Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1.Identificar diferentes enfoques, estratexias e técnicas de asesoramento a partir de casos concretos, e as súas implicacións nos procesos de mellora das institucións, atendendo ás tarefas e competencias a desenvolver polas persoas asesoras.
2. Identificar os diferentes ámbitos e institucións nos que pode desenvolverse o asesoramento, sendo conscientes das súas dimensións e características particulares.
3. Coñecer criticamente as distintas variables organizativas que poden influír nos procesos de asesoramento institucional.
4. Analizar as implicacións das reformas impostas desde o exterior e o papel a desenvolver polas institucións educativas e as persoas asesoras externas e internas.
5. Coñecer as estratexias e pautas básicas para planificar, desenvolver e avaliar un proceso de asesoramento a centros, considerando os proxectos de centro como núcleo do cambio, desde un modelo colaborativo e procesual, e sabendo ligar as dimensións didácticas coas institucionais-organizativas.
- O asesoramento a institucións educativas: conceptos fundamentais.
- O asesor ou asesora en procesos de cambio e mellora: concepto, tarefas, coñecementos e competencias. O asesor ou asesora centrado en procesos e o asesor ou a asesora centrados en contidos específicos.
- Enfoques, fases, funcións e estratexias do asesoramento (investigación-acción, supervisión clínica, etc.)
- O centro como comunidade de aprendizaxe para a mellora continua
• A necesidade de ligar as dimensións didácticas coas dimensións institucionais-organizativas.
• Os proxectos de centro como núcleo do cambio.
- Variables organizativas que poden incidir no proceso de asesoramento.
- Modelo de traballo colaborativo para a “viaxe cara á mellora” dos centros
- Avaliación, formación, identidade e desenvolvemento profesional no campo do asesoramento e mellora das prácticas asesoras.
Bibliografía básica (as referencias cun * considéranse as máis fundamentais)
Bolívar, A. (2012). Políticas actuales de mejora y liderazgo educativo. Aljibe.
Bonals, J. e Sanchez-Cano, M. (Coords.) (2007). Manual de asesoramiento psicopedagógico. Graó.
* Domingo, J. (Coord.) (2001). Asesoramiento al centro educativo. Colaboración y cambio en la institución. Octaedro.
* Fuentes Abeledo, E.J. (2012). Supuestos básicos para el trabajo de asesoramiento a centros escolares en procesos de mejora. Documento policopiado. Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Documento policopiado.
*Fuentes Abeledo, E.J., Abal Alonso, N., Romero Tabeayo, M.I. e Rosa Napal, F. (2023). Experiencias de asesoramiento para la mejora en Conservatorios de Música. En A. Alba Souto, I. Dans Álvarez de Sotomayor, G. Mïguez Sabina, e O. Santamaría Queiruga, Experiencias de asesoramiento para la mejora en Conservatorios de Música (pp. 303-322). Dykinson S.L.
*Fuentes Abeledo, E.J. e Abal Alonso, N. (2017). El trabajo con casos como estrategia para la formación de formadores en Conservatorios de Música. Actas II Jornadas de Educación Musical de la Sociedad para la Educación Musical del Estado Español. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. En prensa.
* Iranzo García, P. (2012). Asesoramiento pedagógico al profesorado. Síntesis.
Marcelo, C. (Dir.). Innovación educativa, asesoramiento y desarrollo profesional. MEC.
Marcelo, C. e López Yáñez, J.(Coords.) (1997). Asesoramiento curricular y organizativo en educación. Ariel.
Monereo, C. e Solé, I. (2007). El asesoramiento psicopedagógico: una perspectiva profesional y constructivista. Alianza.
Nieto. J. M. e Botías, F. (2000). Los equipos de orientación educativa y psicopedagógica: el asesoramiento a centros escolares desde un análisis institucional. Ariel.
Rodríguez Romero, M.ª M. (1996). El asesoramiento en educación. Aljibe.
Bibliografía complementaria
Bolívar, A. (2000). Los centros educativos como organizaciones que aprenden. La Muralla.
Darling-Hammond, L. (2001). El derecho de aprender. Crear buenas escuelas para todos. Ariel.
Develay, M. (2001). Padres, escuelas e hijos. Díada.
Domingo, J. e Hernández, V. (2012). La práctica del asesoramiento educativo: casos y herramientas de trabajo. FORCE.
Escudero, J. M. e Moreno, J. M. (1992) El asesoramiento a centros educativos. Consejería de Educación y Cultura de la Comunidad de Madrid.
Fuentes Abeledo, E. J. (2002). La investigación-acción y el desarrollo profesional del profesorado, Padres y Maestros. 271, 33-37.
Fuentes Abeledo, E. J. (2003). Culturas profesionales en la enseñanza y desarrollo profesional de los docentes, Padres y Maestros. 279, 34-39.
Fuentes Abeledo, E. J. (2003). Supervisión clínica y colaboración entre profesores, Padres y Maestros. 280, 35-39.
Fuentes Abeledo, E. J. (2003). Recogida de información en el aula e investigación del profesorado, Padres y Maestros. 276, 34-39.
Fuentes Abeledo, E. J. e Amaral, A. (2008). A Cultura de Colaboración entre o Museo, a Escola e a Universidade. En A. Pose e X. Rodríguez Rodríguez, (Coords.). Actividades e recursos educativos dos Museos (pp. 45-56). Toxosoutos.
Fullan, M. (2007). Las fuerzas del cambio, con creces. Akal.
Hargreaves, A. e Fink, D. (2008). El liderazgo sostenible. Siete principios para el liderazgo en centros educativos innovadores. Morata.
Hargreaves, A. e Shirley, D. (2012). La cuarta vía. El prometedor futuro del cambio educativo. Octaedro.
Hernández, F. (2001). El asesor en secundaria. Que todos encuentren su lugar para aprender. Cuadernos de Pedagogía. 302,63-66.
Huguet, T., Liesa, E. e Serra-Capellera, J. (2022) . El asesoramiento psicopedagógico a debate. Graó.
Martín, A. (1992). Ideas prácticas para innnovadores críticos. Díada.
Mayor Ruiz, C. (Dir.) (2007). El asesoramiento pedagógico para la formación docente del profesorado universitario. Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
Nicastro, S. e Andreozzi, M. (2003). Asesoramiento pedagógico en acción. La novela del asesor. Paidós.
Parrilla, A. (1996). Apoyo a la escuela: un proceso de colaboración. Mensajero.
Pozuelos, F. J. (2001). Asesorar desde la colaboración. Cuadernos de Pedagogía. 302, 50-54,
Redó, M. (1997). El asesor psicopedagógico. Una colaboración interprofesional, Cuadernos de Pedagogía. 263, 51-55.
Selvini Palazzoli, M. (1986). Al frente de la organización. Estrategias y tácticas. Paidós.
Selvini Palazzoli, M. (2004). El Mago sin magia: cómo cambiar la situación paradójica del psicólogo en la escuela. Paidós.
Competencias xerais e básicas do máster.
Esta materia axudaría a desenvolver as competencias xerais e básicas do máster:
CG1 - Coñecer e utilizar unha variedade de recursos e técnicas especializadas para a construcción de coñecementos científicos sobre a formación.
CG3 - Adoptar actitudes favorables cara a participación e implicación en procesos de formación e cara a colaboración como
pauta de relación profesional.
CG4 - Organizar e xestionar a utlización e o funcionamiento de recursos humanos, materiais e tecnolóxicos en entornos
formativos.
CG5 - Actuar con soltura no uso e aplicación de metolodoxías didácticas.
CG6 - Asumir un compromiso ético e metodolóxico coa práctica científica e profesional.
CG7 - Ter iniciativa na intervención en contextos complexos e resolver situacións educativas que afectan a estudantes con
diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
CG8 - Adecuarse a situacións novas e cambiantes, reaccionar positivamente e aceptar, entender ou introducir novos puntos de
vista cando a situación o precise.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, coñementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido o autónomo.
Competencias específicas do máster:
Esta materia axudaría a desenvolver as competencias específicas do máster:
CE3 - Comprender e aplicar técnicas e estratexias metodológicas adecuadas para a resolución de casos.
CE4 - Identificar aspectos específicos das problemáticas e tendencias educativas actuais.
CE5 - Desarrollar una actitude positiva hacia a incorporacion das técnicas e/ou procedementos de recollida de información no traballo profesional.
CE6 - Contribuir ao establecemento de políticas ou estratexias de actuación para a mellora da formación.
CE8 - Deseñar e poñer en marcha procesos formativos de calidade que respondan a necesidades da práctica profesional e nichos
formativos emerxentes.
CE9 - Implicarse, aconsellar, organizar e dirixir plans de formación, desde a diagnose de necesidades ata a concreción en
accións de formación organizadas por prioridade, así como a súa avaliación e seguemento.
CE10 - Coñecer os fundamentos e a metodoloxía de avaliación, referida a programas, contextos, procesos, produtos,
profesionais, institucións e/ou organizacións e sistemas educativos.
CE14 - Elaborar e utilizar dispositivos de avaliación diagnóstica das características de suxeitos e colectivos en relación aos seus coñecementos, destrezas, valores, actitudes así como dos seus comportamentos, necesidades, cualidades e outras características que permitan xustificar e fundamentar a acción educativa que de dita detección se derivara.
Competencias específicas da materia:
1. Posuír un marco conceptual e experiencial do asesoramento, dos seus enfoques, modelos, estratexias, políticas e prácticas.
2. Analizar as características, condicións, problemas e evolución do asesoramento a institucións educativas.
3. Utilizar estratexias, técnicas e recursos para propoñer, planificar, implementar e avaliar proxectos, programas e estratexias de asesoramento no marco dun traballo colaborativo.
4. Ser capaz de reflexionar sobre as propias experiencias e coñecementos previos e asumir compromisos éticos coa propia formación, desenvolvemento profesional e capacidade de innovación na práctica do asesoramento.
5. Saber formular problemas e deseñar estudos e investigacións para resolvelos e xerar coñecemento neste campo.
As actividades formativas con todo o alumnado nas sesións presenciais “expositivas” incidirán sobre todo na adquisición de coñecementos básicos -marco conceptual en torno ao asesoramento e investigacións neste campo-, cun peso relevante de actividades expositivas e de análises de documentos. Tamén se realizarán, durante estas sesións, algunhas prácticas, supervisadas polo profesorado, para comprender os procesos e dinámicas implicadas nas funcións de asesoramento ás institucións.
As sesións presenciais “interactivas” realizaranse a través de métodos como o estudo de casos, os proxectos de traballo, a discusión, o xogo de roles e a análise de documentos. Iso permite desenvolver un maior número de competencias, procurando potenciar o traballo en equipo, centrándose en situacións de intervención asesora -modelos de traballo, estratexias e técnicas- e na resolución de problemas propios das persoas asesoras. As actividades presenciais requiren unha elevada porcentaxe de horas de traballo autónomo, tanto individual como, en ocasións, en grupo.
As actividades en pequeno grupo, as sesións virtuais e as titorías permitirán orientar ao alumnado de forma máis personalizada. Ademais estas, do mesmo xeito que os talleres, deberán estar adecuadamente conectadas coas sesións presenciais grupais. As sesións virtuais se centrarán, fundamentalmente, no desenvolvemento de foros nos que se debaterá e tomarán decisións arredor de diversos casos e actividades de asesoramento.
En función do número de estudantes matriculados e da súas características a metodoloxía de traballo pode incorporar variacións.
No caso do alumnado con dispensa de asistencia concedida, este deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes á concesión. O profesor da materia convocará a este alumnado a unha titoría para planificar o desenvolvemento das actividades e o seguimento da materia nos 10 días seguintes e, na mesma xuntanza, informarase do sistema de avaliación.
O proceso de avaliación, para apoiar e controlar o desenvolvemento das competencias e o logro dos obxectivos, realizarase mediante:
1) Unha avaliación continua, a través do seguimento do traballo levado a cabo polos/as alumnos/as nos diversos ámbitos: a participación activa e as achegas nos diferentes tipos de sesións. Para apoiar o progreso do estudantado poñerase especial atención no desenvolvemento das diversas actividades propostas tanto en sesións presenciais como virtuais; actividades como estudos de caso, elaboración de informes e relatos, análises de documentos, representación de roles e resolución de problemas. A realización das actividades, tanto as correspondentes as sesións presenciais como virtuais, é obrigatoria.
2. A avaliación requerirá, obrigatoriamente, a elaboración dun Informe sobre un caso específico de asesoramento a un centro que se comezará a abordará nas sesións de traballo presenciais e/ou virtuais e que incorporará tanto aspectos teóricos de fundamentación como propostas concretas de intervención en función do contexto. Este Informe deberá incorporar os seguintes apartados:
• 1.Principios.
• 2. Fases e actividades para cada fase (incorporando para cada actividade: estratexia ou técnica, material e características das accións da persoa asesora e asesorados/as).
• 3.Ideas e propostas de investigación sobre asesoramento.
• 4. Referencias bibliográficas.
Este Informe deberá presentarse cunha redacción ordenada, usando léxico adecuado, e corrección gramatical, ortográfica e sintáctica. Na avaliación atenderase aos seguintes criterios:
• A) Apartado de PRINCIPIOS (20% da cualificación final):
o Supón a elaboración dun discurso que estableza unha ponte entre cuestións teóricas e prácticas, concretando una serie de principios que presidirían a actuación do asesor ou da asesora acorde co enfoque ou enfoques que se consideren oportunos. Deberá reflexarse o concepto de asesoramento defendido, a reflexión sobre o labor da persoa asesora e algunhas ideas que orienten e fundamenten as decisións reflexadas nas fases e actividades para o caso concreto. Na avaliación teremos en conta os seguintes criterios:
Pertinencia e relevancia do exposto en relación co caso.
Coherencia (nexos lóxicos) no discurso con utilización adecuada e precisa de conceptos e teorías, mostrando comprensión de ideas e coñecementos, relación e adecuada conexión.
Cita adecuada de fontes de referencia.
Elaboración de ideas e argumentos propios, fundamentados e entendibles.
Coherencia coa proposta específica de actuación manifestada nas fases, actividades, técnicas e documentos.
Nivel de reflexión sobre posibles dificultades, problemas, condicións, necesidades e competencias necesarias a desarrollar, tanto pola persoa asesora como polos demais actores do caso.
• B) Apartado de FASES E ACTIVIDADES (70% da cualificación final)
o Conexión e congruencia cos principios, mesmo incorporando xustificación das propostas concretas de actuación en relación cos mesmos.
o Viabilidade, realismo, adaptación, ao contexto, condicións, circunstancias e esixencias coñecidas.
o Adecuación da secuencia de fases e actividades específicas.
o Claridade e nivel de concreción da proposta nos seus diferentes elementos, mesmo incorporando actividades detalladas, procedementos (explicando os pasos), documentos de traballo adaptados ou elaborados, técnicas específicas, etc.
o Variedade de estratexias, actividades, procedementos, recursos e técnicas.
o Orixinalidade.
o Nivel de reflexión sobre posibles dificultades, problemas, condicións, necesidades e competencias necesarias a desarrollar, tanto polo asesor ou asesora como polos demais actores do caso, en relación coas fases, actividades e demais elementos da proposta.
• C) Apartado de Ideas e propostas de INVESTIGACIÓN (5% da cualificación final)
o Fundamentación e coherencia das propostas.
o Relevancia para a construción de coñecemento novo e/ou para a resolución de problemas prácticos.
o Orixinalidade.
• D) Apartado de REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS (5% da cualificación final).
o Pertinencia e relevancia en relación co caso e o labor de asesoramento.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase deberá presentar tamén dito Informe e a súa valoración farase de igual forma que para os asistentes, ademais de constatar que se seguiu o plan de traballo acordado. O alumnado na situación de dispensa de asistencia a clase deberá comunicar a situación de dispensa nos 10 días seguintes a concesión. O profesor convocará ao alumnado con dispensa de asistencia a clase a unha titoría para planificar o desenvolvemento e seguimento da materia nos 10 días seguintes. Nesta planificación informarase do sistema de avaliación coas concrecións oportunas segunda a análise da situación.
No caso de non superar unha avaliación positiva no Informe, o alumno ou alumna poderá realizar unha proba centrada na realización dun suposto práctico, a resolución dun problema ou o informe sobre unha investigación que esixirá competencias de comprensión, análise, síntese e avaliación, e con criterios semellantes aos expostos anteriormente adaptándoos ao caso da proba. En todo caso, a máxima cualificación global que obterá o alumno ou alumna que recorra a esta opción ante o suspenso no Informe será de 5 (Aprobado). Para a avaliación usaranse os criterios antes citados, adaptándoos ao tipo de proposta que se estime procedente en función dos déficits detectados no Informe. En todo caso, esta proba non permitirá obter unha cualificación superior a 5 (cinco).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Tendo en conta os factores de equivalencia que se aplican, segundo os criterios dos créditos ECTS, o/a alumno/a terá, para a preparación das diversas actividades, a seguinte dedicación horaria:
- clases expositivas…14 horas
- clases interactivas…24 horas
- Titorías…………………… 12 horas
Total: 50 horas
Recoméndaselles aos/ás alumnos/as estudar a materia dun xeito crítico e reflexivo, procurando establecer relacións entre os contidos dos diversos temas cos súas propias experiencias, vivencias e coñecementos adquiridos, tanto durante o seu proceso formativo como no seu desempeño profesional. Procede ter sempre presente a aplicabilidade que os diversos principios, técnicas e conceptos estudados teñen para a realidade da práctica profesional da persoa asesora. Ademais é necesario:
- Asistir ás sesións presencias expositivas e interactivas.
- Participar nas sesións virtuais, titorías e obradoiros, o que permitirá unha axeitada integración das diferentes modalidades de traballo e formas de agrupamento, seguindo unha secuencia coherente no proceso de realización das actividades.
- Resulta crucial manterse ó día nas actividades que se indiquen para participar nas sesións presenciais que, habitualmente, requerirán un tempo de traballo previo individual ou en grupo (usando tamén os medios tecnolóxicos), de forma que se aproveiten ó máximo posible as horas presenciais. A ausencia da preparación previa de determinadas lecturas ou de realización de actividades de forma autónoma no tempo de traballo non presencial, pode supoñer a imposibilidade de participar nas sesións presencias de xeito adecuado.
Normativa da Facultade sobre a presencialidade:
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80 % das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. No caso da concesión de dita exención, o alumnado deberá poñerse en contacto de inmediato co profesor para, de ser necesario, recibir as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia.
Recoméndase que nas sesións virtuais síncronas o alumnado active a cámara e o micrófono para fomentar a interacción e garantir o seguimento real das sesións”.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos: -- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eduardo Jose Fuentes Abeledo
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812023
- Correo electrónico
- eduardo.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
28.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
03.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |