prensa, titulares, traballo de síntese, entrevistas.
3. Elaboración, desenvolvemento e presentación dun traballo relacionado con divulgación científica sobre un tema de actualidade con interese medioambiental: Este traballo será elaborado de forma presencial durante as prácticas, aínda que poderá ser traballado e completado de forma non presencial. Os traballos serán presentados oralmente na aula.Bibliografía básica
Bennett, D.J., & Jennings, R.C. (2011). Successful science communication telling it like it is. Cambridge University Press.
Bucchi, M., & Trench, B. (Eds.). (2021). Routledge handbook of public communication of science and technology. Routledge.
Cheng, D. et al. (eds.) (2008). Communicating science in social contexts: New models, new practices. New York: Springer.
Schiele, B., Claessens, M., & Shi, S. (Eds.). (2012). Science communication in the world: practices, theories and trends. Springer Science & Business Media.
Bibliografía complementaria
Allum, N., Sturgis, P, Tabourazi, D., Brunton-Smith, I. (2008). Science knowledge and attitudes across cultures: A meta-analysis. Public Understanding of Science, 17 (1), 35-54.
Bauer, M. W. (2009). The evolution of public understanding of science discourse and comparative evidence. Science Technology & Society, 14(2), 221-240.
Cámara, M., Muñoz van den Eynde, A., & López Cerezo, J.A. (2018). Attitudes towards science among Spanish citizens: The case of critical engagers. Public Understanding of Science, 27(6), 690-707.
Cortassa, C. (2016). In science communication, why does the idea of a public deficit always return? The eternal recurrence of the public deficit. Public Understanding of Science, 25(4), 447-459.
Dudo, A., & Besley, J. C. (2016). Scientists’ prioritization of communication objectives for public engagement. PloS one, 11(2), e0148867.
Egner, H. (2007). Surprising coincidence or successful scientific communication: How did climate change enter into the current public debate?. Gaia-Ecological Perspectives for Science and Society, 16(4), 250-254.
Fischhoff, B., & Davis, A. L. (2014). Communicating scientific uncertainty. Proceedings of the National Academy of Sciences, 111(Supplement 4), 13664-13671.
Nisbet, M. C., & Scheufele, D.A. (2009). What’s next for science communication? Promising Directions and Lingering Distractions. American Journal of Botany, 96, (10), 1767-1778.
Sanz-Menéndez, L., Van Ryzin, G. G., & Del Pino, E. (2014). Citizens’ support for government spending on science and technology. Science and Public Policy, 41(5), 611-624.
Sturgis, P., & Allum, N. (2004). Science in society: re-evaluating the deficit model of public attitudes. Public understanding of science, 13(1), 55-74.
Trench, B. (2012). Vital and vulnerable: Science communication as a university subject. Science communication in the world: Practices, theories and trends, 241-257.BASICAS e XERAIS
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre.
CG02 - Uso da terminoloxía adecuada para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT5 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE13 - Capacidade para comunicar información relativa á biodiversidade terrestre.Lección-explicación oral: procedemento docente polo cal o profesor presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Clase práctica: desenvolta en campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a descrición in situ do proceso de comunicación científica e educación ambiental, a realización dun exercicio de comunicación mediante algún dos formatos explicados e a aprendizaxe e aplicación de software e hardware adecuado, co apoio e supervisión do profesorado.A avaliación realizarase en base ao traballo práctico realizado polo alumnado que será entregado en formato de informe.
1. No caso da práctica “Elaboración dun plan de comunicación para a divulgación científica” a avaliación do traballo práctico significase o 40% da nota final e realizarase en base á presentación dun informe que conteña a descrición do público obxectivo, o guión do vídeo, o plan de difusión e, se finalmente hai medios dispoñibles para realizalo, o vídeo ou material elaborado. A exposición oral do plan de comunicación suporá o 30% da nota final.
2. A práctica relacionada con “Exercicios de elaboración de notas de prensa, titulares, traballo de síntese, entrevistas” significará o 30% da nota final. Nesta porcentaxe da nota valorarase tamén a participación nas actividades prácticas do curso.
PONDERACIÓN MÍNIMA PONDERACIÓN MÁXIMA
Avaliación do informe escrito do plan de comunicación 0 40
Avaliación exposición oral do plan de comunicación 0 20
Avaliación exercicios prácticos 0 30
Participación e implicación 0 10Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas 7 100
Clases interactivas 14 100
Titorías 2 0
Estudio persoal do alumnado 52 0
Total horas de traballo 75
-