Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 10 Total: 21
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivo xeral:
- Esta materia ten como obxectivo describir e analizar o mercado xerontolóxico e as condicións favorecedoras do benestar das persoas maiores.
Obxectivos específicos:
-Describir o mercado xerontolóxico facendo fincapé nos seus factores determinantes
-Analizar as características da contorna socioeconómica favorecedora do benestar das persoas maiores
-Estimular un coñecemento autónomo da realidade económica relacionada coas persoas maiores
-Preténdese que a materia teña un contido eminentemente práctico, buscando que os/as estudantes se inicien na tarefa de empregar datos dispoñibles nas fontes oficiais para analizar o contexto socioeconómico, o mercado relacionado coas persoas maiores, e a súa calidade de vida.
- Descrición do mercado xerontolóxico: factores determinantes
- Demanda de servizos xerontolóxicos: evolución recente, situación actual e proxeccións
- Oferta de servizos xerontolóxicos
- Calidade de vida nas personas maiores: determinantes e estimación práctica
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Para cada tema os alumnos contarán cos guións, cos gráficos e coas táboas elaboradas polo profesorado da materia para as clases expositivas. Ademais, proporcionaranse artigos e/ou textos que servirán para a preparación dos temas.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Adelantado, G. J. (Coord.) (2001): Cambios en el estado del bienestar. Icaria. Barcelona
Antón, A. (2009): Reestructuración del estado de bienestar. Talasa. Madrid.
Ayuntamiento de Madrid (2010): Los mayores y la economía actual. Jornadas 2010. Editorial Glosa, S.L.
European Commission (2018): The Silver Economy. European Union.
Esping-Andersen, G.; Palier, B. (2009): Los tres grandes retos del estado del bienestar. Ariel. Barcelona.
Etxezarreta, M. et al. (2010): Qué pensiones, qué futuro: el estado de bienestar en el siglo XXI. Icaria. Barcelona
Instituto de Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO) (2008): Economía y personas mayores. Colección Estudios
Serie Personas Mayores. N.º 11003.
Trinidad Requena, A. (2010): Análisis y evaluación de políticas sociales. Tecnos. Madrid.
Fundación de las Cajas de Ahorros (2010): Envejecimiento, adaptación y cambio social. Madrid.
Herrera Gómez, M. (2003): Las políticas sociales en las sociedades complejas. Ariel. Barcelona.
Muñoz de Bustillo, R. (2000): El estado de bienestar en el cambio de siglo. Alianza Editorial. Madrid.
A materia contribúe a que os estudantes acaden as seguintes competencias xerais, específicas e transversais asociadas ao título:
Xerais:
CX1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miudo nun contexto de investigación.
CX2. Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para resolver problemas en contornas novas, ou descoñecidas, dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría.
CX4. Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e as últimas razóns que os apoian- a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e inequívoco.
CX5. Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan seguir estudando dun xeito autodirixido ou autónomo
Específicas:
CE1. Formar e acreditar profesionais no campo da Xerontoloxía.
CE2. Coñecer os principais problemas sociais e sociosanitarios que afectan á poboación maior e estar en condicións de detectalos e actuar en consecuencia.
CE7. Coñecer os principais recursos de atención ás persoas maiores, así como a idoneidade da súa localización segundo as súas características sociosanitarias.
CE8. Coñecer as bases da investigación e facilitar a incorporación de profesionais ao campo da investigación xerontolóxica, tanto en organismos públicos como en privados ou empresas.
Transversais:
CT1. Adquirir as habilidades necesarias para aplicar o método científico na redacción de proxectos.
CT2. Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información de que dispón a comunidade científica.
CT4. Fomentar a incorporación de profesionais ao campo da investigación, facilitando a realización de teses de doutoramento.
Nas clases expositivas explicaranse os contidos teóricos da materia. Estas clases apoiaranse na utilización de presentacións en PowerPoint e farase referencia ás páxinas web nas que se pode atopar información estatística para a análise da poboación maior, da economía e dos servizos relacionados coas persoas maiores.
Nas clases interactivas os alumnos terán que aplicar os coñecementos vistos nas clases expositivas. En concreto, terán que analizar, a partir de fontes de datos oficiais a situación socioeconómica dos maiores en España e analizar o mercado de asistencia xerontolóxica.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia na que se irá subministrando a información relativa a cada tema. As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do correo electrónico institucional.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O sistema de avaliación realizarase de dúas formas distintas e complementarias:
1) Por unha banda, realizarase unha proba final escrita, de tipo test, sobre os contidos da materia. Esta proba representará o 25% da nota final.
2) Doutra banda, realizarase unha avaliación continua que outorgará o 75% da nota final. Esta avaliación consistirá na realización de prácticas e traballos nas clases interactivas. A asistencia á clase para a realización, e a entrega nos prazos establecidos, son criterios de cumprimento obrigatorio.
A puntuación acadada ó longo do curso nestas actividades de avaliación continua manterase, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria.
Os alumnos repetidores poderán optar por este sistema de avaliación, ou por realizar únicamente o exame final, co que poderían obter o 100% da nota final. En cualquera caso, deberán comunicar, dentro do primeiro mes de clase, a elección do sistema polo que desexan ser avaliados.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
A materia equivale a 75 horas de traballo para os estudantes, das cales 21 correspóndense con traballo presencial na aula e 54 son de traballo persoal.
As horas de traballo presencial inclúen as clases expositivas, as interectivas e a avaliación na aula. Mentres que as horas de traballo persoal distribúense en: estudo autónomo, lecturas, realización de exercicios e traballos, redacción de conclusións e preparación da materia.
Como recomendación para o estudo da materia únicamente cabería recomendar a participación activa e continuada nas distintas clases da mesma.
Fidel Martinez Roget
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811651
- Correo electrónico
- fidel.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.02 |
26.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |