-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5
Horas de Titorías: 4.5
Clase Expositiva: 13.5
Clase Interactiva: 18
Total: 112.5Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Organización de Empresas e ComercializaciónÁreas:
Comercialización e Investigación de MercadosCentro
Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Os obxectivos pódense concretar do seguinte xeito:
Coñecemento dos métodos de investigación máis relevantes en dirección de empresas.
Capacidade para deseñar un traballo de investigación.
Deseño dunha enquisa e tratamento dos datos utilizando diversos programas estatísticos de aplicación na investigación en Dirección de empresas.
Capacidade para interpretar os resultados e extraer conclusións relevantes.
Coñecemento das revistas de impacto en Dirección de empresas e do proceso de publicación.Os contidos que se desenvolverán durante o curso aparecen reflectidos no descriptor da materia do plan de estudos do Máster.
O programa da materia está dividido en 4 temas básicos, que se indican a continuación:
TEMA 1. O MÉTODO CIENTÍFICO: Técnicas para la investigación en dirección de empresas
TEMA 2. BASES DE DATOS: Recollida de datos.
TEMA 3. TRATAMENTO: Análise de datos.
TEMA 4. DIVULGACIÓN: Revistas cientificas en dirección de empresasSARABIA, F.J. (1999) "Metodología para la investigación en marketing y dirección de empresas". Ed. Pirámide.
URIEL, E. y ALDÁS, J. (2005) “Análisis multivariante aplicado”. Ed. Thomson
BYRNE, B.M. (1994) “Structural equation modeling with EQS and EQS/Windows”. Ed. Sage
MALHOTRA, N. (2008) "Investigación de mercados" 5ª Edición Prentice-Hall.
AEDEMO (2000) "La investigación en marketing".
FERNÁNDEZ, A. (1999) "Investigación de mercados: obtención de la información" ed. CivitasCompetencias da titulación ás que contribúe a materia:
CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB02- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CG01- Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG04- Capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG09- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT04- Capacidade de planificación e organización.
CE01- Visión de conxunto da empresa e a súa contorna, que permita diagnosticar e comprender problemas complexos, analizalos e tomar decisións adecuadas, sendo consciente do seu alcance.Docencia presencial. Nas clases expositivas a profesora desenvolverá o programa da materia, explicando conceptos e temas. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. Nas clases expositivas empregarase tamén a pizarra, artigos impresos ou calquera outra información necesaria para ampliar coñecementos e aclarar dúbidas. As sesións interactivas poden implicar análise de lecturas sobre temas relacionados coa materia, a resolución de exercicios e casos prácticos, e a elaboración de material de investigación. A interacción co alumno é esencial para lograr a aprendizaxe desexada. As titorías poderán ser presencias ou por vía telemática (a través do email ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Esta materia conta con Aula Virtual.A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado por encargo da profesora.
A puntuación correspondente a esta avaliación continua suporá un 50% da cualificación final e manterase para a convocatoria de xullo pero non para os repetidores. O exame final suporá o 50% restante da cualificación. Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a cualificación acadada fose superior.
Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas.
O desenvolvemento da avaliación realizarase do seguinte xeito:
- Proba final teórica e práctica: presencial nas datas e horarios fixados no calendario de probas finais.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC) e resolución presencial.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.A materia ten unha carga de traballo de 4,5 ECTS
Horas presenciais : 36 horas
Horas non presenciais: 76,5 horasÉ recomendable que o alumno traballe sobre a materia ao longo do curso, leve ao día os conceptos teóricos e procure a súa aplicación práctica de cara ao estudo de mercado que, ao mesmo tempo, está desenvolvendo.
Resulta conveniente a comunicación co profesor mediante a utilización das titorías persoais.
-
Maria De La Concepcion Varela Neira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811711
- Correo electrónico
- conchi.varela@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Xoves 10:00-11:30 Grupo /CLE_01 Castelán Aula de Informática 1 11:30-13:30 Grupo /CLIS_01 Castelán Aula de Informática 1 Exames 26.05.2025 10:00-13:00 Grupo /CLE_01 Aula 13 09.07.2025 10:00-13:00 Grupo /CLE_01 Aula 13