Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia de Orientación Profesional concrétanse nos seguintes:
-Coñecer e comprender os referentes teóricos da Orientación Profesional.
-Identificar a organización e funcionamento dos Servicios de Orientación Profesional no contexto educativo.
-Diagnosticar as necesidades persoais e institucionais en materia de Orientación Profesional.
-Coñecer os procesos orientadores, así como asesorar e coordinar accións de Orientación Profesional.
-Coñecer e aplicar técnicas, instrumentos e recursos de Orientación Profesional.
-Deseñar programas de Orientación Profesional.
A materia estrutúrase en torno a catro bloques temáticos:
BLOQUE TEMÁTICO I. Bases conceptuais da Orientación Profesional: Definición, obxecto, características, funcións, enfoques, modelos e estratexias de intervención.
BLOQUE TEMÁTICO II. Organización e funcionamento dos Servizos de Orientación no contexto educativo: A Orientación Profesional na etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, referentes lexislativos, Titoría, Departamento de Orientación e Equipos de Orientación Específicos.
BLOQUE TEMÁTICO III. Instrumentos e recursos de Orientación Profesional: itinerarios formativos e de inserción laboral, probas de avaliación e diagnóstico, técnicas de busca activa de emprego, etc.
BLOQUE TEMÁTICO IV. Deseño de programas de Orientación Profesional: Modelo de intervención por programas; finalidades e tipos de programas de Orientación Profesional e aspectos a considerar no deseño de programas de Orientación Profesional.
Bibliografía Básica:
•Álvarez Justel, J. (2023). Cómo ayudar al alumnado de secundaria en su toma de decisiones. Recursos para la acción. Cuadernos de Pedagogía.
•Ceinos, C. (2012). La Orientación Profesional en Educación. En Sobrado, L.; Fernández Rey, E. e Rodicio, M. L. (coords.), Orientación Educativa (pp. 163-186). Biblioteca Nueva.
•Sánchez García, Mª.F. (2017). Orientación para el desarrollo profesional. UNED.
•Sobrado, L., e Cortés, A. (2009). Orientación Profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva.
Bibliografía Complementaria:
•Bisquerra, R. (2008). Funciones del Departamento de Orientación. Ministerio de Educación.
•Carrillo, F. (2021). Efectividad de un programa para la mejora del proyecto profesional y la marca personal. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(2) (2º cuatrimestre), 27-46.
•Donoso-Vázquez, T., e Sánchez Martí, A. (2013). Orientación Educativa y Profesional. Estudio de Casos. ISEP.
•Manzanares, A., e Sanz, C. (dirs.), (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Wolters Kluwer.
•Martínez-Clarés, P., Pérez Cusó, F.J., e Martínez-Juárez (2014). Orientación Profesional en Educación Secundaria. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado 17(1), 57-71. DOI: http://dx.doi.org/10.6018/reifop.17.1.198841
•Negro Moncayo, A. (2006). La Orientación en los Centros Educativos. Organización y funcionamiento desde la práctica. Editorial Grao.
•Requejo, E., Raposo-Rivas, M., e Sarmiento, J.A. (2022). El uso de tecnologías en la orientación profesional: Una revisión sistemática. Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(3), 40-65.
•Rodicio, Mª. L. (2012). Diseño y evaluación de Programas de Orientación Educativa. En L. Sobrado, E. Fernández Rey e Mª. L. Rodicio (coords.), Orientación Educativa. Nuevas perspectivas (pp.271-295). Biblioteca Nueva.
•Rodríguez, A., Malpica, A., e Ponte-Rodríguez, F.A. (2018). Programa de orientación ocasional: aplicabilidad en Educación Secundaria. Facultad de Ciencias de la Educación. Universidad de Carabobo.
•Suárez-Ortega, M., e Sánchez-García, Mª.F. (coords.) (2018). Orientación para la construcción del proyecto profesional. UNED.
•Sobrado, L., e Ceinos, C. (2011). Tecnologías de la Información y Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Biblioteca Nueva.
•Teré, F. (2019). Manual práctico de Orientación Profesional centrada en el empleo y la persona. Eunate.
Revistas:
Revista Española de Orientación e Psicopedagoxía
http://revistas.uned.es/index.php/reop
Revista de Investigación Educativa
https://www.uv.es/aidipe/
Páxinas web de interese:
-International Association for Educational and Vocational Guidance: https://iaevg.com
-Rede Interuniversitaria de Profesorado de Orientación: https://ripo.es/
-Orientación Académica e Profesional. Ministerio de Educación e Formación Profesional: https://todofp.es/orientacion-profesional.html
-Euroguidance Centre Spain: https://euroguidance-spain.educacionyfp.gob.es/inicio.html
Competencias Básicas:
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten una base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) vinculadas coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
CG11 – Desenvolver as funcións de titoría e orientación dos estudantes de xeito colexiado.
CG15 – Informar e asesorar ás familias sobre o proceso de ensino-aprendizaxe e sobre a orientación persoal, académica e profesional dos seus fillos.
CG16 – Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
CG17 – Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
CG18 – Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a contornas educativas novas ou pouco coñecidas.
CG19 – Coñecer as características psicopedagóxicas dos alumnos para poder avalialos e emitir os informes que se requiran.
CG20 – Coñecer as medidas de atención á diversidade que se poidan adoptar para poder realizar o asesoramento necesario en cada caso.
Competencias Específicas:
CEE18 – Coordinar a elaboración do Plan de Acción Titorial nos diferentes niveis do sistema educativo (Infantil, Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) e, no seu caso, o Plan de Orientación Académica e Profesional.
CEE20 – Asesorar e colaborar cos docentes e, en especial, cos titores, no acompañamento ao alumnado nos seus procesos de desenvolvemento, aprendizaxe e toma de decisións.
CEE21 – Orientar ao alumnado no seu coñecemento persoal, na progresiva definición e axuste dun proxecto de vida, e na adopción de decisións académicas e profesionais, de xeito que todo elo facilite a súa inserción laboral.
CEE22 – Coñecer, seleccionar, deseñar e aplicar estratexias e plans de información e orientación profesional para a transición ao mercado laboral e a empregabilidade.
CEE29- Avaliar as intervencións realizadas e derivar cambios para melloralas.
CEE31 – Coñecer e empregar algunhas ferramentas dixitais básicas pola súa utilidade nas tarefas de orientación e titoría e no desenvolvemento das funcións do orientador.
CEE34- Deseñar e por en marcha, en colaboración coa comunidade escolar, medidas de atención á diversidade que garanten a presencia, participación e aprendizaxe de todo o alumnado.
Competencias Transversais:
CT1- Empregar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
CT2 – Xestionar de xeito óptimo o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
CT3 - Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarias.
A metodoloxía a seguir será de carácter activo e participativo e propiciará unha aprendizaxe significativa dos contidos. Neste marco e dende unha valorización dos principios de contextualización, participación e actividade, establécense diversos procesos metodolóxico-didácticos que se concretan en:
-Sesións Expositivas, dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas que terá lugar a presentación do marco teórico e conceptual da materia. En ditas sesións, serán tamén presentadas as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
-Sesións Interactivas, nas que se levarán a cabo diferentes actividades grupais con carácter práctico e aplicado (6-7) (lectura reflexiva e crítica de diversas fontes documentais, discusión e debate sobre os contidos expostos, análise de itinerarios, presentación na aula de actividades do alumnado, análise de casos prácticos, ...) co propósito de promover o ensino a partir do diálogo e o traballo cooperativo en grupos homoxéneos. Ao longo das diferentes sesións, profundarase na aplicación dos contidos presentados nas clases expositivas, optimizando a aprendizaxe académica e a participación do alumnado nas clases. Ditas actividades abarcarán o coñecemento e emprego de diferentes procedementos, estratexias e técnicas destinadas a proporcionar as competencias máis directamente vinculadas coa práctica orientadora, referidas ao deseño de programas e proxectos de orientación, así como á familiarización co emprego das diferentes metodoloxías e recursos máis habituais no marco da Orientación Profesional.
Complementariamente, destácase que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo ser entendida como ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas en horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico ou de MS Teams con cita previa) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia. En relación ás cuestións que o alumnado formule á docente da materia mediante o correo electrónico, os estudantes deberán empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
O proceso avaliador para verificar a adquisición de competencias terá un carácter integral e continuo, abarcando os seguintes aspectos:
1.- Realización dunha proba individual escrita sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coa data que se estableza no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2,5 para tomar en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.- Elaboración e presentación de actividades prácticas de carácter grupal (6-7) realizadas na aula e orientadas ao desenvolvemento de contidos teórico-prácticos. Terán unha formulación diferenciada segundo a temática que se aborde, dándose a coñecer esta e os criterios de realización de xeito previo ao seu desenvolvemento. O seu peso porcentual total será do 50% da cualificación final, sendo imprescindible acadar unha nota mínima de 2,5. Para poder ser avaliadas, o/a alumno/a deberá entregalas no prazo establecido pola profesora da materia.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado de acordo co sistema de avaliación continua establecido. Aquelas entregadas fora dos prazos establecidos non serán tomadas en consideración. Para obter unha valoración positiva da materia será necesario superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas; é dicir ter entregado en prazo as actividades solicitadas (cualificación mínima de 2,5 sobre 5), así como ter superada a proba individual (mínimo 2,5 sobre 5 puntos).
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O carácter presencial desta materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase e participación nestas, salvo no suposto oficialmente considerado (dispensa de asistencia). No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC. Polo tanto, neste suposto, o alumnado con dispensa de asistencia a clase levará a cabo as prácticas de xeito individual (50%) dentro do prazo establecido pola profesora da materia, así coma o exame oficial na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación. A un tempo, apúntase que estes estudantes, unha vez concedida a dispensa de asistencia, deberán poñerse en contacto coa profesora da materia no prazo de 10 días a partir da concesión da mesma co fin de establecer un plan de titorización e seguimento individualizado.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria, oportunidade de maio, que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación na oportunidade Xullo. Sen embargo, aqueles alumnos/as que acadasen unha cualificación de suspenso nas mesmas serán avaliados, na seguinte oportunidade, a través dunha proba escrita que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programase de xeito coordinado.
Nota de interese: recórdase que nos casos onde se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial na aula: 24 horas repartidas en:
- Clases expositivas: 8 horas
- Clases interactivas: 12 horas
- Titorías: 4 horas
Traballo persoal do estudante: 51 horas repartidas en:
- Estudo: 18 horas
- Preparación traballos: 28 horas
- Lecturas recomendadas: 5 horas
Tempo estimado Total: 75 horas
-Asistencia e participación activa nas clases expositivas e interactivas.
-Consulta e estudo dos materiais recomendados.
-Elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas encomendadas.
-Participación activa nas clases prácticas.
PROFESORA:
Cristina Ceinos Sanz. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. Módulo A. Despacho Nº 18 (1º andar).
Teléfono: 8818 13823 E-mail: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
-Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de xeito conxunto e coordinado.
Así mesmo, na realización de traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
-Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental: Se a docente da materia, de ser o caso, solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
oEvitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
oSempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encadernacións.
oImprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
oNon empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
oEvitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
-Perspectiva de xénero:
oRecoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/es/servicios/igualdad/guia-lenguaje-sexista-usc
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-Asistencia a clase: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/13189/XA0830.PDF?se…) Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. No apartado terceiro de dita Normativa especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia.
-Plaxio e uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Cristina Ceinos Sanz
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813823
- Correo electrónico
- cristina.ceinos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |