Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Familiarización coas técnicas e procedementos de investigación habitualmente empregados no estudo do Condicionamento Clásico Humano.
2. Coñecemento dos principais deseños e procedementos de control utilizados na investigación do Condicionamento Clásico Humano.
3. Desenvolvemento de competencias de investigación mediante a explicación tanto de estudos xa publicados sobre os temas abordados como do software e os aparellos empregados no laboratorio.
1. Introdución. Elementos do condicionamento clásico. Parámetros das respostas.
2. Procedementos experimentais.
3. Instrumentación do laboratorio. Amplificadores, eléctrodos e transductores do sistema de rexistro Biopac. Control de artefactos.
4. Software para a o deseño dos experimentos. Programación das secuencias de presentación dos estímulos mediante o software " Superlab-Pro".
5. Bases normativas de estímulos.
6. Rexistro e medida das respostas mediante o software " Acqknowledge". Fórmulas para a transformación das respostas.
7. Análise e interpretación dos resultados da investigación. Informes experimentais.
Alcaraz, M.., Redondo, J., Fraga, I. y Fernández-Rey, J. (Eds.) (2003). Procesos psicológicos básicos I. Manual y cuaderno de prácticas de condicionamiento y aprendizaje. Madrid: Pirámide.
Boucsein, W. (1992). Electrodermal Activity. New York: Plenum Press.
Cedrus Corporation, (2008). SuperLab Pro: Experimental Laboratory Software (Version 4.0.7b)
[computer software]. San Pedro, CA
Lang, P. J., Bradley, M. M., & Cuthbert, B. N. (1995). International affective picture system (IAPS): technical manual and affective ratings. Gainesville: University of Florida, Center for Research in Psychophysiology.
Marcos, J. L. (1997). Técnicas de condicionamiento humano. Madrid: Universitas.
Marcos, J. L. y Redondo, J. (1999). Effects of conditioned stimulus presentation on diminution of the unconditioned response in aversive classical conditioning. Biological Psychology, 50(2), 89-102.
Marcos, J. L. y Redondo, J. (2005). Facilitation and interference of the automatic information processing on a reaction time task to threat-relevant stimuli. Psicothema, 2, 332-337.
Redondo, J. y Méndez, A. (2011). Condicionamiento clásico electrodérmico aversivo y apetitivo utilizando imágenes como estímulos. Psicothema, 2, 203-208.
Redondo, J., Fraga, I., Padrón, I. y Piñeiro, A. (2008). Affective ratings of sound stimuli. Behavior Research Methods, 40, 784-790
Redondo, J., Alcaraz, M., Padrón, I., y Méndez, A. (2014). El uso de sonidos como estímulos en el condicionamiento clásico electrodérmico humano. Psicológica, 35, 67-79.
Redondo, J., Fernandez-Rey, J., Padrón, I. y Alcaraz, M. (2015). Pavlovian conditioned diminution of the unconditioned SCR using unpleasant stimuli as the unconditioned stimulus. Learning and Motivation, 52, 32-35.
BÁSICAS E XERAIS
• Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
• Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
TRANSVERSAIS
• Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
ESPECÍFICAS
• Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
• Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica prorfesional nos dominios de coñecemento do máster.
• Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
a) Sesións presenciais nas que se explicarán as bases teóricas e metodolóxicas das técnicas de investigación do condicionamento clásico humano, así como o procedemento xeral de captación, rexistro e análise das respostas no laboratorio.
b) Traballo en laboratorio: descrición dos programas e aparellos; rexistro e medición das respostas; transformación das medidas, pasos previos á análise e interpretación dos resultados.
c) Traballo do alumno: Lectura e análise dos artigos de investigación e manuais técnicos incluídos nas Referencias Bibliográficas.
- O alumno deberá elaborar traballos por escrito e levar a cabo exposicións orais sobre o contido explicado polo profesor nos apartados a) e b) e acerca dos contidos das lecturas do apartado c). Por tanto, entregará ao profesor tres traballos escritos e realizará tres presentacións orais (en formato " Power Point"). No traballo e a presentación correspondentes ao apartado c) deberá ter en conta o formato APA para a redacción de artigos científicos.
- Valoración continua do traballo do estudante, tanto nas sesións teóricas como nas prácticas.
- Valoración dos traballos que o estudante deberá entregar por escrito (tres en total) e das tres exposicións orais.
- Ademais, terase en conta para a cualificación final a capacidade do alumno para responder as cuestións que o profesor formulará ao final cada unha das exposicións orais, e as súas respostas a unha serie de cuestións incluídas nos manuais de laboratorio.
A materia é optativa e consta de 3 créditos, dos cales unha parte corresponde á actividade presencial (clases expositivas, de seminario e de laboratorio) e outra ao traballo persoal do estudante (estudo e preparación dos traballos escritos e orais) e titorías.
- Formación (nivel de grao) sobre as bases biolóxicas do comportamento humano, aprendizaxe e condicionamento.
- O coñecemento dalgunha linguaxe de programación facilitará a comprensión da parte dedicada á explicación do software de presentación de estímulos.
Jaime Mauro Redondo Lago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813905
- Correo electrónico
- j.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8-F |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8-F |