Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 280.5 Horas de Titorías: 14 Clase Interactiva: 5.5 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Metodoloxía das Ciencias do Comportamento, Psicoloxía Básica, Psicoloxía Social
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia "Traballo de Fin de Máster (TFM)", de carácter obrigatorio para todos os estudantes do Máster en Psicoloxía, é que o estudante realice e presente publicamente un traballo no que amose as competencias adquiridas ao longo dos estudos da titulación.
Os obxectivos específicos son:
• Ser capaz de buscar e seleccionar fontes documentais, deseñar unha investigación ou unha intervención no ámbito temático da especialidade e informar dos resultados, comunicando adecuadamente esta información.
• Ser quen de integrar e trasladar os coñecementos, técnicas e destrezas adquiridas á resolución de problemas concretos no eido da espcecialidade.
• Ser capaz de concibir, propoñer e desenvolver ideas orixinais de investigación dentro do ámbito da especialidade que contribúan ó desenvolvemento do coñecemento.
• Ser quen de comunicar as conclusións obtidas e as razóns que as sustentan á comunidade científica, tanto en formato escrito como oral.
• Ter capacidade para emitir xuízos mediante a análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas orixinais e complexas.
• Ser capaz de resolver problemas en situacións e contextos complexos e multidisciplinares.
• Ter habilidade para comunicarse coa sociedade e trasladarlle o resultado dos avances no coñecemento do ámbito da especialidade dun modo claro e sen ambigüidades.
• Adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias no ámbito da especialidade para incorporarse aos estudos de doutoramento.
• Ter as habilidades necesarias para fomentar o avance tecnolóxico, social ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
O contido específico de cada TFM definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos que cada curso realizará a Comisión Académica do Máster (CA). Poderá, por tanto, abordar calquera temática dentro das liñas de especialización do profesorado do máster no marco de cada especialidade
A bibliografía básica de apoio para o desenvolvemento do TFM é a que resulte pertinente para cada traballo, de entre as que se relacionan nos distintos programas das materias do plan de estudos. A biblioteca da Facultade proporciona, ademais, materiais xerais relacionados coa elaboración de informes escritos e TFMs.
Os/as titores/ as proporcionarán ao alumno/ás orientacións sobre a bibliografía específica que deberá manexar conforme á modalidade de traballo de que se trate e a súa temática.
BÁSICAS E XERAIS
CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
CX4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
CX6. Saber establecer e manter relacións con outras persoas e organizacións relevantes para a disciplina.
CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
CB8. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT2. Demostrar capacidade de resolver problemas e tomar decisións adaptadas ao contexto.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT5. Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requisitos da profesión, e a normativa aplicable.
ESPECÍFICAS
CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamiento de problemas novos en contextos complexos.
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica prorfesional nos dominios de coñecemento do máster.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
CE6. Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
• Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
• Titorización
O TFM está orientado ao desenvolvemento e avaliación das competencias do título asignadas á materia. Consiste na realización, por parte do estudante, dun proxecto, memoria ou protocolo orixinal, que deberá ser elaborado de maneira individual e autónoma baixo a orientación e supervisión dun titor/a.
O estudante deberá demostrar as competencias adquiridas ao longo dos estudos. En todos os casos incluirá: tarefas de procura e revisión bibliográfica, análise crítica, sistematización e integración de información, redacción, e presentación oral e escrita.
Características e Modalidades de TFM:
Na Especialidade en Psicoloxía da Intervención Social e Comunitaria o TFM poderá axustarse a calquera das modalidades que se relacionan de seguido, e realizarase, preferententemente, nunha temática vinculada á actividade do dispositivo onde o/a alumno/a realice o Prácticum:
a) Revisión sistematizada de información relevante acerca dun tema da psicoloxía da intervención social e comunitaria; neste caso deberase aportar, ademais, unha proposta de carácter práctico en consonancia coa revisión realizada.
b) Estudo empírico ou experimental, que inclúa tamén a aportación práctica que dos seus resultados se poida derivar.
c) Análise de casos debidamente fundamentado, que inclúa avaliación, informe e proposta de actuación.
d) Descrición razoada e detallada dun programa de intervención no eido da psicoloxía da intervención social e comunitaria.
Na Especialidade en Psicoloxía Experimental o TFM consistirá nun traballo empírico ou experimental, realizado en contexto de laboratorio, relacionado con calquera das liñas temáticas que se oferten na especialidade. O traballo deberá, polo tanto, estruturarse e redactarse seguindo o formato dun artigo científico ou informe experimental. O TFM na especialidade en psicoloxía experimental estará necesariamente vinculado ao Prácticum, que será necesariamente de investigación.
Para ambas especialidades, e en relación aos aspectos formais, o TFM terá unha extensión de entre 14.000 e 20.000 palabras, excluídos os anexos, se os houbera. Seguiranse as normas APA para as citas e as referencias bibliográficas. Recoméndase utilizar un tamaño de letra de 11 puntos con interlineado 1,5.
Titorización
O TFM desenvolverase baixo a supervisión dun titor ou titora académico/a, de acordo co especificado no regulamento do TFM. O/a titor/a asumirá as seguintes funcións: orientar a programación das tarefas; asesorar e supervisar ao alumnado durante a realización do traballo; velar pola adquisición, por parte do alumnado, das competencias asociadas ao TFM; e avaliar o nivel de consecución destas competencias.
Á avaliación do TFM realizarase a través da súa exposición e defensa pública diante dun tribunal. Nesta avaliación tamén se terá en conta o Informe de Avaliación de desenvolvemento do traballo e adquisición de competencias remitido ao tribunal polo/a titor/a.
Para a exposición do traballo o/a estudante terá un tempo máximo de 15 minutos. O tribunal (coas características e composición que se determinan no Regulamento) poderá formular cantas preguntas e cuestións considere convenientes en relación co traballo defendido durante un tempo aproximado de 15 minutos.
Na cualificación final dos traballos teráse en conta conxuntamente o informe de Avaliación do/a titor/a e o Informe de Avaliación do tribunal. Cada un destes informes axustarase aos elementos recollidos nas rúbricas establecidas para tal fin pola Comisión do Título.
A rúbrica correspondente o/a titor/a valorará as competencias asociadas ao desenvolvemento do traballo (cumprimento dos obxectivos propostos, capacidade de xestión de información relevante, implicación, autonomía, etc.) así como o resultado da Memoria final do TFM (aspectos formais, de contido, estrutura e coherencia, adecuación da metodoloxía, capacidade crítica e de síntese, achegas, suxestións, etc.).
Polo que fai referencia ao Tribunal, os seus membros deliberarán de forma conxunta sobre a cualificación, seguindo un formulario no que se avaliarán as competencias correspondentes á Memoria final, de acordo cos mesmos criterios sinalados para o titor, ademáis, dos referidos á presentación e defensa do traballo (xestión do tempo, claridade e coherencia na exposición, adecuación das respostas, etc).
Na cualificación final ponderaranse as cualificacións de titor/a e tribunal, correspondendo o 50% da nota a cualificación outorgada polo/a titor/a, e o restante 50% á outorgada polo tribunal.
O/a estudante é responsable único da orixinalidade da autoría do seu traballo. A detección, polo/a titor/a ou polo tribunal, da existencia de plaxio, con independencia do proceso disciplinario do que poida ser obxecto o/a estudante, será causa suficiente para a non superación da materia.
Realización de traballos: 294 horas
Exposición de traballos: 0.5 horas
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 5.5 horas