Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
XERAIS
- Introducir ao alumnado en aspectos concretos do ensino do inglés relacionados coa programación das ensinanzas e o proceso de avaliación.
- Establecer conexións entre a teoría lingüística e a práctica pedagóxica.
- Reflexionar sobre os factores que condicionan a aprendizaxe e o ensino de linguas.
- Proporcionarlle ao alumnado destrezas básicas para a práctica do ensino do inglés.
- Familiarizar ao alumnado coa bibliografía especializada de maior relevancia sobre os temas do programa.
- Proporcionarlle ao alumnado principios básicos teóricos e técnicas prácticas para o seu propio desenvolvemento profesional como futuros profesores de inglés.
ESPECÍFICOS
- Proporcionarlle ao alumnado pautas e orientacións prácticas para un bo manexo e unha organización efectiva da clase.
- Familiarizar ao alumnado coa organización do currículo de inglés na Educación Secundaria (ESO e Bacharelato)
- Aprender a planificar, programar e deseñar cursos, unidades didácticas e clases.
- Familiarizar ao alumnado cos materiais (libros de texto, ferramentas audiovisuais e multimedia, gramáticas, dicionarios, glosarios, recursos de apoio para profesores e alumnado) utilizados habitualmente para o ensino do inglés.
- Examinar o papel das novas tecnoloxías no ensino do inglés.
- Definir e explicar as diferenzas principais entre os conceptos de “examinar” e “avaliar”, poñendo de manifesto a importancia de ambos os dous fenómenos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Revisión de conceptos e nocións centrais no ensino do inglés como lingua estranxeira. Situación da lingua inglesa nas ensinanzas de réxime xeral e de réxime especial.
Programacións e planificación. Unidades didácticas. Programación de clases.
Os materiais para o ensino e aprendizaxe do inglés. Análise, selección e avaliación.
O proceso de avaliación do inglés como lingua estranxeira. Tipos, instrumentos e marcos de referencia.
- Celce-Murcia, Marianne and Donna M. Brinton and Marguerite Ann Snow, Eds. 2014. Teaching English as a second or foreign language. 4th ed. Boston: National Geographic Learning
- Celce-Murcia, Marianne et al. Ed. 1999. The Grammar Book: and ESL/EFL Teacher's Course. 2nd ed. Boston: Heinle & Heinle.
- Estaire, Sheila and Zanón, Javier. 1994. Task-based Teaching. Oxford: Heinemann.
- Gower, R., Phillips, Diane and Walters, S. 1995. Teaching Practice Handbook. Oxford: Heinemann.
- Grant, Neville. 1987. Making the Most of your Textbook. Longman: London and New York.
- Harmer, Jeremy 1994. How to Teach English. Longman: Harlow.
- Hill, Jimmy and Lewis, Michael. 1992. Practical Techniques for Language Teaching. 2nd Ed. Language Teaching Publications: Hove.
- Lewis, Michael. 1992. Practical Techniques for Language Teaching. Rev. ed. Hove: Language Teaching Publications.
- Murphy, John. 2020. Teaching Pronunciation. Alexandra, Virginia: TESOL Press.
- Palacios, Ignacio et al. Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas. 2009. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago.
- Ribé, Ramón and Vidal, Núria. 1995. La Enseñanza de la Lengua Extranjera en la Educación Secundaria, Alhambra Longman, Madrid. (Chapters 8, 10 and 11)
- Salaberri, Sagrario. 1999. Lingüística Aplicada a la enseñanza de lenguas extranjeras, Servicio de Publicaciones de la Universidad: Almería.
- Schellekens, Philida.2007. The Oxford ESOL Handbook. Oxford: Oxford University Press.
- Ur, Penny.1996. A Course in Language Teaching. Cambridge: Cambridge University Press.
- Watkins, Peter. 2005. Learning to Teach English. Delta Publishing: Peaslake. (Chapter 16)
- Willis, Jane1981. Teaching English through English. Longman: Harlow.
- Woodward, Tessa. 2001. Planning Lessons and Courses. Cambridge: Cambridge University Press. (Spanish translation, 2002)
* Proporcionaranse outras fontes bibliográficas así como recursos electrónicos para as unidades do programa.
- Desenvolvemento de destrezas pedagóxicas con especial atención ás técnicas de planificación da clase e ás estratexias de manexo e organización da aula.
- Transformación dos currículos en programas de actividades e de traballos.
- Adquisición de criterios de avaliación de materiais didácticos.
- Adquisición de técnicas para a implementación de materiais didácticos.
- Fomento dun clima de traballo que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- Integración da formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- Coñecemento de estratexias e procedementos de avaliación, entendendo esta como un procedemento de regulación da aprendizaxe e de estímulo ao esforzo.
- Utilización de bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por internet.
- Xestión de forma óptima do tempo de traballo e organización dos recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
- Potenciación da capacidade para traballar en contornas cooperativas e pluridisciplinares.
As explicacións teóricas alternaranse con actividades prácticas, exercicios, tarefas e debates en clase. Algunhas destas actividades realizaranse en grupos, outras en parellas ou individualmente. Espérase dos alumnos que participen activamente no desenvolvemento da clase. Realizaranse micro sesións para as presentacións dos alumnos e posta en práctica das súas propostas didácticas, así como micro sesións de ensino.
AVALIACIÓN DE PRIMEIRA OPCIÓN
A- Alumnos con asistencia obrigatoria
Avaliación continua ao longo do curso. Valorarase a preparación das tarefas diarias, a participación activa en clase e a realización dos traballos e probas escritas e/ou orais propostos ao longo do curso.
A cualificación final será o resultado de sumar os seguintes apartados:
-- Participación activa en clase e realización en grupo ou individualmente das tarefas diarias e actividades propostas (10%).
-- Realización, exposición e entrega nas datas indicadas dos traballos de aplicación práctica de metodoloxía, así como as micro sesións de ensino (40%)
-- Exame final (50%)
Para obter unha cualificación final positiva haberá que obter unha cualificación en cada apartado de polo menos o 50% da nota dese apartado.
B Alumnos con dispensa oficial de asistencia
A cualificación final será o resultado de sumar os seguintes apartados:
-- Realización, exposición e entrega nas datas indicadas dos traballos de aplicación práctica de metodoloxía, así como as micro sesións de ensino (30%)
-- Exame final (70%)
Para obter unha cualificación final positiva haberá que obter unha cualificación en cada apartado de polo menos o 50% da nota dese apartado.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital*. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE a continuación.
ADVERTENCIA IMPORTANTE.- Na normativa de rendemento académico da USC (DOG 21 de xullo de 2011, art. 16) penalízase a realización fraudulenta dalgunha proba avaliativa cun suspenso na convocatoria correspondente, alén do proceso disciplinario que se lle poida abrir a maiores ao alumnado infractor. Polo tanto, a detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación que o alumnado obtiver polos demais conceptos. Entendemos plaxio como a copia total ou parcial, fora literal ou non, de contidos ou ideas publicadas noutros traballos académicos ou en calquera tipo de obras (en papel ou internet), sen que o alumnado cite a fonte de onde foron extraídas esas ideas ou textos. O alumnado suspenso por plaxio non poderá presentarse á segunda oportunidade.
AVALIACIÓN DE SEGUNDA OPCIÓN
Aplicarase o mesmo sistema que para á avaliación de primeira opción. Calquera parte superada na avaliación de primeira opción dese ano, respectarase nesta convocatoria.
ALUMNOS REPETIDORES
Aplicarase o mesmo sistema que para á avaliación de primeira opción. Calquera parte superada na avaliación de primeira opción dese ano, respectarase nesta convocatoria.
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia de seis créditos ECTS, está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 42 corresponden a traballo presencial na aula (18 horas expositivas, 24 horas interactivas) mais 108 horas de traballo autónomo e preparatorio fora da aula.
O tempo dedicado ao estudo desta materia poderá variar dunha semana a outra, aínda que se estima que os alumnos terán que estudar unha media de 10-14 horas á semana, incluíndo aquí o tempo destinado a tarefas e traballos.
Esta é unha materia eminentemente práctica. En consecuencia, a asistencia e participación na clase constitúen un requisito. Espérase unha participación activa dos alumnos na clase, así como a presentación de diversos traballos e tarefas prácticas ao longo do curso.
Todas as actividades entregadas deberán incorporar as fontes documentais e bibliográficas consultadas, seguindo algún dos canons académicos de citación bibliográfica e dixital.
Recomendase facer uso de linguaxe inclusiva tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos.
Os traballos serán entregados en formato dixital a través de Campus Virtual. Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos.
O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar co docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o informe emitido polo SEPIU, co fin de adaptar o plan de traballo e avaliación si fose preciso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación”. Véxase a ADVERTENCIA IMPORTANTE na sección “SISTEMA DE AVALIACIÓN” enriba.
Jesus Varela Zapata
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824715
- Correo electrónico
- varela.zapata [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jodee Anderson Mcguire
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 25 |
30.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 27 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |