Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
O alumnado profundará no estudo e na análise dos novos xéneros e das novas linguaxes xurdidas como consecuencia da evolución do xornalismo. A modernización dos medios permiten novas formas de narrar e, ao mesmo tempo, as demandas do público esixen unha linguaxe adaptada aos novos contextos. Tamén se capacitará ao alumnado no estudo e na análise dos novos criterios xornalísticos establecidos polos medios para afrontar unha realidade informativa sometida a cambios permanentes; e no estudo e na análise das consecuencias da hibridación dos medios de comunicación agora que os diferentes soportes asumiron funcións e características que antes correspondían a un soporte determinado, e este proceso obrigou a modificar moitos criterios informativos. Como resultado da aprendizaxe, deberán demostrar que dominan os recursos e as linguaxes que se requiren para traballar en calquera soporte.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Os contidos do curso xirarán arredor do estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión das narrativas xornalísticas actuais, con atención aos antecedentes, a situación actual e as tendencias. O programa inclúe cuestións relativas á teoría e á técnica das narrativas actuais, así como aos novos xéneros e linguaxes.
En concreto, tratarase sobre:
- Novos xéneros e novas linguaxes informativas.
- Construción informativa na nova narrativa transmedia.
- Axendas informativas e actores protagonistas da información.
- Novos enfoques informativos: criterios de selección e xerarquización da información.
- Novas formas de presentar a información: elementos narrativos de apoio á construción do relato informativo.
CONTIDOS TEÓRICOS
Os contidos teóricos centrais xirarán ao redor dos conceptos básicos das narrativas xornalísticas e das cuestións relativas á teoría e á técnica para a construción dos novos xéneros e linguaxes para os cibermedios. O descriptor da materia inclúe os seguintes aspectos: como se conta unha historia para un cibermedio, as dimensións do relato, orixe e evolución das narrativas nos cibermedios, características dos novos xéneros e linguaxes, tendencias narrativas nos cibermedios actuais, proxectos experimentais para os cibermedios.
TEMA 1. Xéneros e formatos nos cibermedios
1.1. Que entendemos por xénero
1.2. Que entendemos por formato
1.3. A súa aplicación aos cibermedios
TEMA 2. Reportaxe e crónica como xéneros narrativos nos cibermedios
2.1. A reportaxe na historia do xornalismo
2.2. A crónica na historia do xornalismo
2.3. Estrutura e modelos de reportaxe
2.4. Estrutura e modelos de crónica
TEMA 3. Orixe e evolución das narrativas multimedia
3.1. O medio dixital e o ciberxornalismo
3.2. Os elementos que definen as narrativas multimedia
3.3. As grandes etapas das narrativas multimedia
TEMA 4. Novas narrativas no xornalismo de datos
4.1. O big data
4.2. O xornalismo de datos
4.3. Modelos de narrativas con datos
TEMA 5. Narrativas transmedia
5.1. O transmedia
5.2. Evolución e desafíos do transmedia
TEMA 6. Narrativas inmersivas
6.1. A realidade virtual e as narrativas inmersivas
6.2. Evolución e desafíos das narrativas inmersivas
TEMA 7. A experimentación como alternativa nun ecosistema comunicativo en tránsito
7.1. Os laboratorios de experimentación narrativa
7.2. A experimentación como camiño no campo das narrativas
7.3. Xornalismos emerxentes e tendencias
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos centrais xirarán arredor da análise de produtos narrativos, de novos xéneros e linguaxes a fin de identificar as súas características. A partir de lecturas e da análise de produtos, o estudante deberá deseñar un proxecto de narrativa xornalística para un cibermedio que inclúa aspectos dos novos xéneros e novas linguaxes. O alumnado conceptualizará pezas con novas narrativas informativas para tódolos soportes. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de plató. Estes contidos de seminario e prácticos están estreitamente relacionados cos contidos teóricos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Domínguez, E. (2013). Periodismo inmersivo: fundamentos para una forma periodística basada en la interfaz y la acción (Tesis doctoral). Universidad Ramón Llull. http://www.evadominguez.com/p/thesis-on-immersive-journalism.html.
Elías, C. (2015). Big data y periodismo en la sociedad red. Síntesis.
Hernández, R. K. & Rue, J. (2015). The Principles of Multimedia Journalism: Packaging Digital News. Routledge. https://doi.org/10.4324/9781315817569López, X., Toural, C. & Rodríguez Vázquez, A. I. (2016). Software, estadística y gestión de bases de datos en el perfil del periodista de datos. Profesional de la Información, 25(2), 286-294. http://dx.doi.org/10.3145/epi.2016.mar.16
Scolari, C. A. (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Deusto Ediciones.
Witschge, T.; Anderson, C. W., Domingo, D. & Hermida, A. (2016). The SAGE Handbook of Digital Journalism. SAGE.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz Noci, J. & Salaverría, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Kalogeras, S. (2014). Transmedia Storytelling and the New Era of Media Convergence in Higher Education. Palgrave Macmillan.
Miller, C. H. (2013). Digital Storytelling. A Creator’s Guide to Interactive Entertainment. Focal Press.
Sampedro, V. (2014). El cuarto poder en red. Icaria.
Bibliografía, informes e materiais adicionais dispoñibles na aula do campus virtual.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG04 - Coñecer a estrutura de produtos para a rede, a edición de produtos multimedia e a arquitectura e o deseño na rede.
CB10 - Que os estudantes posean as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT02 - Idear e crear produtos multimedia.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE02 - Analizar os novos xéneros e as novas linguaxes do xornalismo e o seu uso no estudo e análise das consecuencias da hibridación dos medios de comunicación.
CE21 - Capacidade para aplicar criterios adecuados para a selección de contidos de utilidade e interese social.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
A materia avaliarase cun exame final na data prevista no calendario, incluíndo coñecementos teóricos e prácticos aplicados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
O estudante terá que dedicar 150 horas de estudo, dispoñendo tamén de atención personalizada en titorías.
Seguimiento das narrativas nos cibermedios, foros e premios adicados á innovación xornalísticas, seguimiento das actividades programadas e revisión do material que se actualizará no campus virtual da USC e nos espazos de divulgación que se propoñan (como novosmedios.gal/lainnoteca).
Jorge Vázquez Herrero
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816526
- Correo electrónico
- jorge.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
10.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |
12.06.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 0 |