Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Concienciación da importancia dos negocios internacionais para as empresas e formación dunha actitude activa cara o mercado internacional. Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa. Coñecemento e análise da contorna dos negocios internacionais e consecuente redución do risco percibido na actividade internacional, capacitando para a toma de decisións internacionais en condicións de incertidume. Valoración e comprensión das diferencias internacionais e eliminación da perspectiva etnocéntrica. Coñecemento das alternativas estratéxicas da empresa internacional, así como das ferramentas de acción comercial.
Tema 1. Internacionalización da empresa
Tema 2. A contorna internacional
Tema 3. Análise e selección de mercados exteriores
Tema 4. Formas de entrada nos mercados exteriores
Tema 5: Estratexia de produto e marca nos mercados internacionais
Bibliografía básica:
Cerviño, J. (2006) Marketing Internacional: Nuevas Perspectivas para un Mercado Globalizado,
Pirámide, Madrid.
Bibliografía complementaria:
Alvarado, M e Martín, M. (2006) Publicidad y Cultura, Comunicación Social, Sevilla.
Cateora, P. e Graham, J. (2006) Marketing Internacional, McGraw Hill, México.
Czinkota, M. e Ronkainen, I. (2002) Marketing Internacional, McGraw Hill, México.
Durán, J.J. (2000) Estrategia y Economía de la Empresa Multinacional, Pírámide, Madrid.
García R. (2000) Empresas Españolas en los Mercados Internacionales, Esic, Madrid.
Guisado, M (2002) Internacionalización de la Empresa, Pirámide, Madrid.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CG02 - Capacidade para dispor dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG03 - Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG04 - Capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos.
CG05 - Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes áreas funcionais.
CG06 - Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG09 - Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CG10 - Conciencia da responsabilidade social da empresa.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que deberá ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Para o desenvolvemento teórico da materia, o enfoque docente adoptado recolle distintas alternativas metodológicas e é, ademais, flexible: a lección maxistral combínase coa análise de artigos de actualidade, exposicións do alumnado sobre aspectos teóricos, comentarios críticos, etc. As horas prácticas cóbrense con exercicios e análises de casos.
A avaliación desta materia será mediante exames e valoración da participación dos alumnos nas sesións interactivas e expositivas.
Concretamente, a cualificación da materia será o resultado de sumar as 2 puntuacións seguintes:
- Cualificación obtida no exame final, que contribuirá nun 50% á cualificación. Dito exame cubrirá todo o programa e incluirá todo o material exposto nas clases.
- Valoración da participación nas clases ao longo do curso, que contribuirá un 50% á cualificación. Diversas probas, casos e outro material docente será asignado nas clases e será recollido polo profesor/a.
Para aprobar a materia será condición necesaria (tanto en xaneiro como en xullo) que o alumno acade, polo menos, o 40% da puntuación posible no exame. Ademáis, o alumnado deberá superar, como mínimo, o 75% das probas propostas nas sesións interactivas. No caso de non chegar a esta porcentaxe (75%), a súa cualificación final será, únicamente, a nota acadada no exame, que será avaliado sobre 7 puntos, sendo necesario obter un 60% de dita puntuación para superar a materia.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As distintas competencias serán avaliadas mediante evaluación continua e exame final:
Mediante evaluación continua: CB02, CB03, CB04, CB05, CG03, CG04, CG05, CG06, CG09, CG10, CT01, CT03, CT04, CT06.
Mediante examen final: CG02, CE02, CE03.
Estímanse 76,5 horas de traballo persoal do alumnado, asemade das de traballo presencial na aula.
O aproveitamiento das clases prácticas depende da profundización previa nos conceptos teóricos por parte do alumnado.
Maria Luisa Del Rio Araujo
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811634
- Correo electrónico
- marisa.delrio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
17:00-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
13.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
13.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
24.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
24.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |