Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer e analizar a importancia dos recursos didácticos para mellorar as actitudes cara as matemáticas.
- Coñecer as principais metodoloxías, instrumentos e técnicas de investigación e innovación en didáctica da matemática.
- Aplicar os principios básicos da investigación sobre o traballo práctico na análise de procesos vinculados a mellora da competencia matemática.
- Planificar investigacións sobre problemas relacionados ca práctica, en consideración cos avances teóricos no campo do coñecemento.
- Procesos de adquisición do coñecemento en matemáticas.
- Deseño e desenvolvemento de metodoloxías, instrumentos, técnicas, recursos para o ensino-aprendizaxe das matemáticas.
- Principios básicos da innovación e investigación en educación matemática.
Básica:
-Clements, D.H. y Sarama, J. (2007). Early childhood mathematics learning. En Frank K. Lester, Jr., Second Handbook of research on mathematics teaching and learning, (pp. 461- 555), Reston, VA: National Council of Teachers of Mathematics.
-Godino, J.D. (2013). Actividades de iniciación a la investigación en Educación Matemática. Uno. Revista de Didáctica de la Matemática, 63, 69-76.
Llinares, S. (1998) “La investigación “sobre” el profesor de Matemáticas: Aprendizaje del profesor y práctica profesional”. AULA. Revista de Enseñanza e Investigación Educativa, 10, 153-179
Complementaria:
-Alsina, A. (2012). Hacia un enfoque globalizado de la educación matemática en las primeras edades. Números. Revista de Didáctica de las Matemáticas, 80, 7-24.
-Ball, D.L., Thames, M.H., Phelps, G. (2008). Content Knowledge for Teaching. What Makes it Special? Journal of Teacher Education, 59(5), pp. 389-407.
- Baumert, J., Kunter, M., Blum, W., Brunner, M., Voss, T., Jordan, A.,
Klusmann, U., Krauss, S., Neubrand, M., Tsai, Y.M. (2010). Teacher?s Mathematical Knowledge, Cognitive; Activation in the Classroom, and Student Progress. American Education Research Journal, 47(1), pp. 133-180.
- Burghes, D. (Editor) (2012). Enhancing primary mathematics teaching and learning. CfBT Education Trust. Plymouth, Uk.
- Castro Martínez, E.; Olmo Romero, Mª A.; Castro Martínez, E. (2002). Desarrollo del pensamiento matemático infantil. Departamento de Didáctica de la Matemática. Universidad de Granada, Granada.
- Hill, H., Ball, D.L., Schilling, S. (2004). Developing Measures of Teachers? Mathematical Knowledge for Teaching. The Elementary School Journal, 105(1), pp. 11-30.
- Lee, P. y Lee, N.H. (2009). Teaching Primary School Mathematics: A Resource Book, Singapore: Singapore Mathematics Education Series.
- León Gómez, N.A. (2006). ¿Qué tan innovadores somos en Educación Matemática? Números, 63, 49-57.
- Lopes Guerreiro, M.H., Salinas Portugal , M.J. (2006). O Trabalho cooperativo nas aulas de matemática, numa turma de 5º ano: uma experiencia curricular. En M. .P. Bolea, M. J. González, M. Moreno (eds). Investigación en Educación Matemática XI, pp 256-267. Huesca. SEIEM. ( ISBN: 84-7985-261-5)
- Mato Vázquez, D.M. (2017). Aprender para enseñar matemáticas en Educación Infantil. Madrid: Pearson Educación S.A.
- Mato Vázquez, M.D. (2014). La afectividad hacia las matemáticas. Createspaces: United States. Teacher Education, 59(5), pp. 389-407.
- Pons Parra, R.M.; Serrano González-Tejero, J.M. (2011) La adquisición del conocimiento: una perspectiva cognitiva en el dominio de las matemáticas. Educatio Siglo XXI, vol. 29, núm. 2.
- Salgado, M., Salinas, M.J. e G. Sequeiros, P. Evaluación de la presencia de los procesos matemáticos en la resolución de un problema aritmético. EDMA0-6, 5 (1) (2016), 45-58
- Santos-Trigo, M. (2009). Innovación e investigación en Educación Matemática. Innovación Educativa, vol.9, núm. 46, 5-13.
- Sivianes Valdecantos, S. (2009). El trabajo por proyectos y las matemáticas. Números, 72, 75-80.
Competencias Básicas e Xerais
CB6 - Poseer e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinales no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos
novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplios (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudiantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
CB10 - Que os estudiantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que habrá de
ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
G1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
G3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
G4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
G6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
G7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia do aprendizaxe ao longo da vida.
G8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Competencias Transversais (T):
T1 Capacidade de análise e síntese.
T2 - Capacidade de adaptación a situacións novas
T3- Traballar de forma autónoma e con iniciativa
T4 - Traballar de forma colaborativa
T5 - Capacidade de organización e planificación en ámbitos educativos disciplinares e interdisciplinares.
T6- Capacidade de innovar (creatividade) dentro de contextos educativos escolares e non escolares.
T7 - Comportarse con ética e responsabilidade social e medioambiental como docente e/o investigador.
T8 - Ser capaz de comunicarse cos seus compañeiros, coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral no ámbito das súas
áreas de coñecemento.
T9 - Incorporar as TIC no proceso de investigación e a xestión da información, o análisis de datos e a difusión e
comunicación de resultados.
T10 - Ter capacidade para actualizar os coñecementos, metodoloxías e estratexias na práctica docente.
Competencias Específicas
E6 - Establecer os descriptores xerais que caracterizan unha investigación: seleccionar, elaborar, tratar e interpretar os datos, e
presentar os resultados de acordo cos propósitos da investigación.
E7 - Capacidade de aplicar coñecementos teóricos relativos ás Didácticas Específicas, tanto á investigación como á
innovación e á avaliación.
E8 - Ser capaz de defender e argumentar de forma oral e escrita o traballo de investigación e/o innovación realizado, empregando no seu caso recursos audiovisuais de apoio.
E10 - Coñecer os fundamentos teóricos que sosteñen a investigación e innovación no ámbito das Didácticas Específicas.
E12 Identificar as principais liñas de investigación e innovación e a súa evolución nas Didácticas Específicas.
E13 Analizar e valorar criticamente investigacións e proxectos de innovación en ámbitos disciplinares específicos.
E14 Coñecer diferentes tipos de metodoloxía que se empregan na investigación educativa considerando a súa pertenza para a resolución de problemas concretos.
E17 - Seleccionar, adaptar e aplicar materiais e recursos TIC e de outra índole, para mellorar a ensinanza e aprendizaxe dos
diferentes ámbitos disciplinares.
E18 - Recoñecer a investigación e a innovación aplicada ás ciencias da educación como ferramenta continua de innovación
e mellora educativa e social.
As sesións expositivas consistirán basicamente na presentación por parte do profesorado do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia, ao tempo que os estudantes poidan formular cuestións e tratar de resolver dificultades. O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas os estudantes poderán formular cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou tentar resolver calquera outra dificultade.
En particular, o alumnado deberá desenvolver un proxecto de investigación e/ou innovación co se que persegue a consecución dunha aprendizaxe de carácter práctico a través da que se propoñen situacións que requiren identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas.
O alumnado contará con aula virtual, a través da cal se realizarán as comunicacións oficiais e se procurará proporcionar todo o material necesario para a realización das actividades propostas.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) Proxecto de investigación e /ou innovación (30%). Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese. Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
B) Presentación oral (10%). O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa dun traballo. Terase en conta a corrección na expresión oral, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que se formulen.
C) Aprendizaxe colaborativa (10%). Considerarase a participación razoada nas actividades propostas e a aportación ás dinámicas de grupo.
Parte 2:
Proba final (50%). Consistirá nunha proba mixta teórico-práctica sobre os coñecementos abordados na materia.
Para superar a materia será necesario superar as dúas partes, 1 e 2.
O alumnado con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías na primeira semana do semestre, a fin de concretar o plan de traballo.
A súa avaliación levarase a cabo seguindo o seguinte esquema:
A) Proxecto de investigación e /ou innovación (30%). Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese. Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
B) Realización de tarefas (20%). Traballo individual das distintas tarefas que se plantearán en cada unha das sesións e se explicitarán sesión a sesión ao alumnado desta modalidade.
Parte 2:
Proba final (50%). Consistirá nunha proba mixta teórico-práctica sobre os coñecementos abordados na materia.
Para superar a materia será necesario superar as dúas partes, 1 e 2.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisións de cualificacións.
Horas presenciais: 21
Horas non presenciais/traballo autónomo: 53
Horas totais: 74
O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe. A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará ao estudante a avanzar nas súas aprendizaxes e consolidalas.
Os traballos que se avalíen deberán seguir as pautas de adecuación, forma e corrección esixibles a un traballo académico. A estes efectos, poderán tomarse como referencia as pautas xerais establecidas para a elaboración do TFM, e necesariamente as indicacións concretas que se fagan no desenvolvemento da materia.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisións de cualificacións.
Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Salgado Somoza
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812078
- Correo electrónico
- maria.salgado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
19.05.2025 18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |
27.06.2025 16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 14 |