Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Coñecer as técnicas avanzadas de predición e de redución de datos en Psicoloxía, a súa execución informática e a interpretación dos resultados.
• Ser capaz de seleccionar as estratexias de recollida e análise de datos máis adecuadas en diferentes contextos.
• Saber validar os instrumentos de medida utilizados na recollida de datos.
• Saber elaborar informes dos resultados.
Introdución: modelos avanzados de predición e redución de datos.
Estratexias de recollida de datos para a investigación e a planificación das intervencións en Psicoloxía.
Validación de instrumentos de medida.
Análise da influencia de variables mediadoras e moderadoras na predición psicolóxica.
Execución informática e interpretación de resultados.
Elaboración de informes.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
*Harlow, L. L. (2023). The essence of multivariate thinking: Basic themes and methods (3ª ed.). Routledge.
*Hayes, A. F. (2022). Introduction to mediation, moderation, and conditional process analysis: A regression-based approach (3ª ed.). The Guilford Press.
*Martínez-Arias, M. R., Hernández-Lloreda, M. J. e Hernández-Lloreda, M. V. (2006). Psicometría. Alianza. Recurso electrónico de 2014 accesible vía PRELO.
* Pardo, A. e San Martín, R. (2011). Análisis de datos en ciencias sociales y de la salud II. Síntesis. Recurso electrónico accesible vía PRELO.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
*Abad, F. J., Olea, J., Ponsoda, V. e García, C. (2011). Medición en ciencias sociales y de la salud. Síntesis.
*American Educational Research Association, American Psychological Association e National Council on Measurement in Education (2014). Standards for educational and psychological testing. American Educational Research Association.
*Baron, R. M. e Kenny, D. A. (1986). The moderator-mediator variable distinction in social psychological research: Conceptual, strategic, and statistical considerations. Journal of Personality and Social Psychology, 51, 1173-1182. https://doi.org/10.1037/0022-3514.51.6.1173
*Colegio Oficial de Psicólogos (2015). Directrices internacionales para el uso de los tests. http://www.cop.es/index.php?page=directrices-internacionales
*Hayes, A. F. e Rockwood, N. J. (2017). Regression-based statistical mediation and moderation analysis in clinical research: Observations, recommendations, and implementation. Behaviour Research and Therapy, 98, 39-47. https://doi.org/10.1016/j.brat.2016.11.001
*Muñiz, J. e Fernández-Hermida, J. R. (2010). La opinión de los psicólogos españoles sobre el uso de los tests. Papeles del Psicólogo, 31(1), 108-121.
*Tabachnick, B. G. e Fidell, L. S. (2019). Using multivariate statistics (7ª ed.). Allyn and Bacon.
BÁSICAS E XERAIS
- CB7. Ser capaz de aplicar os coñecementos adquiridos e de utilizar a capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa área de estudo.
- CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
- CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que un/unha mesmo/a posúe.
- CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
TRANSVERSAIS
- CT2. Demostrar capacidade de resolver problemas e tomar decisións adaptadas ao contexto.
ESPECÍFICAS
- CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamento de problemas novos en contextos complexos.
- CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
- CE4. Saber adaptar e utilizar as técnicas e instrumentos propios da Psicoloxía para afrontar situacións específicas da práctica profesional nos dominios de coñecemento do máster.
• Lección-explicación.
• Traballo en laboratorio.
• Lectura e análise de textos e documentos.
• Elaboración e/ou exposición de informes, ensaios e traballos.
• Titorización.
As clases terán carácter teórico/práctico (lección-explicación e traballo en laboratorio).
A avaliación da aprendizaxe e das competencias adquiridas realizarase en base a varios aspectos, cuxo peso relativo no resultado final se detalla a continuación:
(1) Ata 4 puntos pola valoración de informes, traballos e/ou exposicións. Só poderán optar a estes 4 puntos as/os estudantes que teñan asistido a un mínimo do 80 % das clases.
(2) Ata 6 puntos da cualificación pola proba final, na que se abordarán os contidos teórico-prácticos traballados nas clases expositivas e interactivas.
A realización/entrega das probas referidas no apartado 1 implica a incorporación ao proceso de avaliación, polo que leva asociada unha cualificación final da materia, aínda que non se acuda á proba final.
Clases expositivas: 15 horas.
Clases interactivas de laboratorio: 16 horas.
Traballo persoal da/o estudante: 57,5 horas.
Realización de traballos: 18 horas.
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 6 horas.
Para un correcto aproveitamento desta materia recoméndase:
(1) Seguimento continuado da materia: realización das actividades que se programen, lectura de materiais e estudo dos contidos.
(2) Asistencia a titorías para a resolución de dúbidas e orientación no proceso de aprendizaxe.
(3) Dominio na lectura e comprensión do inglés.
As/os estudantes poderán realizar calquera consulta que desexen acerca da materia durante o horario de titorías. O horario de titorías de cada profesora comunicarase ao comezo do curso e estará exposto na Aula Virtual e nos seus respectivos despachos. As direccións institucionais para consultas por correo electrónico son as seguintes:
elena.andrade [at] usc.es (elena[dot]andrade[at]usc[dot]es)
msoledad.rodriguez [at] usc.es (msoledad[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
Maria Soledad Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813793
- Correo electrónico
- msoledad.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elena Maria Andrade Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813716
- Correo electrónico
- elena.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Proceso de Datos |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Laboratorio docente de Proceso de Datos |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio docente de Proceso de Datos |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Laboratorio docente de Proceso de Datos |