Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia pretende introducir aos/as estudantes nos procedementos de traballo e investigación sobre o territorio, seguindo os principios de análises clásicas das Ciencias Sociais. Desta forma, trabállase na elaboración de índices completos e coherentes tanto de proxectos de investigación como de traballos de consultoría de base territorial. Abórdanse os procedementos de como se debe xustificar a análise, a elaboración de hipótese, a fixación dun obxectivo xeral e varios específicos, e profúndase na metodoloxía esixible a un estudo rigoroso de planificación a escala local, comarcal ou rexional. Explícase a importancia das fontes de investigación, a necesidade de que sexan rigorosas e o seu diferente carácter (documentais, estatísticas, cartográficas, resultado do traballo de campo etc.)/ etc.). Valóranse as fortalezas e debilidades dos métodos cuantitativos e cualitativos. Insístese na necesidade de desenvolver traballo de campo e de observación directa. O manexo de cartografía xeral e temática. A elaboración de cadros, táboas e mapas: unha introdución xeral. A forma de concluír o traballo e como redactar unhas consideracións xerais.
1. Como elaborar un proxecto de investigación ou de consultoría de base territorial: os principios básicos e iniciais.
2. O establecemento de obxectivos e hipóteses. A opción por unha metodoloxía rigorosa.
3. As fontes para a análise territorial: unha aproximación tipolóxica.
4. A importancia do traballo de campo e a observación directa: o rigor no procedemiento a seguir.
5. As posibilidades do material cartográfico: unha introdución.
6. Como elaborar e producir o estudo territorial. A importancia do cumprimento dos obxectivos e a elaboración de conclusións.
BÁSICA
- Allende Landa, J. (2000): Medio ambiente, ordenación del territorio y sostenibilidad. Vitoria: Ed. Universidade do Pais Vasco
- Dramstad, W. E., Olson, J. D. e Forman, R. T. T. (1996): Landscape ecology principles in landscape architecture and land-use planning. Cambridge: Harvard University.
- Flowerdew, R. e Martin, D. (eds.) (2010): Methods in Human Geography. Harlow: Prentice Hall.
- Galiana, L. e Vinuesa, J. (coords.) (2010): Teoría y práctica para una ordenación racional del territorio. Madrid: Síntesis.
- Riera, P. (2000): Evaluación de impacto ambiental. Barcelona: Rubes.
- Silva, E. A., Healey, P., Harris, N. e Van den Broeck, P. (eds.). (2016): Routledge handbook of planning research methods. New York: Routledge.
- Stevens, N. J., Salmon, P. M., Walker, G. H. e Stanton, N. A. (2018): Human factors in land use planning and urban design: Methods, practical guidance and applications. Boca Raton: CRC Press.
COMPLEMENTARIA
- Arborio, A.-M. e Fournier, P. (2010): L’observation directe. Paris: A. Colin.
- Cadène, P. (2004): Le commentaire de cartes et de documents géographiques. Paris: Belin.
- Evert, K.-J (ed.). (2010): Encyclopedic dictionary of landscape and urban planning: Multilingual reference book in English, Spanish, French and German. Berlin: Springer.
- Clifford, N. J., French, S. e Valentine, G. (Eds.). (2010): Key methods in geography. London: Sage Publications.
- DeLyser, D., Herbert, S., Aitken, S., Crang, M. e McDowell, L. (Eds.). (2010): The SAGE handbook of qualitative geography. London: SAGE.
- Hall, P. e Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and regional planning. London: Routledge.
- Kitchin, R. e Tate, N. J. (2000): Conducting Research into Human Geography. Theory, Methodology and Practice. Harlow: Prentice Hall.
- Montello, D. R. e Sutton, P. C. (2006): An Introduction to Scientific Research Methods in Geography. Thousand Oaks: SAGE.
- Morange, M. e Schmoll, C. (2016): Les outils qualitatifs en géographie. Méthodes et applications. Paris: Armand Colin.
- Pujadas, R. e Font, J. (1998). Ordenación y planificación territorial. Madrid: Editorial Síntesis.
- Verdier, P. (2009): Le projet urbain participatif: Apprendre à faire la ville avec ses habitants. Paris: Ed. Y. Michel Adels.
- Weber, F., e Beaud, S. (2003): Guide de l’enquête de terrain: Produire et analyser des données ethnographiques. Paris: La Découverte.
- Hall, P. e Tewdwr-Jones, M. (2011): Urban and regional planning. London: Routledge.
- Montello, D. R. e Sutton, P. C. (2006): An Introduction to Scientific Research Methods in Geography. Thousand Oaks: SAGE.
- Morange, M. e Schmoll, C. (2016): Les outils qualitatifs en géographie. Méthodes et applications. Paris: Armand Colin.
- Ramos Fernández, A. (1979): Planificación física y Ecología. EMESA, Madrid.
- Verdier, P. (2009): Le projet urbain participatif: Apprendre à faire la ville avec ses habitants. Paris: Ed. Y. Michel Adels.
- Weber, F., e Beaud, S. (2003): Guide de l’enquête de terrain: Produire et analyser des données ethnographiques. Paris: La Découverte.
XERAIS E BÁSICAS
CG01 - Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes
CG02 - Capacidade de manter e extender posicionamentos teóricos fundados para abordar problemas de investigación no eido da análise xeográfica e territorial
CG04 - Capacidade de planificar e realizar tarefas de investigación no ámbito dos estudos e análises territoriais
CG05 - Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio
CG06 - Capacidade para abordar os problemas dende unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais e económicos das decisións territoriais
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a menudo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuizos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecemeentos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan aas habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
TRANSVERSAIS
CT02 - Capacidade analítica e de síntese
CT01 - Capacidade de búsqueda e selección de información
CT03 - Capacidade de realizar una exposición en público e debater con soltura sobre o tema que se está expoñendo
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial
CT07 - Capacidade de traballo e de resposta baixo condicións adversas (dificultade de comunicación entre membros dun equipo, prazos de entrega exiguos, falta de recursos, etc.)
ESPECÍFICAS
CE01 - Entender o marco legal e institucional da planificación e xestión territorial
CE04 - Capacidade para realizar procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental
CE06 - Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada na planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego
CE07 - Preparación e redación de informes de ordenación do territorio, planeamiento urbanístico e de xestión ambiental a través da análise crítica, a avaliación e a síntese de ideas novas e complexas
CE08 - Coñecer as técnicas, ferramentas e tecnoloxías que permiten realizar unha planificación e xestión territorial eficiente e a diferentes escalas (rexional, urbana, etc.).
CE09 - Capacidade para o diseño de políticas de planificación e xestión do uso do solo, así como da propiedade da terra
Dende o comezo do curso, estará activa a Aula Virtual da materia, na cal o alumnado poderá consultar os avances das clases teóricas e interactivas, entregar as tarefas e comunicarse coa docente e coa clase.
Nas aulas de tipo expositivo consideraremos os contidos teóricos referentes aos temas previstos. As aulas interactivas estarán dedicadas á estudos de casos prácticos, traballos das materias que, nalgúns casos, serán defendidos diante dos compañeiros e sometidos a un debate e discusión. Unha e outra metodoloxía non están disociadas, senón que se complementan ao longo do desenvolvemento da materia.
A docente atenderá as dúbidas que podan xurdir durante as horas de clases e nas horas de titorías individuais.
A avaliación para a primeira e a segunda oportunidade desagrégase en tres compoñentes:
1) Proba de avaliación de coñecementos e competencias: na data estabelecida polo centro, realizarase unha proba final presencial de avaliación (complementaria á avaliación continua). Computará o 25% da nota final.
2) Avaliación continua das actividades prácticas interactivas (de tipo individual e grupal). Computará o 60% da nota final.
3) Participación activa nas aulas expositivas e interactivas. Computará o 15% da cualificación final
Tódalas actividades serán entregadas a través do Campus Virtual.
Se a media non resulta nunha cualificación por riba de 5, cómpre afrontar a segunda oportunidade de avaliación.
Para o alumnado repetidor, aplícanse os criterios de avaliación para a primeira e a segunda convocatoria.
O alumnado ao que se lle concedese a dispensa de asistencia segundo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias será avaliado a través dunha proba específica que supón o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia ten atribuídos 3 créditos (ECTS), o que equivale a unha carga de traballo de 75 horas, que se distribúen en 9 horas de clase expositiva, 12 horas de clase interactiva, 3 horas de titorías e 51 horas de traballo persoal.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos teóricos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñíbles as titorías, alén das preguntas na aula e o “Foro de titoría pública” activo na Aula Virtual.
• Manter unha perspectiva crítica ao longo do estudo da materia.
• Revisar o Campus Virtual para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Lucrezia Lopez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- lucrezia.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 15 |
14.01.2025 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 18 |