Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 24 Total: 52
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Estudo e análise das linguaxes radiofónica e televisiva e das formas de expresión de ambos medios.
2. Estudo e análise da linguaxe verbal, musical, efectos sonoros, ruido, silencio, planos, montaxe e linguaxe visual.
3. Fundamentos sobre sistemas e procesos de construcción e análise dos relatos audiovisuais.
Capacitar ao alumnado na construción de produtos informativos e de ficción, e na análise da linguaxe audiovisual, atendendo ás características e á relación dos elementos propios da imaxe e do son, ás súas posibilidades combinatorias, expresivas e comunicativas e á correcta codificación e descodificación das estruturas narrativas externas e internas. Análise do discurso audiovisual como un texto que se constrúe a partir de diferentes fases de produción: planificación, gravación e edición, preferentemente como produto dunha perspectiva xornalística. Coñecemento e análise diferenciada da linguaxe radiofónica e da linguaxe televisiva e das formas de expresión monologales e dialogales propias de ambos os soportes, tanto na súa dimensión informativa como no que se refire aos relatos de ficción.
Estudo e análise das linguaxes radiofónica e televisiva e das formas de expresión características de ambos os medios. Estudo e análise das linguaxes verbal, musical, efectos sonoros, ruído, silencio, planos montaxe e linguaxe visual. Fundamentos sobre os sistemas e procesos de construción e análise dos relatos audiovisuais. Trátase de atoparlle sentido ao discurso audiovisual como texto desenvolvido nas diferentes fases de produción (plan, gravación e edición) e, preferentemente, como produto dunha perspectiva xornalística. Tamén se busca o coñecemento e a análise diferenciada da linguaxe radiofónica e televisiva, e das formas de expresión monologales e dialogales propias de ambos os soportes, tanto na súa dimensión informativa como no que se refire aos relatos de ficción.
Aquí procúrase entender o universo da linguaxe audiovisual como un todo sistemático de partes relacionadas entre si, conecer os fundamentos teórico-prácticos do proceso de construción do discurso radiofónico e televisivo, a importancia primordial das estruturas e a súa codificación específica. Preténdese, así mesmo, comprender as claves das diferentes linguaxes, atendendo ás posibilidades connotativas e denotativas dos elementos que integran o discurso audiovisual na súa dobre dimensión informativa e de ficción.
Corresponde a Linguaxe audiovisual proporcionar aos alumnos os coñecementos necesarios que lles permitan formar criterios para establecer conexións entre os diferentes elementos propios do discurso audiovisual, para explotar adecuadamente todas as posibilidades expresivas e comunicativas da imaxe e do son, tendo en conta os múltiples recursos creativos e as esixencias específicas do relato.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
TEMA I
Características da linguaxe radiofónica
1.1 Definición de linguaxe radiofónica
1.2 Elementos que forman a linguaxe radiofónica: linguaxe verbal, linguaxe musical, efectos sonoros, ruido e silencio
1.3 Factores que determinan a expresividade radiofónica
1.4 Función semántica e función estética da linguaxe radiofónica
TEMA II
A linguaxe verbal
2.1 Características da linguaxe verbal
2.2 Funcións da linguaxe verbal na radio
2.3 Formas expresivas da linguaxe verbal
2.4 O monólogo e o diálogo
2.5 A polisemia da linguaxe verbal
2.6 A entonación dramática
2.7 Figuras retóricas da linguaxe verbal
TEMA III
A linguaxe musical
3.1 Características da linguaxe musical
3.2 Funcións da linguaxe musical na radio
3.3 Diferentes figuras e expresións musicais
TEMA IV
Os efectos sonoros
4.1 Características dos efectos sonoros
4.2 Funcións dos efectos sonoros na radio
4.3 Producción de efectos sonoros a partir de fontes naturais e artificiais
4.4 Os efectos sonoros nos programas dramáticos
TEMA V
O ruido
5.1 Funcións do ruido na radio
5.2 O ruido como problema técnico
5.3 O ruido como efecto sonoro
5.4 O ruido como documentación contextualizadota ou identificativa
TEMA VI
O silencio
6.1 Funcións do silencio na radio
6.2 O silencio como elemento separador de ideas
6.3 A importancia do silencio para ordena-lo pensamento: o silencio nas conversas, nas reflexións (monólogos) e nas improvisacións
6.4 O valor expresivo do silencio
6.5 Tipos de silencios
6.6 Particularidades dos silencios totais e parciais
TEMA VII
O ritmo
7.1 Elementos que interveñen na construcción do ritmo radiofónico
7.2 O ritmo interno dun programa ou dunha sección
7.3 O ritmo global na estructura dun programa
7.4 A relación movimento-son
TEMA VIII
O espacio e o tempo
8.1 O espacio real e o espacio simbólico
8.2 O tempo real e o tempo simbólico
8.3 O tratamento do espacio e do tempo na radio. Posibilidades narrativas de ambos elementos
TEMA IX
As imaxes auditivas
9.1 As imaxes auditivas como elemento propio da radio
9.2 Funcións das imaxes auditivas
9.3 A construcción e a descodificación de imaxes auditivas: factores que interveñen en ambos procesos
TEMA X
O guión
10.1 Os modelos de guións radiofónicos. Características e funcións
10.2 O guión absoluto
10.3 O guión indicativo. A pauta
10.4 O guión mixto
10.5 O guión técnico e o guión literario
TEMA XI
A montaxe
11.1 Variedades de montaxe na radio. Características de cada unha
11.2 As posibilidades expresivas da montaxe
11.3 Elementos que interveñen na montaxe
11.4 Normas para realizar unha montaxe
11.5 O raccord. Definición
11.6 Funcións do raccord
11.7 Criterios para respeta-lo raccord
11.8 Clases de raccord
TEMA XII
Características da linguaxe televisiva
12.1 Definición de linguaxe televisiva
12.2 Elementos que forman a linguaxe televisiva. Características e posibilidades de cada un
12.3 O discurso televisivo: os códigos específicos da dimensión informativa, artística e comunicativa dun relato. Limitacións, esixencias e posibilidades narrativas de cada variante
12.4 Acotacións da linguaxe televisiva: o real, o xornalístico e o televisivo
TEMA XIII
A imaxe e o son
13.1 Tipoloxía da imaxe na linguaxe televisiva
13.2 O tratamento da imaxe nunha noticia e nun relato de ficción
13.3 A continuidade visual como recurso narrativo
13.4 A ollada: modos de ver. Claves e convencións visuais
13.5 A interpretación do que vemos. Obxectividade, subxectividade e veracidade
13.6 Tipoloxía do son na linguaxe televisiva
13.7 Nexos sonoros e significación narrativa
13.8 Os recursos sonoros. Palabra, música e efectos na edición sonora
13.9 O son como documento periodístico. Tipoloxía e tratamento
13.10 A relación imaxe-son. Técnicas e criterios de enlace
TEMA XIV
Os planos como unidades narrativas
14.1 Tipoloxía dos planos. Características e funcións de cada un
14.2 O senso do plano no relato televisivo: motivación, información, composición, encadre, ángulo, continuidade e eixes.
14.3 O plano-secuencia. Posicionamentos
TEMA XV
A continuidade no relato televisivo
15.1 O tratamento do espacio, do tempo e do movimento en televisión
15.2 As panorámicas, os travelling, os desprazamentos e os movimentos ópticos. Significación e posibilidades
15.3 Criterios para informativos e licencias para ficción nos tratamentos espacio-temporais
15.4 A orde, a frecuencia e a duración como elementos narrativos
15.5 A importancia do ritmo en televisión
15.6 Criterios de disposición dos diferentes elementos para conseguir un ritmo axeitado nun relato audiovisual
TEMA XVI
A edición, a montaxe e a posproducción
16.1 A importancia da edición na construcción do relato televisivo
16.2 A gravación e a edición. Peculiaridades e funcións de cada fase
16.3 Tipos de edición: estilos, etapas e procesos
16.4 A montaxe: variedades
16.5 A montaxe técnica e a montaxe ideológica
16.6 Criterios para manter a continuidade e a coherencia no relato
16.7 O raccord. Tipoloxía e funcións
16.8 A convivencia nun relato de elementos de natureza distinta
16.9 A lectura estética e a análise do editado
16.10 As diferentes técnicas de posproducción. Funcións de cada unha. Posibilidades e esixencias
TEMA XVII
O guión televisivo
17.1 A importancia do guión na construcción dun relato audiovisual. Fases e proceso: idea, guión e posta en escea
17.2 Argumento e relato
17.3 Unidade dramática e unidade xornalística
17.4 O guión para informativos. A escaleta e o minutado
17.5 O guión para un relato de ficción. As diferentes modalidades
A parte práctica de Linguaxe radiofónica constará de catro exercicios de vinte minutos cada un, consistentes na elaboración de programas radiofónicos nos que se traballarán os elementos expresivos e comunicativos propios do soporte radio: linguaxe verbal, linguaxe musical, efectos sonoros, ruido e silencio. Tamén se coidará o diseño dos guións, tanto no relativo ás características técnicas como no referente á calidade narrativa dos contidos.
Práctica 1: traballo sobre as posibilidades comunicativas e expresivas da linguaxe verbal
Práctica 2: traballo conxunto sobre linguaxe verbal e linguaxe musical
Práctica 3: traballo conxunto sobre linguaxe verbal, linguaxe musical e efectos sonoros
Práctica 4: perfeccionamento na utilización conxunta das posibilidades expresivas e comunicativas de tódolos elementos propios da linguaxe radiofónica
Na parte práctica de Linguaxe televisiva os estudantes deberán elaborar un guión de tres minutos para ser producido, realizado, editado e, finalmente, posproducido. Desta maneira cúbrese todo o proceso de producción dunha peza audiovisual e os alumnos comprenderán con claridade cales son os pasos necesarios no complexo proceso de producción, en tódalas fases creativas e técnicas, e tamén se familiarizarán co uso dos diferentes equipos e instrumentos. O guión deberáse elaborar conforme ós contidos teóricos do temario, traballando cós conceptos propios da linguaxe televisiva e aplicándoos na materialización do exercicio.
Práctica 1: escribir un guión
O guión consistirá nunha peza que non supere os 10 planos. Sobre o papel deberán quedar anotadas tódalas indicacións referentes ós seguintes aspectos: moti vación, información, composición, sonido (ambiente e diálogos), ángulos de cámara e continuidade na narración. Esta práctica está pensada para que os estudantes teñan o primeiro contacto co proceso creativo, seguindo un esquema de idea-producción-realización-edición. O modelo de guión será o formato de folio dividido en tres partes verticalmente, no que se engadirán as anotacións correspondentes á parte da imaxe, son, tempos, etc.
Práctica 2: fase de producción
A segunda práctica consiste na producción do guión anterior. Os estudantes porán en correlación tódolos elementos incluidos para a súa posterior realización no plató. Logo prepararán o escenario no estudio, elaborarán os sets, decidirán a iluminación, o son en directo e calquer outro elemento que se considere oportuno para realizar o traballo. O plató está habitualmente equipado con tres cámaras, con iluminación cenital e con tódolos elementos necesarios para facer un exercicio deste tipo, algo que os alumnos xa coñecen gracias ás prácticas da asignatura de Comunicación e información audiovisual de primeiro curso, onde estudian a configuración e a aplicación das tecnoloxías audiovisuais. Agora é o momento de que poñan os diferentes instrumentos técnicos ó servicio das súas propias ideas.
Práctica 3: realización
Agora procede facer a gravación no plató do guión elaborado na primeira práctica e escenificado na segunda. Nesta fase os alumnos porán unha atención especial nos seguintes elementos:
- encadre
- profundidade de campo
- suxetos e obxetos que hai dentro do encuadre
- ángulo de cámara e iluminación
- continuidade no movimento
- continuidade na posición
- continuidade no son
- continuidade nos diálogos
- coherencia narrativa do exercicio
Elementos técnicos necesarios para esta práctica: tres cámaras fixas, control de realización e son de estudio. Adicionalmente, si é necesario, poderáse utilizar unha ou varias camáras ENG con son independente.
Práctica 4: edición e posproducción
O material gravado anteriormente en plató pasará agora ás cabinas de edición para a súa elaboración e posproducción final. Os alumnos poden editar cada traballo nunha sala de edición non lineal Avid, dispoñible e equipada co sotfware profesional necesario, tanto para imaxe como para son. A edición é a parte creativa final do exercicio no que vai quedar reflexada a idea orixinal dos alumnos a través de todo o proceso de producción.
Bibliografía obrigatoria
Linguaxe radiofónica
BALSEBRE, A. (1994): El lenguaje radiofónico. Ed. Cátedra. Signo e imagen. Madrid.
DENIS, M. (1984): Las imágenes mentales. Ed. Siglo Veintiuno. Madrid
Rodero, E. y Soengas, X. (2010): Ficción radiofónica. RTVE. Madrid
RODRIGUEZ BRAVO, A. (1998): La dimensión sonora del lenguaje audiovisual. Ed. Paidós. Barcelona.
Linguaxe televisiva
Fernández Sánchez, M.C. (1987) La influencia del montaje en el lenguaje audiovisual, Ediciones Libertarias-Prodhufisa, Madrid
Thompson, R. (2002) El lenguaje del plano. IORTV. Madrid.
HILLIARD, R.L. (2001): Escribir para radio, televisión y nuevos medios. International Thomson. México.
Bibliografía complementaria Linguaxe Audiovisual
ARIJÓN, D. (1986): Gramática del lenguaje audiovisual. Ed. Baroja. Beasain.
ARNHEIM, R. (1980): Estética radiofónica. Ed. Gustavo Gili. Barcelona
AUSTIN, J.L. (1988): Cómo hacer cosas con las palabras. Ed. Paidós, Studio. Barcelona.
Baggaley, J.P. e Steve W. D. (1982) Análisis del mensaje televisivo, Gustavo Gili, Barcelona
BARTHES, R. (1987): El susurro del lenguaje. Más allá de la palabra y la escritura. Ed. Paidós Comunicación. Barcelona.
BELTRAN MONER, R. (1984): La ambientación musical. IORTV. Madrid.
CANUYT, G. (1985): La voz. Ed. Librería Hachette, Buenos Aires.
DANIELOU, A. (1978): Sémantique musicale. Ed. Hermann. Paris
DELEUZE, G. (1994) La imagen-movimiento, Paidós, Barcelona.
DRAKE, A. (2001): Hablar, hacer, causar: La teoría de los actos del habla de J.L.Austin. UPCD. Madrid.
ELLIOT, M.F. (1980): Saber respirar bien. ED. Mensajero. Bilbao
FERNANDEZ DE LA TORRIENTE, G. (1975): La comunicación oral. Ed. Playor. Madrid.
FERNANDEZ DE LA TORRIENTE, G. (1978): Cómo hablar correctamente en público. Ed. Playor. Madrid
FERNÁNDEZ, F./MARTÍNEZ, J. (1999): Manual básico de lenguaje y narrativa audiovisual. Paidós. Barcelona.
FONAGY, I. (1983): La vive voix. Essais de psycho-phonetique. Ed. Payot. Paris.
FRAISSE, P. (1976): Psicología del ritmo. Ed. Morata. Madrid.
FURET, Y. (1977): Saber hablar en cualquier circunstancia. Ed. Mensajero. Madrid
FUZELLIER, e. (1965): Le langage radiophonique. Edita Institut des Hautes Etudes Cinématografiques IDHEC. Paris
GADDA, C.E. (1973): Norme per la redazione di un testo radiofonico. Ed. ERI. Turín
GARCÍA JIMÉNEZ, J. (1993): Narrativa audiovisual. Cátedra. Madrid.
GIL FERNANDEZ, J. (1988): Los sonidos del lenguaje. Ed. Síntesis. Madrid
GUEVARA, F. (1984): La locución: técnica y práctica. Ed. Oriente. La Habana
MERAYO, A. (1997): Para entender la radio. Estrutura del proceso informativo radiofónico. UPS. Salamanca.
McLEISH, R. (1985): Técnicas de creación y realización en radio. Edita IORTV-España. Madrid
MOLES, A.A. (1976): Teoría de la información y percepción estética. Ed. Júcar. Madrid
MUÑOZ, J.J. y GIL, C. (1986): La radio. Teoría y práctica. Edita IORTV-España. Madrid
OLIVA, Ll./SITJÁ, X. (1992): Las noticias en televisión. IORTV. Madrid.
ORTIZ, M./VOLPINI, F. (1998): Diseño de programas en radio. Paidós. Barcelona.
PRADO, E. (1981): Estructura de la información radiofónica. Ed. A.T.E. Barcelona
SANABRIA MARTÍN, F. (1994): Información audiovisual: teoría y técnica de la información radiofónica y televisva. Bosch. Barcelona.
SOENGAS, X. (2003): El tratamiento informativo del lenguaje audiovisual. Laberinto Comunicación, Madrid.
SOLARINO, C. (2000): Cómo hacer televisión, Cátedra, Madrid
Os contidos desta materia capacitan ao alumno para construír pezas informativas ou de ficción seleccionando directamente imaxes e sons, ou ben adaptando narracións doutra sustancia á linguaxe audiovisual.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
Específicas
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar
extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O tempo de traballo presencial do alumno é de 48 horas; o tempo de estudo e traballo persoal estimado por alumno é de 102 horas.
Jose Soengas Perez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816541
- Correo electrónico
- jose.soengas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
02.07.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |