Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 57 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 6 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar aos estudantes as técnicas necesarias para poder desenvolver con éxito investigacións no campo económico que contribúan a xerar novo coñecemento.
INVESTIGACIÓN DESCRITIVA
1. Cuestións sobre medición.
2. Técnicas de análise de datos.
EXPERIMENTOS E CUASI-EXPERIMENTOS
3. Experimentos aleatorios.
4. Deseño de investigación con datos procedentes de cuasi-experimentos e datos observacionais.
A TEORÍA E A EVIDENCIA EMPÍRICA
5. Modelos estruturais.
6. Inferencia causal.
Angrist, J. e J.-S. Pitschke (2009), "Mostly Harmless Econometrics". Princeton University Press.
Cinelli, C. et al. (2022) "A crash course in good and bad controls". Sociological Methods & Research.
Cunningham, S. (2021), "Causal Inference. The Mixtape". Yale University Press.
Hastie, T. et al. (2009), "The elements of statistical learning: data mining, inference, and prediction." Springer.
Huntington-Klein, N. (2022), "The Effect. An Introduction to Research Design and Causality". Chapman & Hall.
Pearl, J. (2009), "Causality" (2nd ed). Cambridge University Press.
Pearl, J., et al. (2016), "Causal Inference in Statistics. A Primer". Wiley.
Descrición xeral A materia nútrese dos procedementos e metodoloxías da investigación científica para xerar análises e recomendacións rigorosas no campo da intelixencia competitiva dunha empresa ou na xeración de informes para axentes externos públicos e privados.
COMPETENCIAS DA TITULACIóN
Competencias específicas CE5, CE6, CE8, C10, C13
Competencias transversais CT1, CT7, CT8, CT9
A materia combinará:
-Sesións de docencia expositiva, onde se expoñerán os contidos da materia a través de leccións maxistrais apoiadas con presentacións audiovisuais.
-Actividades semanais de auto-avalación dos coñecementos adquiridos nas sesións de docencia expositiva.
-Unha actividade programada que se desenvolverá de xeito continuo.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
Avaliación continua (10 puntos): Informe final da actividade realizada de xeito continuo durante o desenvolvemento da materia, que deberá entregarse antes da data establecida na guía docente da materia. Para a oportunidade extraordinaria esixirase a entrega deste mesmo informe. En todos os casos o traballo remitirase por correo electrónico no formato demandado.
O sistema de avaliación na oportunidade extraordinaria de recuperación é o mesmo que na oportunidade ordinaria.
O alumnado repetidor será avaliado do mesmo xeito que o non repetidor.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clases segundo a normativa vixente avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais estimadas de adicación á materia son 75, distribuidas do seguinte xeito:
- Horas de docencia presencial: 15.
- Horas de titorización de actividades: 25
- Horas de traballo autónomo por parte do alumno/a: 35
A asistencia regular e activa ás sesións e a revisión en profundidade da bibliografía considéranse os elementos fundamentais para o bó aproveitamento da materia.
Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que a bibliografía está escrita íntegramente nesta lingua.
Manuel Fernandez Grela
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811534
- Correo electrónico
- mf.grela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
13:15-14:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
Venres | |||
12:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula de Informática 5 |
14.10.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
14.10.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
07.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 4 |
07.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 4 |