Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 22 Clase Interactiva: 14 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O propósito básico é a capacitación do alumnado para o adecuado desempeño das súas funcións no ámbito da xerontoloxía dende unha perspectiva clínica. Os obxectivos xerais deberán ir dirixidos cara a formación que contemple ao paciente xeriátrico, na súa contorna, dende os cambios morfolóxicos, psicolóxicos e funcionais causados polo envellecemento, pasando pola prevención e/ou manexo das distintas situacións de enfermidade e incapacidade e que finalice que actuación interdisciplinar nos distintos niveis asistenciais.
TEMA 1. Introdución á Xerontoloxía e á Xeriatría
TEMA 2. Comunicación e interacción en Xerontoloxía
TEMA 3. Exploración física do paciente maior
TEMA 4. Polimedicación no paciente maior
TEMA 5. Epidemioloxía e prevención en Xeriatría: Grandes Síndromes
TEMA 6. Formas inespecíficas de resposta orgánica
TEMA 7. Alteracións da resposta inmune
TEMA 8. Alteracións do sistema nervioso
TEMA 9. Alteracións dos órganos sensoriais
TEMA 10. Alteracións do sistema glandular e reprodutor
TEMA 11. Alteracións cardiovasculares
TEMA 12. Alteracións de ósos, músculos e articulacións
TEMA 13. Alteracións da eliminación
TEMA 14. Trastornos do estado de ánimo e sono
BÁSICA
-Tratado de Geriatría. Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía. Disponible en: https://www.segg.es/tratadogeriatria/main.html
-Cervera Díaz, MC y Saiz García, J. Actualización en Geriatría y Gerontología I y II. Ed. Marbán. 2019.
-Millán Calenti, JC. Principios de Geriatría y Gerontología. Madrid. Mc Graw Hill Interamericana. 2006.
Recursos do catálogo da biblioteca da USC.
COMPLEMENTARIA
-Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía. https://www.segg.es/
-Bases de datos e revistas científicas
COMPETENCIAS XERAIS
- CG1. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- CG2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría.
- CG3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- CG4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CG5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
- CE1. Formar e acreditar profesionais do campo da Xerontoloxía.
- CE2. Coñecer os principais problemas sociais e sociosanitarios que afectan á poboación de persoas maiores e estar en disposición de detectalos e actuar en consecuencia.
- CE3. Coñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas que afectan as persoas maiores.
- CE4. Coñecer o método de valoración xeriátrica integral a fin de poder establecer as bases para realizar o plan individualizado de atención da persoa maior.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
- CT1. Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico na redacción de proxectos.
- CT2. Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información dispoñibles para a comunidade científica.
- CT3. Favorecer o intercambio de alumnado e profesorado a fin de ampliar a súa perspectiva asistencial, docente e investigadora.
- CT4. Favorecer a incorporación de profesionais ao campo da investigación, facilitando a realización de teses doutorais.
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
- O/a alumno/a comprende os cambios fisiolóxicos que se producen no organismo na vellez.
- É capaz de identificar as necesidades de coidado derivadas das principais patoloxías e síndromes xeriátricas que afectan as persoas maiores.
- Planifica, xunto cos membros dun equipo multidisciplinar, os coidados máis idóneos desde unha visión holística do ser humano.
- Coñece os coidados necesarios para levar a cabo unha correcta preparación do ancián #ante unha proba diagnóstica e comprende a súa importancia.
- Establece as bases dunha relación terapéutica e comunícase coas persoas maiores de modo eficaz.
- Coñece e mostra unha actitude de respecto fronte aos dereitos de información, autonomía e consentimento do paciente.
- Identifica as fontes de información de interese de contido sanitario e xestiona o seu contido.
- Desenvolve capacidade de aprendizaxe autónoma.
A docencia expositiva e interactiva será de carácter presencial.
-Docencia expositiva: O profesorado explicará os contidos teóricos da materia fomentando a participación do estudante.
-Docencia interactiva: Implica a participación directa do alumnado, de modo individual ou grupal en tarefas propostas polo profesorado. Servirá para reforzar e ampliar os coñecementos adquiridos durante as clases expositivas mediante a súa aplicación práctica, así como para mellorar as competencias transversais.
As probas finais terán carácter presencial.
A avaliación desta materia farase de forma continuada e global mediante os seguintes criterios e instrumentos:
-Docencia expositiva: avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio dunha proba obxectiva. Terá un valor na nota final do 60%.
-Docencia interactiva: avaliarase a asistencia, a calidade e adecuación das tarefas propostas, a participación e actitude no grupo. Terá un valor na nota final do 40%.
Para superar a materia será necesario aprobar tanto a docencia expositiva como a interactiva.
Trátase dunha titulación presencial. A asistencia a clase é obrigatoria.
Cando o/a alumno/a non se presente á proba final considerarase non presentado.
Na 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Cada ECTS equivale a 25h, das cales 17 corresponden a traballo autónomo do alumnado e 8h a docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considérase necesario dedicar ao estudo 1,5 horas e 1,5 horas de traballo do alumnado (revisión de conceptos e consulta de bibliografía).
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar.
- Establecer nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
- Ter acceso ás ferramentas telemáticas de seguimento da materia.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
Raquel Rodriguez Gonzalez
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Cristina Jorge Soto
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- cristina.jorge [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.02 |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.02 |
12.12.2024 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
04.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |