Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 114 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia obligatoria son presentar ós alumnos instrumentos de análise dos ciclos económicos, así como das principais teorías do crecemento económico a longo prazo. Os modelos que se lles presentan ós alumnos e alumnas permiten, por unha banda, a comprensión do comportamento a curto prazo dunha economía, en base ós diferentes modelos macroeconómicos de Oferta Agregada e Demanda Agregada. Deste xeito, pódese interpretar a coxuntura económica en base ás diferentes perturbacións de oferta e demanda, identificando os efectos temporais e permanentes das mesmas nos principais indicadores macroeconómicos. Por outra banda, os modelos de crecemento permitirán entender o comportamento a longo prazo da economía, e cómo esta se axusta dinámicamente ós diferentes equilibrios de longo prazo ante cambios nos determinantes do crecemento.
TEMA 1. O Modelo de xeracións solapadas
TEMA 2. O modelo de emparellamento vacantes-desempregados
TEMA 3. Introducción aos ciclos económicos reais.
- Breve historia.
- Contas nacionais.
- Descomposición ciclo-tendencia.
TEMA 4. O modelo de crecemento neoclásico.
- O modelo Cass-Koopmans.
- Estratexia cuantitativa para a análise agregada.
TEMA 5. O modelo de ciclos reais.
- O modelo dun sector: a indivisibilidade do traballo.
- O modelo de dous sectores: Cambio tecnolóxico específico ó investimento. Capital intanxible.
- O modelo de tres sectores: Producción no fogar.
TEMA 6. Política fiscal e monetaria.
Básica:
- ROMER, D. (2006): Macroeconomía Avanzada, 3º Ed. McGraw-Hill
- SORENSEN, P e H. JACOBSEN (2008): Introducción a la macroeconomía avanzada. McGraw-Hill
- BLANCHARD, O.J. e S. FISHER (1989):Lectures on Macroeconomics. MIT Press
Complementaria:
- BARRO, R. E X. SALA i MARTÍ (2003):"Economic Growth". McGraw-Hill
- JONES, CHARLES I (2000), INTRODUCIÓN AO CRECEMENTO ECONÓMICO. Pearson Educación.
- HELPMAN, E. (2007) El misterio del crecimiento económico. Antoni Bosch, Barcelona
- WEIL, D.N. (2007) Crecimiento económico. Pearson, Madrid.
Básicas e xerais:
CX1 - Aplicar os coñecementos de economía á identificación, previsión e solución dos problemas económicos en xeral, e en particular os relativos ao nivel de especialización, en contornas novas ou pouco coñecidos.
CX3 - Capacidade para realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CX6 - Traballar tanto en equipo como de xeito autónomo nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CX8 - Capacidade para entender e explicar datos económicos e para traballar con eles mediante as técnicas máis actuais.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complejidad de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as Responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
Transversais
CT1 - Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT4 - Capacidade para interaccionar e defender con rigor, claridade e precisión ante outro especialistas traballos, propostas, novas ideas etc.
CT5 - Comunicación oral e escrita.
CT6- Capacidade de xestión da información
Específicas
CE2 - Coñecemento rigoroso dos modelos micro e macroeconómicos e a súa aplicación precisa a situacións concretas.
CE4 - Capacidade para modelar situacións económicas concretas e obter resultados con datos numéricos aplicando as técnicas econométricas pertinentes.
CE5 - Capacidade para defender argumentos económicos con claridade e precisión tanto na contorna habitual de traballo, como en reunións científicas nacionais e internacionais.
CE6 - Suscitar con suficiente precisión e rigor un proxecto de investigación en economía.
CE9 - Elaborar informes económicos coyunturales e estudos orientados a analizar e predecir o comportamento de curto prazo da economía e os seus efectos sobre sectores e mercados específicos.
CE11 - Analizar o papel das institucións públicas na economía a través da regulación de mercados e da implementación de políticas que inciden sobre a actividade empresarial.
CE12 - Analizar as vantaxes e os inconvenientes da regulación e das políticas económicas e propoñer alternativas.
A metodoloxía de ensinanza estará baseada nas clases expositivas nas que os profesores presentarán os principais contidos, e nas que os alumnos deberán participar activamente nas discusións e debates que os profesores presenten.
De xeito complementario poderán realizarse estudos de casos, prácticas realizadas de xeito autónomo polos alumnos a través do campus virtual, resolución de exercicios (tanto en gran grupo como de xeito autónomo).
As clases expositivas e interactivas terán lugar na aula física. A metodoloxía de ensinanza estará baseada nas clases expositivas nas que os profesores presentarán os principais contidos, e nas que os alumnos deberán participar activamente nas discusións e debates que os profesores presenten. De xeito complementario poderán realizarse estudos de casos, prácticas realizadas de xeito autónomo polos alumnos a través do campus virtual, resolución de exercicios (tanto en gran grupo como de xeito autónomo).
Segundo o contido na memoria do título a participación activa e continuada do alumnado nas actividades propostas suporá un 30% da nota final, mentres que o 70% se corresponderá coa calificación da proba final, que será de carácter escrito, a determinar polos profesores.
A puntuación obtida no apartado de avaliación continua manterase para a segunda oportunidade, de non superarse a materia na primeira oportunidade. Na segunda oportunidade de xuño/xullo farase un exame que ponderará un 70% frente á nota da avaliación continua que contará un 30%.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (Horas)
Clases de pizarra 20
Clases prácticas ou de ordenador 10
Avaliación 2
Total horas traballo presencial na aula 32
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (Horas)
Estudo autónomo individual ou en grupo 20
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 15
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca, preparación de presentacións orais, debates ou similar 6
Avaliación 2
Total horas traballo persoal do alumno 43
HORAS TOTAIS DE TRABALLO DO ALUMNO: 75
Asistencia a clases
Asistencia a titorías
Realización actividades propostas
Fernando Del Rio Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Correo electrónico
- fernando.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Xavier Lores Insua
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811680
- Correo electrónico
- franciscoxavier.lores [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula de Informática 5 |
Mércores | |||
13:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula de Informática 5 |
13.12.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
13.12.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |
08.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 5 |
08.05.2025 10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 5 |