Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer e reflexionar sobre os aspectos máis relevantes do ensino da Física e da Química nos distintos niveis da educación secundaria.
Nas sesións expositivas abordaranse os seguintes temas:
1. Modelos teóricos e metodoloxías de investigación en Física e en Química.
Modelos e teorías
A natureza da ciencia: métodos de investigación en Física e Química
2. Modelos de ensino e estratexias de intervención.
O modelo constructivista.
Estratexias e recursos para aprender a aprender
3. Dificultades de aprendizaxe e transferencia de coñecementos na Física e na Química.
Dificultades na transferencia de coñecementos
Ideas alternativas e cambio conceptual.
Problemas no desenvolvemento de destrezas.
4. A aprendizaxe da Física e da Química: construción e uso de coñecementos
A construción de coñecementos científicos e o seu uso.
A linguaxe na aprendizaxe das ciencias.
5. O desenvolvemento das competencias e prácticas científicas.
A competencia STEM e a súa relación coas prácticas científicas
A construción, uso, revisión e avaliación de modelos.
A argumentación en ciencias.
A indagación científica
O coñecemento epistémico implicado no desenvolvemento das prácticas científicas.
6. Resolución de problemas e traballo experimental en Física e Química, destrezas implicadas
O desenvolvemento de destrezas en Física e Química.
Os traballos prácticos: obxectivos e tipos.
Os problemas auténticos en ciencias.
7. O ensino da Física e a Química no contexto social.
As cuestións sociocientíficas.
O traballo na aula con cuestións de incidencia social.
Nas sesións interactivas de laboratorio levaranse a cabo actividades de aplicación sobre os temas abordados nas expositivas e que consistirán, principalmente, na realización e análise de actividades de aplicación directa nas aulas de secundaria.
Bibliografía básica
- Caamaño, A. (2020). Enseñar química: de las sustancias a la reacción química . Graó.
- Caamaño, A.(Coord.) (2010). Didáctica da Física e da Química. Barcelona: Graó.
- Jiménez Aleixandre, M. P. (2010). “10 Ideas clave: Competencias en argumentación y uso de pruebas”. Graó.
Bibliografía complementaria
- Cebrián, D., Franco, J., Lupión, T., et al. (coord) (2021). Enseñanza de las ciencias y problemas relevantes de la ciudadanía. Transferencia al aula. Graó.
- Crujeiras-Pérez, B. (coord.), Brocos Mosquera, P., Casas-Quiroga, L., e Cambeiro Cambeiro, F. (2021). Actividades para desarrollar el conocimiento epistémico implicado en las prácticas científicas en la educación secundaria. Servicio de Publicaciones e intercambio científico. Universidade de Santiago de Compostela. https://dx.doi.org/10.15304/op.2021.1406
- Domènech, J. (2019). Aprendizaje Basado En Proyectos, Trabajos prácticos y Controversias. Editorial Octaedro, S.L.
- Driver R., Guesne E. e Tiberghien E. (Eds.) (1989). Ideas científicas en la infancia y la adolescencia. MEC-Morata.
- García-Carmona, A. (2011). Aprender física y química mediante secuencias de enseñanza investigadoras. Aljibe.
- González Aguado, M. (2013). 84 experimentos de química cotidiana en secundaria. Graó.
- Hierrezuelo Moreno, J. (1989). La ciencia de los alumnos: su utilización en la didáctica de la física y la química. Laia.
- Jiménez Aleixandre M.P. (1996). Dubidar para aprender. Xerais.
- Jiménez-Tenorio, N., Aragón, L. et al. (2022). Modelizar en las clases de ciencias. Ed. Octaedro.
- Justi, R. (2006). La enseñanza de las ciencias basada en la elaboración de modelos. Enseñanza de las Ciencias 24(2), 173-184.
- Lozano Lucía, O. R. (2014). 85 experimentos de física cotidiana. Graó.
- Martín, M.J., Gómez, M.A. e Gutiérrez, M.S. (2000). La física y la química en secundaria. Narcea.
- Sanmartí, N. (2002). Didactica de las Ciencias en la Educacion Secundaria Obligatoria. Síntesis.
Puig, B., Crujeiras-Pérez, B., e Blanco-Anaya, P. (coords). (2023). Pensar científicamente. Problemas sistémicos y acción crítica. Graó.
- Shayer, M. e Adey, Ph. (1986). La Ciencia de Enseñar Ciencias. Narcea.
-Solbes, J. e Jiménez, R. (2019). Propuestas de educación científica basadas en la indagación y modelización en contexto. Tirant lo Blanch, Tirant Humanidades.
- Textos de Física e de Química (Manuais e libros de texto de Ensino Secundario).
- Revistas especializadas en didáctica das ciencias no contexto español:
•Eureka: https://revistas.uca.es/index.php/eureka
•Enseñanza de las Ciencias: https://ensciencias.uab.es/
•Ápice: https://revistas.udc.gal/index.php/apice
•Alambique: https://www.grao.com/es/alambique
•Revista electrónica de Enseñanza de las Ciencias: http://reec.uvigo.es
Básicas e Xerais:
- CX2. Coñecer o corpo de coñecementos didácticos arredor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
- CX8. Adquirir estratexias para estimular o esforzo do estudante e promover a súa capacidade para aprender por se mesmo e con outros e desenvolver habilidades de pensamento e de decisión que faciliten a autonomía, a confianza e iniciativas persoais.
- CX17. Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
- CX18. Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas a medios educativos novos ou pouco coñecidos.
Específicas
- CEX1. Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións.
- CEX13. Coñecer e aplicar recursos e estratexias de educación no respecto e valor da diversidade lingüística e as súas implicacións educativas.
- CEE2. Coñecer os contidos que se cursan nas respectivas ensinanzas.
- CEE4. Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares.
- CEE5. Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes.
- CEE6. Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo.
- CEE7. Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos.
- CEE8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes.
- CEE9. Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe.
- CEE12. Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
Transversais:
- CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
-CT3. Potenciar a capacidade para o traballo en medios cooperativos e pluridisciplinarios.
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe. As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte da profesora. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no alumnado e baseada no estudio de casos, a análise de proxectos, a resolución de problemas e as experiencias de laboratorio.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos docentes, tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesións atenderase ao alumnado para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade relacionada coa materia.
Ao empregarse una metodoloxía práctica e activa é indispensable a asistencia a clase.
Ademais da aula e do laboratorio, empregarase o campus virtual como ferramenta de comunicación entre o alumnado e os docentes, así como para programar e realizar determinadas actividades. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada na aula virtual. Tamén cabe a posibilidade de organizar algunha saída relacionada coa materia.
As titorías realizaranse de forma presencial ou virtual a través da plataforma Teams.
1) Avaliación do alumnado de convocatoria xeral:
Combinarase a avaliación continua coa realización dunha proba final.
Parte I: Avaliación continua (contribución á cualificación final 40%)
a. Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula e no laboratorio (10%).
b. Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos (30%): Programaranse un ou dous pequenos traballos grupais (15%) e recolleranse determinadas actividades grupais ou individuais realizadas na aula e no laboratorio (15%).
Os traballos consistirán na elaboración dunha reflexión sobre determinados aspectos que se aborden nas sesións interactivas e no deseño ou resolución dalgún tipo de proposta: actividades para o desenvolvemento da competencia STEM, secuencias para o cambio conceptual, modelos de instrución ou outras cuestións que se aborden no temario.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás que se programasen de forma coordinada.
Parte II: Proba escrita (contribución á cualificación final 60%)
c. Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes teórica e práctica (60%)
Para obter puntuación na parte I será necesaria a asistencia, como mínimo, ao 80% das sesións. A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 50% (5 sobre 10) na parte II (apartado c) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte I. O alumnado que non teña puntuación na parte I, será cualificado unicamente coa nota da parte II, que ao representar este o 60% do total non será superior a 6. Este criterio aplicarase nas dúas oportunidades da primeira convocatoria.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
2) Avaliación do alumnado con dispensa de asistencia
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a clase, o alumnado que teña concedida a dispensa será avaliado a través dunha única proba final na que poda demostrar que desenvolveu as competencias xerais e básicas, específicas e transversais que se recollen no programa da materia. Para preparar a proba terá acceso aos materiais docentes que se colgarán no campus virtual para todo o alumnado.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 18 horas expositivas, 24 horas interactivas de laboratorio e 6 horas de titorías.
Considérase que as 102 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado da seguinte maneira:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos derivados da materia: 25 horas
- Actividades en biblioteca, lecturas recomendadas, pescudas bibliográficas: 17 horas.
- Preparación de debates, presentacións orais ou similar: 10 horas
A maiores o tempo dedicado para a realización do exame será de 3 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, é necesario asistir a clase e participar activamente nas actividades propostas.
Recoméndase a inmersión na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións de aula.
Dado que se trata dunha materia de carácter práctico, recoméndase asistir ás sesións con papel e bolígrafo para poder resolver as tarefas que se propoñan e, no seu caso, entregalas.
-O programa da materia desenvolverase na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte, durante o segundo cuadrimestre.
- As titorías atenderanse no despacho dos profesores na Facultade de Ciencias da Educación, Campus Norte e a través da plataforma Microsoft Teams.
- Os correos electrónicos e as extensión telefónicas están consignados nos horarios do profesorado da materia que aparecen no sitio web correspondente da USC.
- Os contidos abordados nas sesións da materia estarán dispoñibles na aula virtual, para que cada estudante poida elaborar os seus materiais de estudo.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Beatriz Crujeiras Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812005
- Correo electrónico
- beatriz.crujeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Lucia Casas Quiroga
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812007
- Correo electrónico
- l.casas.quiroga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |