Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Básica
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer as principais reflexións da filosofía da ciencia e as súas implicacións para a psicoloxía.
2. Comprender en profundidade os criterios para considerar unha actividade como científica e a súa
aplicación á psicoloxía.
3. Ser capaz de analizar criticamente o alcance da psicoloxía como ciencia natural e, á vez, ciencia social.
4. Ser capaz de analizar en profundidade as implicacións dos límites do método científico.
5. Ser capaz de reflexionar sobre a posibilidade de estudar cientificamente os elementos subxectivos da
experiencia
- Perspectivas actuais sobre o método científico.
- Características definitorias da actividade científica.
- A psicoloxía, ciencia natural e social.
- Os límites do método científico e o estudo da experiencia subxectiva
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Chalmers, A. (2001).¿Qué es esa cosa llamada Ciencia?. Madrid : Siglo XXI.
https://ulagos.files.wordpress.com/2012/03/libro-que-es-esa-cosa-llamad…
- Díez, J.A. & Moulines, C.U. (2008). Fundamentos de filosofía de la ciencia. Barcelona: Ariel. (3ª edición actualizada). Pode
verse a 2ª edición (1999) na seguinte páxina
https://www.academia.edu/38336652/_D%C3%ADez_Jos%C3%A9_Moulines_Carlos_…
Fundamentos_de_Filosof%C3%ADa_de_la_Ciencia.pdf?auto=download
- Galagher, S. & Zahavi, D. (2013). La mente fenomenológica. Madrid: Alianza Editorial.
https://www.academia.edu/36665254/Gallagher-Zahavi_-_La_Mente_Fenomenol…
- Luria, A. (1973). La psicología en el sistema de las ciencias naturales y sociales. Revista Latinoamericana de Psicología, 5, 263-
271. https://www.redalyc.org/pdf/805/80550303.pdf
- Pérez-Álvarez, M. (2018). Psychology as a science of subject and comportment, beyond the mind and
behaviour. Integrative Psychological and Behavioral Science, 52, 25-51.
https://link.springer.com/content/pdf/10.1007/s12124-017-9408-4.pdf
- Toomela, A. (2007). Culture of science: Strange history of the methodological thinking in psychology. Integrative Psychological
& Behavioral Sciences, 41, 154-168.
https://link.springer.com/content/pdf/10.1007/s12124-007-9004-0.pdf
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Barrow, J.D. (1998). Impossibility. The Limits of Science and the Science of Limits. Oxford: Oxford
University Press.
Referencias na BUSC L1 1977 (orixinal) / R 37279(tradución)
- Bunge, M. (1999). Las ciencias sociales en discusión: Una perspectiva filosófica. Buenos Aires: Editorial Sudamericana
https://estaciencia.files.wordpress.com/2017/04/bunge-cienciassocialese…
- Caparrós, A. (1978). La psicología, ciencia multiparadigmática. Anuario de Psicología, 19, 79-110.
https://pdfs.semanticscholar.org/e7d9/df4eff3d66478f2a72be8729ed487aa30…?
_ga=2.67742225.1405689556.1584033029-1826846906.1584033029
- Cartwright, N. & Montuschi, E. (Eds.) (2014). Philosophy of social science. A new introduction. Oxford, UK: Oxford University
Press.
https://cursosupla.files.wordpress.com/2018/09/cartwright-n-montuschi-e…-
2015.pdf
- Creswell, J.W. (2014). Research design. Qualitative, quantitative and mixed methods approaches. London: Sage.
http://englishlangkan.com/produk/E%20Book%20Research%20Design%20Cresswe…
- Feyerabend, P.K. (1975). Tratado contra el método. Esquema de una teoría anarquista del conocimiento. Madrid : Tecnos.
https://monoskop.org/images/3/3f/Feyerabend_Paul_Tratado_contra_el_meto…
- Kuhn, T. (1962). La estructura de las revoluciones científicas. México : Fondo de Cultura Económica.
https://materiainvestigacion.files.wordpress.com/2016/05/kuhn1971.pdf
- Lakatos, I. (1978). La metodología de los programas de investigación científica. Madrid : Alianza
https://epistemologiaufro.files.wordpress.com/2010/10/lakatos.pdf
- Laudan, L. (1977). El progreso y sus problemas. Madrid : Encuentro
Referencias na BUSC L1 860 / R 15602
- Nickles, T. (2009). The strange story of scientific method. En J. Meheus & T. Nickles (Eds.), Models of discovery and creativity
(pp. 167-207). Dordrecht: Springer.
https://www.researchgate.net/publication/226869273_The_Strange_Story_of…
- Popper, K. (1959). La lógica de la investigación científica. Madrid : Tecnos.
http://www.raularagon.com.ar/biblioteca/libros/Popper%20Karl%20-
%20La%20Logica%20de%20la%20Investigacion%20Cientifica.pdf
- Sanford, F. (1899). The scientific method and its limitations. Address at the Eighth Annual Commencement Leland Stanford
Junior University. Stanford University Press.
https://stacks.stanford.edu/file/druid:mp840zw9344/SC1020_1899.pdf
- Vázquez, A., Manassero, M.A., Acevedo, J.A. & Acevedo, P. (2007). Consensos sobre la naturaleza de la ciencia: La comunidad
tecnocientífica. Revista Electrónica de Enseñanza de las Ciencias, 6, 331-363.
https://www.researchgate.net/publication/242716314_Consensos_sobre_la_n…
_La_ciencia_y_la_tecnologia_en_la_sociedad
- Woodcock, B.A. (2014). “The scientific method” as myth and ideal. Science and Education, 23, 2069-2093.
https://link.springer.com/content/pdf/10.1007/s11191-014-9704-z.pdf
- Yurevich, A.V. (2009). Cognitive frames in psychology: Demarcations and ruptures. Integrative Psychological & Behavioral
Sciences, 43, 89-103
https://link.springer.com/content/pdf/10.1007/s12124-008-9082-7.pdf
- Ziman, J. (2003). ¿Qué es la ciencia? Madrid: Cambridge University Press.
Referencias na BUSC C 90 / L1 2403 / A C 127
BÁSICAS E XERAIS
- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no
desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha
información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas
vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto
e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
- Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do
coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un
punto de vista científico e innovador.
TRANSVERSAIS
- Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información
relevante de textos ou documentos científicos.
- Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
ESPECÍFICAS
- Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas
psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamiento de problemas novos en contextos
complexos.
- Sesións expositivas:
O programa teórico desenvolverase por medio de exposicións orais do profesor.
- Sesións interactivas de seminario:
O estudante realizará traballos por escrito e exposicións orais sobre o contido explicado polo profesor durante as sesións expositivas e acerca dos contidos das lecturas propostas. Entregaranse ao profesor os ficheiros correspondentes aos devanditos traballos escritos e ás presentacións orais que se axustarán á normativa APA para a elaboración de traballos científicos.
- Controlarase a asistencia tanto ás sesións expositivas como ás interactivas.
- Valoración continua do traballo do alumnado, tanto nas sesións teóricas como nas interactivas.
- Valoración dos traballos que o-a estudante entregará por escrito e das exposicións orais.
- Para a cualificación final terase en conta a capacidade do alumnado para responder as cuestións que o profesor formulará ao final cada unha das exposicións orais e as súas respostas a unha serie de preguntas acerca dos traballos sobre as lecturas.
A materia consta de 3 créditos, dos que unha parte corresponde á actividade presencial (clases expositivas e interactivas de seminario) e a outra ao traballo persoal do estudante (estudo, elaboración e exposición / debate de traballos escritos e orais) e a titorías.
A aprendizaxe para que teña sentido require unha implicación activa do/a aprendiz no proceso, o que supón participar activamente nas distintas actividades e realizar estas seguindo a programación establecida.
Para un mellor aproveitamento das clases expositivas, con anterioridade ao desenvolvemento de cada unha delas, recoméndase realizar as lecturas indicadas polo profesor.
Para garantir o carácter realmente interactivo das sesións, é imprescindible que os/as estudantes realicen un traballo previo de preparación de cada unha delas, de acordo con as indicacións do profesor.
En definitiva, se trata é de que o/a estudante aprenda de maneira significativa, o que implica comprender o que estuda e poñelo en relación co resto dos seus coñecementos. Para conseguir este obxectivo o/a estudante non debe quedar con ningunha dúbida sen tratar de resolvela. Esta é a finalidade fundamental das titorías, polo que se recomenda facer un uso efectivo delas.
Jaime Mauro Redondo Lago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813905
- Correo electrónico
- j.redondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8-F |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 8-F |