Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Adquirir os coñecementos necesarios para apreciar o carácter complementario de dous modos de cognición baseados respectivamente no efecto directo da experiencia, e nun procesamento mediado polas metas do axente.
• Familiarizarse cos paradigmas principais de aprendizaxe implícita, os seus resultados e implicacións, e cos debates principais suscitados na área da aprendizaxe implícita, en contraposición coa aprendizaxe controlada e intencional.
• Coñecer os fenómenos dinámicos que modulan a acción dirixida a metas en situacións de interferencia, os seus principais modelos explicativos e os seus compoñentes de aprendizaxe.
• Manexar a literatura relevante, expondo problemas e hipóteses derivadas das distintas perspectivas teóricas, e deseñando un estudo piloto que aborde algún deses problemas.
Modelos duais de procesamento e cognición.
Aprendizaxe e control: aprendizaxe intencional e incidental. Aprendizaxe implícita: paradigmas, debates, e aplicacións.
Control e aprendizaxe: a natureza variable do control cognitivo en situacións de interferencia: fenómenos e modelos explicativos. Modulacións recíprocas entre control e aprendizaxe.
Básica:
Cleeremans, A., Destrebecqz, A., and Boyer, M. (1998). Implicit learning: News from the front. Trends in Cognitive Sciences 2, 406–416.
Cohen, J.D. (2017). Cognitive Control: Core Constructs and Current Considerations. En T. Egner (Ed.). The Wiley Handbook on Cognitive Control. (Pages: 1-28)
Monsell, s. (2017). Task Set Regulation. En T. Egner (Ed.). The Wiley Handbook on Cognitive Control. (Pages: 29-49)
Egner, T. (2017). Conflict Adaptation: Past, Present, and Future of the Congruency Sequence Effect as an Index of Cognitive Control En T. Egner (Ed.). The Wiley Handbook on Cognitive Control. (Pages: 64-78)
Complementaria:
Braem, S., & Egner, T. (2018). Getting a Grip on Cognitive Flexibility. Current Directions in Psychological Science, 27(6), 470–476. https://doi.org/10.1177/0963721418787475
Bugg, J.M. (2017). Context, Conflict, and Control: En T. Egner (Ed.). The Wiley Handbook on Cognitive Control. (Pages: 79-96)
Reber, P.J., Batterink, L.J., Thompson, K.R. & Reuveni, B. (2019). Implicit Learning: History and Applications. In Implicit Learning (Eds. A. Cleeremans), Psychology Press.
Reber, P.J. (2013). The neural basis of implicit learning and memory: A review of neuropsychological and neuroimaging research. Neuropsychologia, 51, 2026-2042.
Shanks, D. R. (2005). Implicit Learning En K. Lambert y R.L. Goldstone (Eds.) Handbook of cognition. Handbook of Cognition, 202–220. London, Sage Publications.
Shanks, D. R. (2009). Learning: From Association to Cognition. Annual Review of Psychology, 61(1), 273–301. https://doi.org/10.1146/annurev.psych.093008.100519
TRANSVERSAIS:
• CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
BÁSICAS E XERAIS:
• CB6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CG4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
ESPECÍFICAS:
• CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamiento de problemas novos en contextos complexos.
• CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
• CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
• Lección-explicación: Nas primeiras sesións (6 horas) farase unha exposición xeral dos conceptos, modelos e paradigmas máis influentes nas áreas de estudo da aprendizaxe implícita, o control cognitivo, e as súas interrelacións, proporcionando un mapa global do contido da materia.
• Tutorización: A partir desta presentación, asignarase aos alumnos un tema específico dentro do ámbito descrito, revisando un ou varios artigos relacionados, e preparando unha exposición do mesmo.
• Traballo en seminario: Os traballos revisados discutiranse conxuntamente en seminarios monográficos.
• Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos: A partir das discusións de seminario, planificaranse variacións dos deseños experimentais estudados que permitan contrastar as distintas hipóteses explicativas expostas.
SISTEMA DE AVALIACIÓN. Un 50% da cualificación do alumno dependerá dunha avaliación continua da súa participación nas actividades do curso. O 50% restante dependerá dos seus informes, traballos e exposicións.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
Clases expositivas 6 100%
Clases interactivas de seminario 11 100%
Tutorías individuais e/o en grupos reducidos 4 100%
Traballo personal do alumno 48 0%
Realización de traballos 6 0%
Luis Miguel Jimenez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813914
- Correo electrónico
- luis.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Básica |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario da Área de Psicoloxía Básica |