Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A materia está deseñada para que o alumnado adquira coñecementos e habilidades avanzadas de produción, valoración e extensión do produto respecto aos entornos estratéxicos dixitais e virtuais, como novos campos en transformación. Esta materia resolve coñecementos e aplicacións para a realización dun produto, polo que o plan docente de competencias persegue que o alumnado afonde nas técnicas, sistemas e modelos de produción para a sociedade en rede e para os múltiples dispositivos; no coñecemento dos controis de calidade na fase de produción e a valoración do produto final; nos modelos de produción colaborativos da sociedade en rede; e no estudo de técnicas de extensión do produto na sociedade en rede. Tamén adquirirá competencias para executar un plan de produción, análise do produto e extensión do produto na sociedade en rede.
NOTA IMPORTANTE: Os/as alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
- A análise dos procesos de produción, realización e edición, así como o estudo das tendencias.
- Os sistemas de valoración do produto, procesos de verificación e controis de calidade, con análise de casos.
- A extensión do produto na sociedade en rede: modelos e tendencias.
- Os perfís profesionais que intervén nos diferentes pasos do proceso de realización de produtos comunicativos na sociedade en rede, con atención ás diferenzas entre os modelos individuais e os modelos colaborativos.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1: Evolución dos formatos e produtos para a rede.
Estudo dos formatos e produtos xornalísticos de éxito na sociedade en rede. Exposición da irrupción de miles de actores no marco da comunicación dixital e o nacemento de novas canles. Análise da fragmentación das audiencias.
TEMA 2: Innovación de produtos e formatos xornalísticos para as novas canles.
Afondamento nas novidades tecnolóxicas, como a intelixencia artificial, no ámbito da comunicación e o seu impacto nos produtos e formatos xornalísticos. Estudo da converxencia no ámbito do xornalismo e a comunicación.
TEMA 3: Extensión dos produtos e formatos para a rede.
Investigación da técnica transmedia. Análise de casos do uso das redes sociais na difusión de produtos xornalísticos. Novas técnicas de extensión.
CONTIDOS PRÁCTICOS
Nesta materia realizaranse traballos prácticos de estudo de caso de formatos e produtos para a rede. Elaboraranse produtos innovadores de carácter dixital, co correspondente deseño da fase de produción, a creación do produto e a extensión a plataformas e redes, ademais da avaliación dos resultados.
Obrigatoria:
CRAIG, R. (2005). Online Journalism. Boston: Thomson.
MANOVICH, L (2013). El software toma el mando. Barcelona: UOCpress.
ROITBERG, G; PICCATO, F. (2015): Periodismo disruptivo. Buenos Aires: La Crujía Ediciones.
Complementaria:
ALIAGA, R. S. (2015). Los labs como fórmula de innovación en los medios. El profesional de la información, 24(4), 397-404.
CABRERA, Mª. A. (Coord.) (2013). Evolución de los cibermedios. De la convergencia digital a la distribución multiplataforma. Madrid: Fragua.
KYRIAKIDOU, M.; GARCÍA-BLANCO, I. (2021). “Introduction: Innovations, transformations and the future of journa- lism”. Journalism practice, n. 15, v. 6, pp. 723-727.
OLSSON, T. (2013). Producing the internet. Critical perspective of social media. Nordicom: Gothenburg.
BÁSICAS E XERAIS
CG04 - Coñecer a estrutura de produtos para a rede, a edición de produtos multimedia e a arquitectura e deseño en rede.
TRANSVERSAIS
CT02 - Idear e crear produtos multimedia
ESPECÍFICAS
CEO-08: Planificar, implementar e avaliar produtos para a sociedade en rede, preferentemente de carácter multimedia
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Clases expositivas: 9 horas
Clases interactivas: 12 horas
Titorías en grupo: 3 horas
Actividades de avaliación: 2
Traballo persoal do alumnado 49
Seguimento da actualidade no ámbito da edición xornalística dixital.
Tania Fernandez Lombao
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- tania.fernandez.lombao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
15.05.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
10.07.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |