Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 134 Horas de Titorías: 11.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Economía Cuantitativa, Economía Aplicada
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Economía Cuantitativa (propia da USC), Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Identificar os elementos relevantes do tema proposto para o seu estudo e a metodoloxía adecuada para afrontar a análise.
Motivar a relevancia da análise proposta, manexar con solvencia os instrumentos e técnicas aplicables, organizar adecuadamente o traballo e sintetizar os resultados e conclusións obtidos.
Valorar as capacidades propias para a análise, apreciar a importancia de ter enfoques ou ideas orixinais e estimular o espírito crítico e positivo.
O Traballo Fin de Máster (TFM) deberá ser realizado de forma autónoma polo alumnado, aínda que sempre estará supervisado por un titor asignado pola Comisión Académica. Adoptará a forma de texto escrito con unha extensión máxima de quince mil palabras.
O TFM deberá ser presentado ante un tribunal, que o avaliará. Dito tribunal será designado pola Comisión Académica.
Non procede recomendar bibliografía, que deberá ser resultado das recomendacións do titor e a propia busca do estudante, en función do tema elixido para o TFM.
Competencias básicas e xenéricas
• Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en contextos novos ou pouco coñecidos.
• Capacidade de pensar, deseñar e poñer en práctica un proceso substancial de investigación no campo da economía en xeral, e en particular nas súas áreas de especialización, con rigor académico.
• Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
• Capacidade para a crítica e a defensa intelectual das solucións propostas.
• Capacidade para presentar e defender con rigor, claridade e precisión novas ideas tanto no contexto habitual de traballo como en reunións científicas nacionais ou internacionais.
• Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
• Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias específicas
• Capacidade para defender argumentos económicos con claridade e precisión tanto no ámbito habitual de traballo, como en reunións científicas nacionais e internacionais.
• Propoñer con suficiente precisión e rigor un proxecto de investigación en economía.
• Elaborar informes económicos coxunturales e estudios orientados a analizar e predicir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos.
• Participar en grupos de traballo interdisciplinarios ligados ao estudio das tendencias socioeconómicas de longo prazo.
• Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
• Analizar as vantaxes e os inconvenientes da regulación e das políticas económicas e propoñer alternativas.
• Discernir o alcance e as limitacións das conclusións e xuízos que se derivan do emprego de teorías e modelos económicos.
Competencias transversais
• Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade y precisión ante outros especialistas traballos, propostas, novas ideas etc.
• Comunicación oral e escrita.
• Capacidade para comunicarse por oral y por escrito en lingua inglesa.
• Destrezas para investigar.
Existirá un profesor coordinador do Traballo Fin de Máster (TFM) que se ocupará de solicitar dos profesores do Máster un listado de temas para ofrecer aos estudantes, de tal forma que exista oferta suficiente para os estudantes matriculados. Os traballos ofertados deberán estar vinculados a unha especialidade. Cada profesor deberá actuar como titor dos traballos propostos. Nos prazos que o profesor coordinador do TFM estableza ao longo do curso, faranse públicos aos estudantes e titores os temas dispoñibles e cada estudante clasificará os temas en función das súas preferencias. En caso de que algún tema sexa solicitado por mais de un estudante, os traballos asignaranse en función da nota media das materias do Máster cursadas no primeiro cuadrimestre. Calquera posible empate que persista resolverase por sorteo.
O desenvolvemento do traballo por parte do estudante contará con titorías personalizadas co titor asignado.
A avaliación final está composta por:
• 40%: Informe do titor do TFM.
• 60%: Defensa e presentación presencial ante un tribunal composto por tres persoas que serán profesores con docencia no Máster.
Actividades para realizar de forma autónoma polo alumnado: realización do TFM: 140 horas.
Actividades que requiren presencialidade (aínda que sexa por medios telemáticos): titorías, presentación e defensa do TFM: 10 horas.