Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3.5 Clase Interactiva: 1.5 Total: 5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Realización de prácticas nunha empresa do sector xornalístico ou comunicativo.
O alumno realizará prácticas en empresas do sector.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Non se require.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Non se require.
CON.2 - Coñecer os principios e as técnicas de análise e de elaboración de produtos xornalísticos multimedia.
CON.3 - Identificar estratexias e modelos de innovación aplicados ao xornalismo e a comunicación.
HAB.1 - Utilizar técnicas e ferramentas específicas para o traballo en xornalismo e comunicación multimedia.
HAB.2 - Aplicar estratexias para a xestión de proxectos xornalísticos multimedia.
HAB.3 - Aplicar as innovacións tecnolóxicas no xornalismo multimedia.
HAB.5 - Analizar produtos, estratexias e proxectos xornalísticos do ecosistema comunicativo dixital.
COM.1 - Seleccionar, xerarquizar e aplicar os coñecementos sobre xornalismo multimedia e as súas innovacións no ámbito profesional para elaborar argumentos sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
COM.2 - Deseñar e implementar estratexias creativas no xornalismo e a comunicación multimedia.
COM.3 - Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes.
COM.4 - Xestionar e liderar proxectos colaborativos con iniciativa e carácter emprendedor no ámbito profesional do xornalismo e a comunicación multimedia.
COM.5 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Prácticas académicas externas: actividade formativa que se realiza na empresa con supervisión da Universidade.
O alumnado, que conta con titorización académica (docente titor/a) e titorización profesional (titor designado pola entidade colaboradora), desenvolve un plan formativo acordado entre a empresa, o/a estudante e o Centro.
A memoria é o instrumento de avaliación das prácticas. O sistema de avaliación consiste na valoración do traballo desenvolvido de acordo co proxecto formativo a través da memoria final do/a estudante (50%) e do informe do/a titor/a externo/a da entidade colaboradora (50%).
Para a avaliación, o/a titor/a académico/a, á vista do formulario da entidade colaboradora e da memoria final do/a estudante, ten en conta as prácticas desenvolvidas cubrindo o correspondente informe de valoración, para que o/a coordinador/a das prácticas cubra e asine a acta
Traballo persoal do alumnado: 286 horas
Docencia interactiva laboratorio/aula informática: 4 horas
Titorización en grupo reducido: 10 horas
Recoméndase para un mellor seguimento das prácticas externas consultar a normativa e a convocatoria que publica a Facultade de Ciencias da Comunicación en cada curso académico. Espazo web de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-comunicacion/practicas