-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Interactiva: 0.6
Total: 2.6Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencias da ComunicaciónÁreas:
XornalismoCentro
Facultade de Ciencias da ComunicaciónConvocatoria:
Prácticas en Empresas de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable -
Establecer contacto co mundo exterior da formación universitaria para completar a formación especializada e as prácticas de laboratorio que recibe no propio Máster, poñendo en valor as competencias xerais e específicas que se adquiriron ao longo do proceso formativo.
O alumno realizará prácticas en empresas do sector.
Os principais obxectivos desta actividade radican na aprendizaxe de técnicas concretas asimiladas á especialidade elixida polo alumno ou a contidos globais do Máster, así como á adquisición dos coñecementos nas contornas profesionais de traballo. Inclúese, tamén, o coñecemento de rutinas de produción e de creación de contidos, de produtos ou de xestión estratéxica de comunicación organizacional.
O carácter da materia obriga a establecer unhas bases en canto á distribución horaria e á tipoloxía das tarefas a desenvolver nas empresas ou institucións que sempre han de estar relacionadas directamente coa formación e as competencias adquiridas polo alumnado do Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento.Non se require.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CG)
CG02 - Detectar, coñecer, interpretar e aplicar as novas tendencias no xornalismo, en particular, e na comunicación, en xeral
CG03 - Analizar ou executar os procesos de produción, de xestión e de difusión do coñecemento a través de contidos
informativos
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE05 - Aprender e acadar a experiencia necesaria para acceder nun futuro ao mercado laboralO alumnado, que conta con titorización académica (docente titor/a) e titorización profesional (titor designado pola entidade colaboradora), desenvolve un plan formativo acordado entre a empresa, o/a estudante e o Centro.
O sistema de avaliación consiste na valoración do traballo desenvolvido de acordo co proxecto formativo e a través dos seguintes instrumentos:
- Informe final do/a titor/a externo da entidade colaboradora (50%)
- Memoria final do/a estudante (50%)
Avaliación e cualificación: o/a titor/a académico/a, á vista do informe da entidade colaboradora e da memoria final do/a estudante, avaliará as prácticas desenvolvidas cubrindo o correspondente informe de valoración, para que el mesmo ou ben o coordinador das prácticas cubra e asine a acta.As prácticas externas no Máster en Xornalismo e Comunicación Multimedia requiren a superación de 6 créditos ECTS (150 horas). Para iso, o/a alumno/a deberá asumir a un total de 2 horas de titorías, 3 horas de avaliación e as 145 restantes dedicadas ao traballo a desenvolver na empresa.
Recoméndase para un mellor seguimento das prácticas externas consultar a normativa e a convocatoria que publica a Facultade de Ciencias da Comunicación en cada curso académico.
Espazo web de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-comunicacion/practicas
-