Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Psicobioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Acadar os coñecementos e habilidades necesarios sobre a técnica dos potenciais evocados (PE) no ámbito de investigación da Neurociencia Cognitiva en xeral e da Psicofisioloxía en particular
2. Desenvolver unha capacidade de valoración crítica das posibilidades e limitacións desta técnica na investigación básica e aplicada do comportamento humano
3. Coñecer e dominar os principios conceptuais da técnica de PE e as distintas modalidades de PE
4. Coñecer e saber acceder ás fontes documentais máis importantes sobre a investigación nesta técnica psicofisiolóxica
5. Adquirir as habilidades necesarias para o rexistro autónomo de PE e aprender a adquirir, analizar e interpretar os rexistros de PE no marco da Neurociencia Cognitiva en xeral e da Psicofisioloxía en particular
6. Aprender a elaborar informes de investigación (en formato escrito e oral) no marco dos estudos psicofisiolóxicos de PEs
Descritores: Neurociencia cognitiva, psicofisioloxía, humanos, procesos psicolóxicos, EEG, PE
Teórico:
- Introdución: definición de PE e orixes neurais
- Metodoloxía de rexistro: descrición do equipo para o rexistro dos PE. O sistema de emprazamento 10-20. Fontes de artefactos e métodos para o seu control. Amplificación e filtrado. A conversión analóxico-dixital. Descrición da técnica de media: razón sinal/ruído
- Principais compoñentes dos PE: Definición de compoñente. Clasificación dos PE
- PE auditivos de latencia curta e media: PE auditivos de latencia curta: compoñentes e bases neurais. PE auditivos de latencia media: compoñentes e bases neurais
- PE visuais: compoñentes e bases neurais dos PE visuais ante flashes e inversión de patrón.
- Introdución aos PE endóxenos: descrición de principais compoñentes
Práctico:
- Introdución ao uso de equipamento para o rexistro de PE nun laboratorio de psicofisioloxía. Medidas de seguridade a ter en conta.
- Realización dun estudo psicofisiolóxico mediante PE. Control e execución das fases que o conforman: Selección de participantes. Consentimento informado. Procedemento de preparación do/a participante. Parámetros de estimulación e planificación de tarefas. Adquisición dos PE: Parámetros e procedemento. Procesado do sinal EEG para a obtención dos PE. Identificación e medición de variables de PE. Análise estatística. Interpretación de resultados. Elaboración de informe do estudo e dos seus resultados.
Cacioppo, J.T., Tassinary, L.G. e Berntson, G.G. (Eds.) (2000). Handbook of Psychophysiology, 2nd edition. Capítulo 3. Cambridge University Press
Carretié Arangüena, L. (2001). Psicofisiología. Pirámide. Capítulos 1 e 2.
Electrode Position Nomenclature Commitee (1991). American Electroencephalographic Society guidelines for standard electrode position nomenclature. Journal of Clinical Neurophysiology, 8(2), 200-202.
Handy, T.C. (Ed.) (2005). Event-related potentials. A methods handbook. The MIT Press.
Hugdahl, K. (1995). Psychophysiology: The mind-body perspective. Harvard University Press. Capítulo 12.
Keil, A., Debener, S., Gratton, G., Junghöfer, M., Kappenman, E. S., Luck, S. J., Luu, P., Miller, G. A., & Yee, C. M. (2014). Committee report: publication guidelines and recommendations for studies using electroencephalography and magnetoencephalography. Psychophysiology, 51(1), 1–21. https://doi.org/10.1111/psyp.12147.
Luck, S.J. (2014). An introduction to the event-related potential technique. The MIT Press.
Luck, S.J. e Kappenman, E.S. (2011). The Oxford Handbook of event-related potential components. Oxford University Press.
Picton, T.W., Bentin, S., Berg, P., Donchin, E., Hillyard, S.A., Johnson Jr., R., Miller, G.A., Ritter, W.,
Ruchkin, D.S., Rugg, M.D. e Taylor, M.J. (2000). Guidelines for using human event-related potentials to study cognition: Recording standards and publication criteria. Psychophysiology, 37, 127-152.
Rugg, M.D. e Coles, M.G.H. (1995). Electrophysiology of mind: event-related brain potentials and cognition. Oxford University Press. Capítulo 1.
Stern, R.M., Ray, W.J. e Quigley, K.S. (2001). Psychophysiological recording, 2nd edition. Oxford University Press.
Xerais:
1. Capacidade de análise e síntese de documentación científica.
2. Capacidade de comunicación oral e escrita de resultados científicos.
3. Capacidade de xestión da información.
4. Capacidade de resolución de problemas.
5. Capacidade de toma de decisións.
6. Capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
7. Compromiso ético coa investigación.
Específicas:
Nesta materia, aténdese ás seguintes competencias específicas de entre as que se establecen na memoria da titulación:
1. Comprender as bases biolóxicas da cognición e das emocións, con especial énfase en procesos de atención, aprendizaxe, memoria e control executivo, tendo en conta os cambios que se producen coa idade.
2. Coñecer os principais métodos empregados pola neurociencia cognitiva actual, con especial acento nas técnicas psicofisiolóxicas, neuropsicolóxicas e de neuroimaxe.
3. Familiarizarse coas posibles aplicacións da neurociencia cognitiva tanto para o estudo dos procesos normais como dalgunhas patoloxías.
4. Acadar competencia específica no manexo da técnica dos potenciais evocados no estudo dos procesos psíquicos.
Estas competencias concrétanse, para esta materia, nos obxectivos que se indicaron máis arriba.
O ensino desta materia basearase na combinación das sesións presenciais coa realización por parte do/a estudante de tarefas de busca de documentación orientada polas profesoras, a síntese do material bibliográfico traballado, preparación do mesmo para a presentación oral, e elaboración de informes escritos.
As sesións presenciais da parte teórica organizaranse en modo de seminarios. No primeiro deles, faráselles entrega aos estudantes da bibliografía específica e presentarase a dinámica de traballo para os dous seguintes. Dedicarase a explicar os obxectivos e metodoloxía de traballo do curso. Farase unha exposición dos fundamentos das técnicas de EEG e potenciais evocados (PE) e falarase das competencias básicas necesarias para o seguimento do curso. En concreto, repasaranse nocións básicas para o acceso a bases de datos e a revistas electrónicas, e realizarase una exposición da estrutura dun artigo científico. Nas sesións seguintes, os/as estudantes, organizados en grupos, deberán facer unha presentación oral dos fundamentos teóricos e metodolóxicos da técnica dos potenciais evocados.
Na parte práctica, as sesións presenciais realizaranse no laboratorio de Psicofisioloxía da Facultade de Psicoloxía. Nestas sesións ensinaráselles aos/ás estudantes o procedemento xeral de captación, rexistro e análise de PE; procederase á presentación e explicación do deseño dos rexistros e análises que deberán realizar os/as estudantes; posteriormente tutelarase a realización deses rexistros e análises, e se revisarán os resultados.
A actividade non presencial consistirá, na parte teórica, na lectura e síntese da información proporcionada na bibliografía específica, a organización dos conceptos esenciais, a preparación dunha presentación oral en formato Power Point (ou semellante) dos fundamentos teóricos e metodolóxicos da técnica dos PE.
Na parte práctica, consistirá na realización por parte dos/as estudantes, dun informe dos resultados obtidos a partir dos rexistros realizados no laboratorio, en formato artigo científico breve, que deberán entregar ao remate do curso.
Tanto na parte teórica como na práctica, existirán titorías individualizadas para resolver dúbidas e orientar o traballo do/a estudante. Utilizarase o Campus Virtual para facilitar o acceso a documentación e para a entrega de traballos.
A avaliación descansará esencialmente na valoración continua da execución dos/as estudantes ao longo das sesións presenciais e na corrección dos informes, tanto na parte teórica como na práctica. Cada unha das partes representa o 50 % da materia.
A asistencia ás clases é obrigatoria para superar a materia, por canto as actividades a realizar nelas (presentacións orais, rexistros de laboratorio) son obxecto de avaliación e non teñen alternativa de substitución. Así, para superar a materia é requisito asistir a un mínimo do 75% das clases. As ausencia a un número de sesións inferior ao 25% non impide superar a materia, pero conleva unha penalización na cualificación final.
A materia consta de 3 créditos, dos que a actividade presencial ocupa 30 horas. As restantes 45 horas corresponden a traballo persoal do estudante: estudo e elaboración das presentacións e informes.
Ter formación de nivel de grao propia das titulacións de Ciencias da Vida e Ciencias da Saúde, particularmente da Psicoloxía, nas bases biolóxicas do comportamento humano (Fundamentos de Psicobioloxía –Neurofisioloxía e Neuroanatomía–, Neurociencia condutual e cognitiva, Psicofisioloxía).
Ter formación de nivel de grao propia das titulacións de Ciencias das Saúde e Ciencias da Vida, en estatística descritiva e inferencial.
Esta materia forma parte do módulo de Neurociencia Cognitiva do máster, e é esencial para o correcto seguimento das materias que lle seguen na organización deste módulo.
O módulo práctico da materia impártese en galego, e o material de apoio facilítase nese idioma, exclusivamente.
María Teresa Carrillo De La Peña
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813798
- Correo electrónico
- mteresa.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Socorro Rodríguez Holguín
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Psicobioloxía
- Teléfono
- 881813911
- Correo electrónico
- rodriguez.holguin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Facultade de Psicoloxía |