-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 12
Clase Interactiva: 9
Total: 24Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencias da ComunicaciónÁreas:
Comunicación Audiovisual e PublicidadeCentro
Facultade de Ciencias da ComunicaciónConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
1. Estudo de conceptos para a análise e a aplicación práctica das economías da información e a comunicación
2. Estudo e aplicación de modelos de negocio, financiamento e redes de valor da comunicación
3. Análise da tipoloxía empresarial e plans de modelo de negocio de empresa: modelos de negocio das empresas de Internet e para empresas emerxentes no campo da comunicaciónCONTIDOS TEÓRICOS
Tema 1. Introdución á economía dos medios de comunicación e impacto da dixitalización
- Nocións básicas na economía dos medios
- Impacto da dixitalización na economía dos medios
- Economía da atención, da nube e dos datos
Tema 2. Aproximación á empresa de comunicación: grupos de comunicación, importancia do contexto e orientación estratéxica
- Grupos de comunicación e procesos de concentración
- Orientación estratéxica e vantaxe competitiva
- Estratexias para competir no mercado da comunicación
Tema 3. Principais modelos de negocio no campo da comunicación e o xornalismo
- A cadea de valor e o modelo de negocio
- Modelos B2B e modelos B2C
- A publicidade como fonte de financiación
- Reader revenue
- Outras vías de financiamento de proxectos xornalísticos
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nas sesións interactivas traballarase arredor das dúas prácticas que se realizarán na materia (unha individual e outra en grupo). A práctica individual consistirá en analizar o modelo de negocio dun medio de comunicación que elixirá cada alumno/a. Nas sesións interactivas veremos como realizar esa análise a partir de exemplos e casos de éxito.
A práctica en grupo consistirá no desenvolvemento do modelo de negocio para un proxecto empresarial innovador e viable.Bibliografía básica
Cerezo, Pepe (2018): Los medios líquidos. La transformación de los modelos de negocio. Barcelona: Editorial UOC.
Sánchez González, María (2018). Gestión estratégica, innovación y prospectiva en comunicación: bases, técnicas y casos prácticos. Editorial UOC.
Yuste, Bárbara & Cabrera, Marga (2014). Emprender en periodismo. Nuevas oportunidades para el profesional de la información. Editorial UOC.
Somalo Pecina, Ignacio (2020): Modelos de negocio digitales. Cómo y por qué las startups baten a las empresas tradicionales. Vizcaya: Ediciones Deusto.
Bibliografía complementaria
European Audiovisual Observatory. (2022): Yearbook. Television, cinema, video and on-demand audiovisual services - the pan European picture. European Audiovisual Observatory.
Galán Gamero, Javier & Aguado, Guadalupe (2014). Periodismo emprendedor. Planificación y desarrollo de empresas informativas. MacGraw-Hill.
García Santamaría, José Vicente (2016). Los grupos multimedia españoles: análisis y estrategias. Editorial UOC.
Küng, Lucy (2016). Strategic management in the media: Theory to practice. SAGE.
Osterwalder, Alexander & Pigneur, Yves (2011). Generación de modelos de negocio. Deusto.
Lowe, Gregory Ferrell & Brown, Charles (2016). Managing Media Firms and Industries. What's so special about media management? Springer.
Srnicek, Nick (2018). Capitalismo de plataformas. Buenos Aires: Caja Negra Editora.
Van Dijck, José, Poell, Thomas & De Waal, Martijn (2018). The Platform Society. Public Values in a Connective World. Oxford University Press.
Wirtz, Bernd W. (2020). Media Management. Strategy, Business Models and Case Studies. Springer.CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e á comunicación
HAB.4- Utilizar técnicas de investigación aplicadas á comunicación e ao xornalismo multimedia
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes
COM.3 - Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no eido da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.A metodoloxía de ensinanza combina clases maxistrais, nas que se impartirán os contidos teóricos, con clases interactivas, nas que se realizarán estudos de caso sobre modelos de negocio de éxito e se traballará en base a proxectos no desenvolvemento de modelos de negocio para iniciativas emprendendoras traballando en grupos.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimiento constante dos coñecementos e das competencias que vai adquirindo o estudantado. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes recollidos na memoria do título son:
a. Actividade de avaliación continua: 50%
- Traballo final en grupo (desenvolvemento do modelo de negocio dunha iniciativa mediática propia): 40%
- Participación activa e positiva nas clases: 10%
b. Exercicio práctico: traballo individual (análise do modelo de negocio dunha empresa mediática): 50%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.Docencia teórica: 12 horas
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 9 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 48 horasRecoméndase estar ao día sobre os movementos nos mercados da comunicación, organizar ben a realización das prácticas, ter unha boa comprensión do inglés para afondar na bibliografía e manter un contacto directo co profesorado.
-
Marta Rodriguez Castro
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816551
- Correo electrónico
- m.rodriguez.castro@usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 04 ao 10 de novembro Luns 16:00-20:15 Expositivo 1 Galego Aula 6 16:00-20:15 Laboratorio 1 Galego Aula de Informatica 3 Martes 16:00-20:15 Expositivo 1 Galego Aula 6 16:00-20:15 Laboratorio 1 Galego Aula de Informatica 3 Mércores 16:00-20:15 Expositivo 1 Galego Aula 6 16:00-20:15 Laboratorio 1 Galego Aula de Informatica 3 Xoves 16:00-20:15 Expositivo 1 Galego Aula 6 16:00-20:15 Laboratorio 1 Galego Aula de Informatica 3 Venres 16:00-20:15 Expositivo 1 Galego Aula 6 16:00-20:15 Laboratorio 1 Galego Aula de Informatica 3 Exames 14.01.2025 16:00-20:00 Expositivo 1 Aula 0 16.06.2025 16:00-20:00 Expositivo 1 Aula 0