Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1) Coñecer desde uhna perspectiva científica e educativa a natureza complexa do concepto e da práctica do desenvolvemento
2) Introducir aos estudantes na análise multidisciplinar e multidimensional das relacións entre educación e desenvolvemento
3) Desentrañar, comprender e actualizar a noción de comunidade local como espazo para a práctica dunha educación que facilite a construción da cidadanía e e logro de mellores condicións de vida.
4) Dotar dos elementos conceptuais e analíticos para a acción e a investigación no ámbito da comunidade e o desenvolvemento local.
5) Aproximar críticamente aos estudantes ás últimas tendencias e modelos no campo da Educación Ambiental, a política ambiental e o cambio climático.
6) Promover a investigación educativa relacionada coas dimensións sociais, éticas e políticas do medio-ambiente e do cambio climático e a cultura da sustentabilidade.
7) Promover o coñecemento e a práctica referida aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS): Fin da pobreza (1), Educación de calidade (4), Cidades e comunidades sostibles (11) e Acción polo clima (13).
I. A COMUNIDADE E O DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO: APROXIMACIÓN TEÓRICA
1. O concepto e a práctica do desenvolvemento: evolución teórica e conceptual do concepto convencional de desenvolvemento
2. Teorías e modelos contemporáneos de desenvolvemento
3. A comunidade, definicións e fundamentos
4. O desenvolvemento comunitario local, concepto e obxectivos
5. Modelos de desenvolvemento comunitario
II. ENFOQUES METODOLÓXICOS, ESTRATEXIAS, TÉCNICAS E EXPERIENCIAS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA E SOCIAL PARA O DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO
1. O comunitarismo: do individualismo a comunidade
2. A comunidade como principio pedagóxico
3. Estratexias de aprendizaxe en comunidade
4. Procesos de construción de comunidades sostibles
5. Metodoloxía e técnicas da intervención en desenvolvemento comunitario
6. As boas prácticas nos procesos de intervención para o desenvolvemento comunitario
7. A investigación socioeducativa no marco do desenvolvemento comunitario
III. CULTURA DA SOSTIBILIDADE E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO
1. As representacións da crise ambiental: problemática socio-ambiental e dimensións interpretativas.
2. As respostas á crise ambiental: do desenvolvemento sostible ao decrecemento xusto.
3. Investigar en Educación Ambiental dende a perspectiva da cultura da sostibilidade.
4. O cambio climático (CC) como problema socio-educativo: as representacións sociais no interface ciencia-sociedade.
5. O papel da educación, a comunicación e a participación social nas políticas de resposta ao CC.
6. Análise de boas prácticas de educación, comunicación e participación social relacionadas co CC.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bauman, Z. (2006). Comunidad: En busca de seguridad en un mundo hostil. Siglo XXI.
Caride, J. A.; Pereira, O.; Vargas, G. (2007). Educação e Desenvolvimento Comunitário Local. Profediçoes.
Etzioni, A. (2001). La Tercera Vía hacia una buena sociedad. Propuestas desde el comunitarismo. Trotta.
González, E. y Meira, P. A. (2009). “Educación, comunicación y cambio climático. Resistencias para la acción social responsable”. Trayectorias. Revista de Ciencias Sociales, Vol. 11, nº 29, pp. 6-38.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Arias, M.A. (2013). La construcción del campo de la Educación Ambiental: análisis, biografías y futuros posibles. Universidad de Guadalajara.
Bauman, Z, (2011). Daños colaterales: desigualdades sociales en la era global. Fondo de Cultura Económica.
Caride, J.A. y Meira, P.A. (2001). Educación ambiental y desarrollo humano. Ariel.
Delanty, G. (2006). Community. Comunidad, educación ambiental y ciudadanía. Graó.
Dubois, A. (2013). Localismo, globalización y desarrollo humano. Una visión alternativa a la globalización capitalista. Documentación Social, 172, 203-218
González-Gaudiano, E.J., & Meira, P. Á. (2020). Educación para el cambio climático ¿Educar sobre el clima o para el cambio? Perfiles Educativos, 42 (168), 157-174. https://doi.org/10.22201/iisue.24486167e.2020.168.59464
González-Gaudiano, E.J., & Meira, P. Á. (2019). Environmental education under siege: Climate radicality. The Journal of Environmental Education, 50 (4-6), 386-402. https://doi.org/10.1080/00958964.2019.1687406.
Heras, F. & Meira, P.Á. (2014). “¿Cómo podemos mejorar la calidad de la información sobre el cambio climático?”, en León, B. (Coord.): Periodismo, medios de comunicación y cambio climático. Comunicación Social.
Herrero, Y., Cembranos, F., Pascual, M. (Eds) (2011). Cambiar las gafas para mirar el mundo. Ecologistas en acción.
Ilidio, F.; Vargas, G. y Freitas, O. (2015). Educaçao, desenvolvimento e açao local comunitaria. Instituto das Comunidades Educativas (Cadernos ICE).
Jodelet, D. (1986). “La representación social: fenómenos. Concepto y teoría”. En Moscovi- ci, S. (Ed.). Psicología social, II. Pensamiento y vida social. Psicología social y problemas sociales (pp. 469-494). Paidós.
Krause, M. (2012). Hacia una redefinición del concepto de comunidad -cuatro ejes para un análisis crítico y una propuesta. Revista de Psicología, 10 (2). DOI: 10.5354/0719-0581.2001.18572
Meira, P.Á. (2019). Climate Change and Education. In Leal, W., Azeiteiro U., Azul A., Brandli L., Özuyar P., & Wall T. (Eds.). Climate Action. Springer. https://doi.org/10.1007/978-3-319-71063-1_27-1.
Meira, P. A. (2006). “Crisis ambiental y globalización: una lectura para educadores ambientales en un mundo insostenible”. Trayectorias. Revista de Ciencias Sociales, Nº 20/21, enero-agosto, pp. 110-123.
Meira, P.Á.(Dir.); Arto, M.; Heras, F.; Iglesias, L.; Lorenzo, J.J. y Montero, P. (2013). La respuesta de la sociedad española ante el cambio climático. 2013. Fundación Mapfre.
Meira, P. Á. (2015). “¿Hay un agujero en la capa de ozono de tu cambio climático?”. Mètode. Science Studies Journal, 85, pp. 49-55. DOI: 10.7203/metode.85.4219.
Monográfico “La agenda internacional del desarrollo tras el año 2015” (2014). Documentación Social. Revista de Estudios Sociales y Sociología Aplicada, 152.
Orduna, Mª G. (2000). La educación para el desarrollo local: una estrategia para la participación social. EUNSA.
Trainer, T. (2017). La vía de la simplicidad. Hacia un mundo sostenible y justo. Trotta.
Úcar, X. (coord.) (2009). Enfoques y experiencias internacionales de acción comunitaria. Graó.
Úcar, X. y Llena, A. (Coords.). (2006): Miradas y diálogos en torno a la acción comunitaria. Graó.
Vargas, G. (2005). Educación y desarrollo en los Andes. Peter Lang.
Vargas, G. (2009). Estrategias educativas para la re-construcción de comunidades sostenibles. Proyecto CADISPA – Escocia. En Rocha, B. (coord.) Desenvolvimento comunitario (pp. 217-234). Das teorias às práticas. Gerpress.
REFERENCIAS WEB
Carpenter, M. y Purcell, R. (Ed.) (2012). The Lisbon Papers: Transformative leadership and empowering communities. Community Development Journal (CDJ), Oxford University Press. Publicación electrónica: http://cdjplus.files.wordpress.com/2012/08/the-lisbon-papers2.pdf
Community Development Journal: http://cdj.oxfordjournals.org/
Escudero, J.M. (2009). Buenas prácticas y programas de atención al alumnado en riesgo de exclusión educativa. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, XIII (3), 108-148. Publicación electrónica: http://www.ugr.es/~recfpro/rev133ART4.pdf.
International Journal of Environmental and Science Education (IJESE): http://www.ijese.com/index.htm
Meira, P. (2009). Comunicar el Cambio Climático. Escenario social y líneas de acción. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Organismo de Parques Naturales, Madrid. Publicación electrónica: http://www.mma.es/portal/secciones/cambio_climatico/documentacion_cc/di…- municacion.pdf
Monográfico “Pedagogía social comunitaria y exclusión social” (2014). Educación Social. Revista de intervención socioeducativa, 57. Publicación electrónica: http://www.raco.cat/index.php/EducacioSocial/issue/view/20992/showToc
Ríos, O. (2013). Transformación Sociocultural y Desarrollo. Buenas Prácticas o Actuaciones de Éxito. Multidisciplinary Journal of Educational Research, III (2), 173-199. Publicación electrónica:http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4406911
Taibo, C. (2019). El decrecimiento explicado con sencillez. Los Libros de la Catarata.
https://www.solidaridadobrera.org/ateneo_nacho/libros/Carlos%20Taibo%20…
Vargas, G., Varela, L. y Aparicio, P. C. (2014). Aproximación educativa y social a la acción comunitaria en España y Alemania. Revista de Educación Social, 19. Publicación electrónica: http://www.eduso.net/res/19/articulo/aproximacion-educativa-y-social-a-…
a) Xerais
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
b) Específicas
CE8 - Analizar as relacións entre políticas de desenvolvemento e benestar social.
CE13 - Relacionar as realidades do desenvolvemento e a educación.
CE14 - Identificar as potencialidades da comunidade para o logro de mellores condicións de vida no ámbito local.
c) Outras competencias da materia
- Destreza no manexo de conceptos: desenvolvemento, educación, comunidade, desenvolvemento comunitario, medioambiente e cambio climático.
- Dominio dos fundamentos teóricos, ideolóxicos e políticos da Educación Ambiental, o desenvolvemento sostible e o cambio climático.
- Capacidade para relacionar as realidades do desenvolvemento, a educación e o medio ambiente.
- Análisis das realidades locais desde a perspectiva do desenvolvemento e a educación.
- Coñecemento e capacidade de análise das potencialidades da comunidade para o logro de mellores condicións de vida a nivel local.
- Desenvolver un discurso propio, complexo e fundamentado sobre o paradigma do “desenvolvemento sostible” e as súas sus implicacións sociais e pedagóxicas.
- Manexo da literatura científica actual nos campos da comunidade, o desenvolvemento, a educación ambiental e o cambio climático.
A acción docente fundamentarase nos principios da participación, a discusión e o desenvolvemento do pensamento crítico – práctico. Para o logro deste propósito empregaranse ás seguintes estratexias metodolóxicas:
-Lectura e análise de textos e artígos de carácter científico.
-Dinámicas de participación e discusión na aula.
-Aplicación de materiais audiovisuais que permitan “vivenciar” procesos e experiencias educativas relacionadas co desenvolvemento comunitario e a interacción humanidade-ambiente.
-Exposicións maxistrais por parte do profesorado do seminario, co obxectivo de compartir coñecementos de carácter teórico e práctico.
Para o conveniente desenvolvemento da materia recorrerase ao uso da aula virtual como: plataforma de comunicación co alumnado, repositorio de contidos e lecturas e, tamén, espazo para a entrega das tarefas encargadas.
En función das condicións e posibilidades contextuais xestionarase a realización dunha práctica de campo para coñecer "in situ" algunha experiencia de educación e desenvolvemento comunitario que, de estimarse conveniente, poderá implicar a outras materias da titulación.
Para a avaliación nesta materia contémplanse dúas modalidades: a avaliación por módulo e avaliación por materia específica. En condicións normais optarase pola avaliación por módulo, en casos extraordinarios procederase segundo a segunda modalidade.
EVALUACION POR MÓDULO
a) Traballo de módulo (70%)
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse a esta modalidade de avaliación, que na materia contempla a realización da seguinte tarefa:
“Identificación e análise de boas prácticas ( BBPP)”. Que consistirá na análise dunha boa práctica de desenvolvemento comunitario, de xestión da diversidade cultural, de iniciativa cultural ou social, de plan comunitario ou de sustentabilidade socio-ambiental integrada no marco das dinámicas de transformación e mellora da comunidade local. Poden tratarse de accións promovidas pola comunidade local, os concellos ou organizacións cívicas e do terceiro sector. A/ o coordinadora/ or de módulo especificará as directrices de realización do traballo, que tamén estarán publicadas na aula virtual da Coordinación do Máster.
b) Traballos propios da materia (30%)
Implicará a realización das seguintes tarefas:
- Participación nas actividades de aula.
- Traballo 1
Elaborar un ensaio de entre 600 e 700 palabras sobre a seguinte cuestión: Está a ser incorporada a emerxencia climática no campo educativo?
Utilizar como base para este ensaio o tratado na materia e a lectura dos seguintes artigos:
- Lectura 1: González- Gaudiano, E., Meira- Cartea, P.*Á., Gutiérrez-Pérez, J. (2020). Como educar sobre a complexidade da crise climática? Cara a un currículo de emerxencia. Revista Mexicana de Investigación Educativa, 25 (87), 843-872.
- Lectura 2: Heras, F. (2015). A educación en tempos de cambio climático. Facilitar a aprendizaxe para construír unha cultura de coidado do clima, Métode, 85, 57-63.
- Traballo 2
Investigación sobre “realidades, iniciativas e experiencias prácticas desde a perspectiva comunitaria”. O obxectivo do traballo é coñecer iniciativas de organización social e intervención educativa fundamentadas no principio “comunidade” e analizar experiencias e dinámicas comunitarias desde unha visión educativa e social.
O traballo será realizado en grupo e presentado na clase. As directrices para a elaboración da tarefa serán explicadas polo profesor/a e tamén estarán publicadas na aula virtual da materia.
AVALIACIÓN POR MATERIA ESPECÍFICA
(para matriculados a tempo parcial, repetidores)
No caso de que o alumno, por calquera razón xustificada non se adscriba ao modelo de avaliación por módulo, será cualificado en función do manexo e coñecemento dos contidos propios de cada materia e a realización de prácticas e tarefas específicas. A cualificación será outorgada en base ás seguintes actividades:
a) Exame (70%).
Que consistirá nunha proba teórica escrita que abordará os contidos impartidos na materia.
b) Realización de traballos en aula (30%)
Que replicará todas as actividades e tarefas indicadas para cubrir o 30% do traballo de módulo.
ALUMNOS/AS CON DISPENSA DE ASISTENCIA PRESENCIAL
As tarefas indicadas corresponden aos traballos propios da materia (30%), que deben ser completadas coa realización do traballo de módulo (70%).
Prof. Germán Vargas Callejas
Lecturas:
Lectura, síntesis e crítica dos textos 1, 3, 4 y 7 do dossier da materia (máximo dois folios por artículo, que debe integrar: primeiro, unha síntesis e, segundo, unha crítica ao contido do texto).
Traballo de investigación:
Elaboración individual do traballo “REALIDADES, INICIATIVAS E EXPERIENCIAS PRÁCTICAS DESDE A PERSPECTIVA COMUNITARIA”, siguindo as “directrices do traballo grupal” publicadas na aula virtual da materia.
Prof. Pablo Meira Cartea
Ensaio:
Elaborar un ensaio de entre 600 y 700 palabras sobre a siguiente cuestión: ¿Está sendo incorporada a emerxencia climática no campo educativo?
Utilizar como base para este ensaio o tratado na materia e a lectura dos seguintes artigos:
Lectura 1: González-Gaudiano, E., Meira-Cartea, P.Á., Gutiérrez-Pérez, J. (2020). ¿Cómo educar sobre la complejidad de la crisis climática? Hacia un currículum de emergencia. Revista Mexicana de Investigación Educativa, 25 (87), 843-872.
Lectura 2: Heras, F. (2015). La educación en tiempos de cambio climático. Facilitar el aprendizaje para construir una cultura de cuidado del clima, Métode, 85, 57-63.
Data de entrega: a establecida na aula virtual.
- Lecturas e realización de traballos individuaiss e en grupo (45% do tempo).
- Sesións de clase maxistral (20% do tempo).
- Debates en pequeno e gran grupo (15% do tempo)
- Videoforums (10% do tempo).
- Titorías personalizadas (10% do tempo).
Para facilitar os procesos de ensino-aprendizaxe será moi importante realizar as lecturas específicamente encargadas para complementar ou preparar as sesións presenciais. A súa análise e discusión será fundamental no desenvolvemento do seminario.
DESENVOLVEMENTO DA MATERIA
Buscarase a complementariedade de enfoques teórico-conceptuais e de lecturas entre todos os seminarios do mesmo bloque.
TITORÍAS
Prevese un tempo específico para a realización de titorías co/a coordinador/a de módulo e tamén cos respectivos profesores da materia.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Por sentido de coidado e de responsabilidade co ámbito natural e humano, nesta materia, de forma OBRIGATORIA, esíxese para a presentación de traballos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir polas dúas caras do folio.
- Non utilizar follas de papel en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
COMUNICACIÓN CO PROFESORADO
É obrigatorio que o alumnado empregue o correo electrónico institucional da universidade (@ rai. usc.es) na súa comunicación co profesorado.
NORMAS PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas da American Psychological Association (APA) 7ª edición.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Outras observacións:
- É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Existe a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidade- proteccion-datos.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas procederase á aplicación da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Pablo Angel Meira Cartea
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813747
- Correo electrónico
- pablo.meira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rita Gradaille Pernas
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813817
- Correo electrónico
- rita.gradaille [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
German Vargas Callejas
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813820
- Correo electrónico
- german.vargas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.05.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |