Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias Sociais e Xurídicas
Ámbito de coñecemento
Ciencias de la educación.
Centro(s)
Facultade de Formación do Profesorado
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n, 27002
Lugo
982821005 (Conserxaría)
982821009 (Decanato)
formacionprofesorado.decanato@usc.gal
Campus
Lugo
Coordinador/a
Carlos Dosil Diaz

O máster ofrece a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos.

  • Duración: 1 ano académico
    Código RUCT: 4311008
    Número de ECTS: 60
    Número prazas: 20

    Decano/a ou director/a do centro:
    CARMEN SARCEDA GORGOSO

    Coordinador-a do título:
    Carlos Dosil Diaz

    Linguas de uso:
    Castelán, Galego

    Universidade coordinadora:
    Universidade de Santiago de Compostela

    Universidade(s) participante(s):
    Universidade de Santiago de Compostela

    Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
    434/2009 do 3 de decembro (DOG 15/12/2009)

    Data de publicación no BOE:
    11/05/2011

    Data da última acreditación:
    30/04/2015

    O obxectivo fundamental do Máster é ofrecer a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos.

    Así, procura capacitar ao futuro profesorado para que poida ensinar os contidos da área de coñecemento na que se formou no grao, actuar profesionalmente como membro dun equipo docente participando no marco dunha comunidade educativa situada nun contexto sociocultural concreto e exercer de facilitador da aprendizaxe do alumno, chegando a ser plenamente competente nas funcións titoriais de orientación persoal, académica e profesional.

  • Créditos que deberá cursar o alumno para obter a titulación:

    Obrigatorios (módulo xenérico) 16
    Optativos (vínculados á especialidade) 26
    Prácticas Externas Obrigatorias 12
    Traballo Fin de Máster 6
    Total 60

    A estrutura do máster contempla as 6 especialidades seguintes:

    1. Especialidade de Ciencias Experimentais, Matemáticas, e Tecnoloxía e Informática
    a) Itinerario da especialidade docente en Ciencias Experimentais (campus de Santiago/Lugo)
    b) Itinerario da especialidade docente en Matemáticas (campus de Santiago)
    c) Itinerario da especialidade docente en Tecnoloxía e Informática (non ofertado)

    2. Especialidade de Ciencias Sociais e Humanidades
    a) Itinerario da especialidade docente en Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Filosofía (campus de Santiago)

    3. Especialidade de Formación Profesional
    a) Itinerario da especialidade docente en Sector Servizos (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Sector Primario e Secundario (campus de Lugo)
    c) Itinerario da especialidade docente en Formación e Orientación Laboral (non ofertado)

    4. Especialidade de Linguas e Literaturas
    a) Itinerario da especialidade docente en Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Linguas Estranxeiras (campus de Santiago/Lugo)
    c) Itinerario da especialidade docente en Cultura e Linguas Clásicas (campus de Santiago)

    5. Especialidade de Artes
    a) Itinerario da especialidade docente en Música (campus de Santiago)
    b) Itinerario da especialidade docente en Artes Plásticas e Visuais (campus de Santiago)

    6. Especialidade de Orientación educativa (campus de Santiago)

  • O máster ofrece a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente aos futuros profesores da Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas e como requisito imprescindible para o ingreso nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia nos mesmos.

  • Os obxectivos fundamentais do Máster son: ofrecer a formación pedagóxica e didáctica esixida pola normativa vixente, e cumprir co requisito imprescindible para o ingreso en España nos Corpos de Profesores habilitados para a docencia dos futuros profesores de Educación Secundaria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.

  • Mobilidade

    A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional

    Prácticas

    De acordo coa Orde ECI/3858/2007, o Practicum realizarase en colaboración coas institucións educativas da Comunidade Autónoma de Galicia establecida mediante Convenio da Administración Educativa da Comunidade Autónoma e a Universidade de Santiago de Compostela. A Administración Educativa da Comunidade Autónoma fixará así mesmo as condicións para acceder ao status de centro e titor de prácticas.
    O obxectivo final do módulo de Practicum é posibilitar tómaa de contacto directa coa organización e realidade dos centros de educación secundaria e a súa comunidade educativa, e co traballo docente nos diversos niveis en que se concreta (ISO, Bacharelato, FP). A simultaneidade entre teoría e práctica facilitará
    a adquisición das competencias persoais e profesionais que require a función docente, ao posibilitar a integración e contraste de saberes, e o adestramento nas habilidades e destrezas requiridas na profesión.
    Constituiranse comisións para o deseño, seguimento e evolución do Practicum, nas que participarán tanto profesorado universitario que imparte docencia no máster e supervisa as prácticas e profesorado dos centros que exerce a función de titor de alumnado en prácticas ou de dirección nos centros.
    O seguimento do Prácticum será compartido polo profesor titor (do centro educativo) e o profesor supervisor (universitario). En Plan de Prácticas establecerá as funcións de cada un.
    A supervisión do Practicum e a Orientación do Traballo Fin de Máster, de entrada, poderá facelas calquera profesor dos módulos xenérico ou específico. A comisión académica marcará as directrices para este encargo.
    Redactarase un plan de prácticas, no que se establecerán os procedementos: asignación de prazas e titores, preparación, desenvolvemento e avaliación. A USC asinará un convenio coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia que dará cobertura á realización dunhas Prácticas de calidade.
    Definiuse o proceso de Xestión das prácticas externas que ten por obxecto establecer como se organizan e xestionan as prácticas dos estudantes en empresas e institucións de forma que se garanta a calidade, o recoñecemento académico e o aproveitamento máis adecuado das mesmas por parte dos/as estudantes da USC. Estas prácticas están orientadas a completar a formación dos alumnos e titulados universitarios así como facilitar o seu acceso ao mundo profesional.
    Co obxectivo de comprobar o correcto desenvolvemento das prácticas por parte das entidades colaboradoras e do propio alumnado así como para detectar situacións irregulares e carencias do proceso, decidíronse implantar os seguintes mecanismos de control, sen prexuízo doutros que puidesen engadirse:
    - Orientación ao estudante a través do coordinador de prácticas.
    - Medición da satisfacción dos estudantes e empresas a través de enquisas.
    - Xestión de queixas e reclamacións a través do centro e da Oficina de Análise das Reclamacións
    - Memoria do proceso e Plan de mellora anual.

  • O traballo de Fin de Máster terá unha carga de 6 créditos. Para iniciar o Traballo de Fin de Máster será necesario superar todas as maaterias do primeiro cuadrimestre. No momento da presentación do traballo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para o título e poderá ser presentado en ambos cuadrimestres.
    O Traballo Fin de Máster presentarase de ordinario ao final do segundo cuadrimestre, unha vez superados todos os demais créditos. Despois do primeiro ano de impartición tamén se ofrecerá ao alumnado que cumpra os requisitos a posibilidade de examinarse do Traballo Fin de Máster ao finalizar o primeiro cuadrimestre, co obxecto de que non teña necesidade de esperar ao final do curso académico para completar os estudos deste máster.
    As condicións de organización, realización, presentación, titorización e avaliación dos Traballos de Fin de Máster serán obxecto dun Regulamento do Traballo de Fin de Máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.