Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 20 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Que os alumnos adquiran as competencias e habilidades necesarias para o desenvolvemento das funcións de avaliación e intervención psicolóxica no ámbito da Psicoloxía Xurídica e Forense
- Que saiban orientar a súa actuación profesional a partir do respecto e a consideración dos principios e valores propios da Psicoloxía Xurídica-Forense así como do Código Deontolóxico da profesión
Programa Teórico (clases expositivas)
Tema 1. Intervención con Menores en risco e menores infractores. Marco normativo. Avaliación de risco e necesidades. Programas de Intervención.
Tema 2. Intervención no ámbito penitenciario. Marco normativo. Medidas de medio aberto. Avaliación e instrumentos de medida. Tratamentos e prevención.
Tema 3. Intervención con vítimas. Avaliación e intervención en crise. Programas de reparación extraxudicial do dano. Mediación. Aplicacións da Xustiza Restaurativa e Terapéutica.
Programa Práctico (clases interactivas)
Práctica 1. Avaliación de risco e necesidades en menores infractores.
Práctica 2. Programas de suspensión/substitución de condena en violencia de xénero.
Práctica 3. Programas de mediación penal
Básica.
Andrews, D. A., y Bonta, J. (2006). The psychology of criminal conduct (4ª ed.). Cincinnati, OH: Anderson Publishing Co.
Arce, R., Arias, E., Novo, M., y Fariña, F. (2020). Are interventions with batterers effective? A meta-analytical review. Psychosocial Intervention, 29(3), 153-164.https://doi.org/10.5093/pi2020a11
Arce, R., Fariña, F., Vázquez, M. J., Novo, M.,y Seijo, D. (2015). Programa Galicia de reeducación de agresores de género: Manual de intervención (Vol. 1/2). Santiago de Compostela. Andavira.
Borum, R., y Verhaagen, D. A. (2006). Assessing and managing violence risk in juveniles. New York: Guilford Press.
Camplá, X., Novo, M. y Vázquez, M.J. (2020). La víctima adulta de violencia sexual: procesos de victimización y perspectiva de Justicia Terapéutica. En F. Fariña, M.S. Oyhamburu y D. Wexler (Eds.), Justicia terapéutica en Iberoamérica (189-208). Barcelona: Wolters Kluwer.
Expósito, F., y de la Peña, S. (2009) (eds.). Psicología Jurídica de la Violencia y de la delincuencia: Actuaciones con Víctimas y Victimarios. Murcia: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia.
Fariña, F., Arce, R., y Buela-Casal, G. (2009). Violencia de género: Tratado psicológico y legal. Madrid: Biblioteca Nueva.
Fariña, F., Arce, R., Seijo, D., y Novo, M. (2011). Prevención e intervención en violencia de género y familiar. Santiago de Compostela: Nino.
Fariña, F., Novo, M., Seijo, D., y Arce, R. (2019). Aplicación de la Justicia Terapéutica en la in-tervención con hombres que han ejercido violencia de género. En E. Pillado (Dir), Hacia un proceso penal más reparador y socializador: avances desde la Justicia Terapéutica (pp. 373-396). Madrid: Dykinson.
Garrido Genovés, V., Stangeland, P., y Redondo Illescas, S. (2006). Principios de criminología (3ª ed.). Valencia: Tirant lo Blanch.
Novo, M., Fariña, F., Seijo, D., y Arce, R. (2012). Assessment of a community rehabilitation program in convicted male intimate-partner violent offenders. International Journal of Clinical and Health Psychology, 12(2), 219-234
Novo, M., Fariña, F. y Vázquez, M.J. (2020). Justicia terapéutica en procesos penales con personas menores de edad como víctimas y testigos. En F. Fariña, M.S. Oyhamburu y D. Wexler (Eds.), Justicia terapéutica en Iberoamérica (189-208). Barcelona: Wolters Kluwer
Redondo, S. (2008). Manual para el tratamiento psicológico de los delincuentes. Madrid: Pirámide.
Rutter, M., Giller, H., y Hagell, A. (2000). La Conducta antisocial de los jóvenes (M. Condor Trans.). Madrid: Cambridge University Press.
Wexler, D. (2008). Rehabilitating Lawyers. Principles of Therapeutic Jurisprudence for criminal law practice. Durham: Carolina Academic Press.
Complementaria.
A bibliografía complementaria será facilitada ao alumno con cada tema.
- Ser capaz de avaliar as necesidades e deseñar unha intervención específica deste ámbito.
- Ser capaz de manexar e aplicar as técnicas de intervención específicas deste ámbito.
- Ser capaz de avaliar unha intervención propia deste contexto.
- Ser capaz de divulgar e comunicar de xeito eficaz, entre outros, a destinatarios, profesionais, responsables institucionais e poboación xeral, os resultados das diferentes fases do proceso de estudo de necesidades, establecemento de prioridades e intervención.
- Ser capaz de orientar a actuación profesional e investigadora por valores de igualdade e respecto dos dereitos dos usuarios
As clases teóricas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas de contidos. Por outro lado, as clases interactivas posibilitan profundizar e reforzar os contidos expostos, favorecendo a adquisición das competencias procedimentais propias da materia. Para iso, lévanse a cabo seminarios, análise de casos e simulacións de informes psicosociais. Nesta materia, prevese segundo disponibilidade a realización de prácticas de campo.
As titorías posibilitan unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e para profundizar nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como para atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre vertente, por un lado, as actividades de avaliación continua, xunto ás titorías de traballo de curso, permitirán ao alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ao longo do curso, con respecto ao seu grao de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que o exame tratará de avaliar o nivel de coñecementos adquirido polo suxeito con respecto aos contidos dos temas incluídos no programa da materia.
As clases expositivas avalíanse mediante unha proba teórica, atendendo ao dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia, ademais da asistencia e a participación. As clases interactivas son avaliadas a través dos criterios de asistencia e calidade dos informes, individual ou grupal (traballo en equipo), atendendo á súa estrutura, orixinalidade e presentación. A cualificación obtida polo alumno no exame final (e / ou exames parciais) valerá ata un 65% da cualificación final. A porcentaxe restante corresponderá á cualificación na avaliación continua. Para superar a materia será necesaria unha asistencia mínima ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Actividades presenciais.............................................................Horas
Sesións expositivas.....................................................20
Seminarios especializados.............................................8
Clases práticas...........................................................16
Titorías.......................................................................2
Avaliación....................................................................2
Traballo persoal do estudante...................................................Horas
Lectura e preparación do material de apoio....................25
Lectura previa, análise e discusión do material.
Informes individuais e grupais.......................................20
Análise de casos. Elaboración de informes psicosociais.....28
Titorías........................................................................4
Avaliación...................................................................25
Recomendacións para o estudo da materia
É aconsellable que o alumno adquira os coñecementos e competencias propias das restantes materias que conforman o itinerario de Psicoloxía Xurídica e Forense.
Os obxectivos da materia están aliñados cos ODS (Axenda 2030) e contribúen a que o alumnado coñeza os ODS 3, 5 e 16, e a que os relacione cos contidos tratados na materia.
Xosé Antón Gomez Fraguela
- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813944
- Correo electrónico
- xa.gomez.fraguela [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mercedes Novo Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813932
- Correo electrónico
- mercedes.novo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Martes | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 7 |
Xoves | |||
16:00-21:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 7 |
Venres | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 7 |
22.05.2025 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
16.07.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |