Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 3 Clase Interactiva: 18 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Deseño e execución de contidos informativos.
2. Deseño e redacción informativa para diferentes soportes: visibilización e presentación do contido informativo.
3. Aplicación de normas de estilo, redacción e elaboración de contidos informativos.
4. Aplicación das técnicas de produción, documentación e instrumentos de fusión de texto, imaxe e son.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Incorporación ás rutinas de produción dos contidos informativos.
Manexo de espazos e tempos
1.1 Significado, orixe e retos da Narrativa Transmedia
1.2 Principios, características e tipos de Transmedia
1.3 Diferenzas entre transmedia, crossmedia e multimedia
1.4 A Web 2.0 y as converxencias empresarial e profesional
TEMA 2. Deseño e redacción informativa para diferentes soportes.
Normas de estilo, redacción e elaboración de contidos transmedia
2.1 Significado e orixe do Xornalismo Transmedia
2.2 Características do novo perfil profesional
2.3 Principios transmedia no xornalismo
2.4 Xéneros do Xornalismo Transmedia
TEMA 3. Produción, documentación e instrumentos de fusión de texto, imaxe e son.
Visibilización e presentación do contido informativo, segundo soporte de difusión
3.1 Como contamos a nosa historia?
3.2 A quen diriximos a nosa historia?
3.3 Como publicamos a nosa historia?
3.4 Exemplos xornalísticos significativos
3.5 Ferramentas do xornalista dixital
CONTIDOS PRÁCTICOS
1.- Elaboración da memoria dun proxecto transmedia en base aos seguintes parámetros: premisas e propósitos, audiencias, plataformas mediáticas e linguaxes, fontes e personaxes, extensións e desenvolvemento, Engagement/compromiso.
2.- Elaboración dunha reportaxe transmedia en soporte dixital, en coherencia coa planificación deseñada no primeiro exercicio.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cabrera, Mª. A. (2013). Evolución de los Cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Madrid: Fragua.
Cebrián Herreros, M. & Flores Vivar, J. (2011). Periodismo en la telefonía móvil. Madrid: Fragua.
Irigaray, F. (2015). Reflexiones móviles: el periodismo en la era de lamovilidad. -1a ed.- Rosario: UNR Editora. Editorial de la Universidad Nacional de Rosario, 2015.
Jaraba, J. (2014). Periodismo en Internet. Cómo escribir y publicar contenidos de calidad en la red. Barcelona: Robin Book
Porto, D. & Flores, J. (2012). Periodismo transmedia: reflexiones y técnicas para el ciberperiodista los laboratorios de medios interactivos. Madrid: Fragua
Porto, D. & Flores, J. (2012). Periodismo transmedia. Madrid: Fragua.
Scolari, C. (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Bilbao: Deusto
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Agirreazkuenaga, I. & Larrondo, A. (Org.). Active Audiences and Journalism. Analysis of the Quality and Regulation of the User Generated Contents. Bilbao: Servicio Editorial Universidad del País Pasco.
Barbosa, S. (2014). Jornalismo e mídias móveis no contexto da convergência. Porto: EDIPUCRS.
Barbosa, S. & Mielniczuk, L. (2013). Jornalismo e Tecnologias Móveis. Covilhã: Labcom.
Bernal, A. (2015). Herramientas digitales para periodistas. Barcelona: UOC.
Bull, A. (2015). Multimedia journalism. Londres: Routledge.
Barbosa, S.; Silva, F. & Nogueira, l. (2014). Análise da convergência de conteúdos em produtos jornalísticos com presença multiplataforma. En Pellanda, E. C.
Canavilhas, J. (2013). Notícias e Mobilidade. O jornalismo na era dos dispositivos móveis. Covilhã: Livros LabCOM.
Canavilhas, J. ; Fuente, M. L. ; Palomo, B. ; Palau, D. ; Llorca, G. & Sanchez, M. (2015). Interactivity and Neojournalism: a Professional Perspective. En: Meso, K.
Canavilhas, J. & Satuf, I. (2015). Jornalismo para Dispositivos Móveis: Produção, Distribuição e Consumo. Covilhã: Labcom.
Gitner, S. (2015). Multimedia storytelling for digital communicators in a multiplatform world. Londres: Routledge.
Kung, L. (2015). Innovatiors in digital news. Oxford: I.B. Tauris & Coltd.
Rivas, R. (2016). La fotografía móvil. Anaya Multimedia.
Verhoff, N. (2012). Mobile screens. The visual regime of navigation. Ámsterdam: University Press.
CON.2 - Coñecer os principios e as técnicas de análise e de elaboración de produtos xornalísticos multimedia.
HAB.1 - Utilizar técnicas e ferramentas específicas para o traballo en xornalismo e comunicación multimedia.
HAB.3 - Aplicar as innovacións tecnolóxicas no xornalismo multimedia.
COM.2 - Deseñar e implementar estratexias creativas no xornalismo e a comunicación multimedia.
COM.3 - Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes.
COM.4 - Xestionar e liderar proxectos colaborativos con iniciativa e carácter emprendedor no ámbito profesional do xornalismo e da comunicación multimedia.
- Seminario: sesión interactiva e grupal enfocada na resolución de exercicios.
- Debate: discusión organizada sobre diferentes temas
- Prácticas de campo: visitas a empresas no contexto da materia
- Traballo tutelado: titorización de actividades
Tratarase dunha avaliación de carácter sumativo cos seguintes ítems:
a. Grao de coñecementos teóricos básicos sobre os temas do curso
b. Coñecementos sobre os modelos de noticias narrativas transmedia e multiplataforma
c. Capacidade de análise crítica dos estudos de caso e do propio traballo realizado
d. Capacidade de elaboración de microrrelatos informativos para dispositivos móbiles
Os instrumentos de avaliación serán:
a. Actividades de avaliación continua: 25%
b. Prácticas experimentais: 75%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non presentado”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
- Docencia teórica: 3 horas
- Docencia interactiva laboratorio: 18 horas
- Titorización en grupo reducido: 3 horas
- Probas de avaliación: 3 horas
- Traballo persoal do alumno: 48 horas
O sistema de avaliación continua implicará traballo continuo por parte do alumno ao longo de toda a materia, así como a súa asistencia e participación dos debates orixinados na aula.
Para a elaboración dos traballos prácticos tamén é imprescindible a asistencia e o seguimento dos produtos xornalísticos transmedia que poidan inspirar ao estudante na elaboración do traballo final. Para poder ser quen de competir nun contexto que evoluciona a un ritmo veloz é necesario que o alumno se familiarice xa non só con conceptos, senón coas novas aplicacións que se lle presentan no seu quefacer profesional. Para iso, aconséllase que o estudante sexa crítico, participativo e activo.
Para estimular estas capacidades, o alumno debe seguir os principais recursos web que o profesor poña á súa disposición e estar ao tanto dos últimos informes relacionados co mercado das aplicacións móbiles, entre outros. O interese por proxectos innovadores e a lectura van ser os elementos que permitan mellorar a creatividade dos estudantes para a realización dos proxectos prácticos finais.
Alejandro Lopez Carballeira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alejandro Lopez Carballeira
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |
04.07.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 0 |