Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Interactiva: 16 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Enfermaría
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Describir a repercusión demográfica, social e sanitaria do envellecemento poboacional
- Categorizar os niveis de asistencia ao ancián
- Coñecer os recursos sanitarios e sociais existentes
- Identificar os factores que contribúen ou alteran a saúde no ancián
- Valorar as necesidades reais do ancián
- Desenvolver un programa de atención sociosanitaria (planificación, execución e avaliación) no ancián
- Fomenta o espírito crítico e de integración con vistas ao traballo en equipo
- Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma
TEMA 1. Atención sociosanitaria
TEMA 2. O espazo sociosanitario
TEMA 3. Recursos sociosanitarios
TEMA 4. Xestión de casos
TEMA 5. Atención xerontolóxica integral
TEMA 6. Enfermidades dexenerativas e envellecemento
TEMA 7. Coidados paliativos e envellecemento
TEMA 8. Enfermidade cardíaca e envellecemento
TEMA 9. Enfermidade respiratoria e envellecemento
TEMA 10. Diabetes e envellecemento
TEMA 11. Hábitos nutricionais no ancián
TEMA 12. Hixiene
TEMA 13. Aparello locomotor
TEMA 14. Estabilidade e caídas
TEMA 15. Síndrome de inmobilización
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Barbero Miguel, L (2010). Intervención en la atención sociosanitaria en instituciones : respuesta asistencial a las necesidades especiales de las personas dependientes. Ideaspropias
Millán Calenti JC (2006). Principios de Geriatría y Gerontología. Mc-Graw Hill Interamericana.
Mayán Santos JM (2000). Gerontología Social. Sega Ediciones.
Mayan Santos JM et al.(2003). Gerontología Clínica. Sega Ediciones.
Patricia A. Williams (2020). Enfermería Geriátrica. Elsevier
García Hernández, M y Martínez Sellarés, R (2012) Enfermería y envejecimiento. Elsevier
Instituto para el Desarrollo e Integración de la Sanidad (IDIS) (2016). El reto de los cuidados sociosanitarios
intermedios: mapa de recursos y propuestas de futuro. IDIS
Martín Zurro, A (2018). Atención familiar y salud comunitaria. Elsevier
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
IMSERSO (2011). Libro Blanco de la Atención Sociosanitaria en España. Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad (IMSERSO)
Campo Ladero MJ (2000). Apoyo informal a las personas mayores y el papel de la mujer cuidadora. Centro de Investigaciones Sociológicas
Casado D (2002). Manual de Servicios Sociales. Polibea, Biblioteca de Intervención y Política Social
Fernández García T, Ares Parra A. (2002). Servicios Sociales: Dirección Gestión y Planificación. Alianza Editorial
Hernández Rodríguez G, Millán Calenti JC (2000). Ancianidad, Familia y Enfermedad de Alzheimer. Universidad de A Coruña
Moragas Moragas R (1991). Gerontología Social. Herder.
Rodríguez Castedo A (dir.) (2005). Libro Blanco. Atención a las Personas en situación de Dependencia en España. IMSERSO
Santamarina C et al. (2002). Percepciones sociales sobre las personas mayores. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales (IMSERSO)
RECURSOS WEB
Pudmed. http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Universidade de Santiago de Compostela (para consulta de catálogo bibliográfico, revistas electrónicas y libros electrónicos)http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/
SOCIEDADES CIENTÍFICAS
Sociedad Española de Geriatría y Gerontología. https://www.segg.es/
Sociedad Española de Neurología (SEN). http://www.sen.es/
Sociedad española de cardiología (SEC). http://www.secardiologia.es/
European Society of Cardiology (ESC). http://www.escardio.org/
Sociedad Española de Endocrinología y Nutrición (SEEN). http://www.seen.es/
Sociedad Española de Diabetes (SED). http://www.sediabetes.org/
European Society of Endocrinology (ESE). http://www.ese-hormones.org/
American Diabetes Association (ADA). http://www.diabetes.org/
American Thyroid Association (ATA). http://www.thyroid.org/
European Thyroid Association (ETA). http://www.eurothyroid.com/
Asociación Española de Urología (AEU). http://www.aeu.es/
European Association of Urology (EAU). http://www.uroweb.org/
Sociedad Española de Cirugía Ortopédica y Traumatología (SECOT). http://www.secot.es/
XERAIS
- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo
ESPECÍFICAS
- Coñecer os principais problemas sociais e sociosanitarios que afectan á poboación de persoas maiores e estar en disposición de detectalos e actuar en consecuencia
- Coñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricos que afectan as persoas maiores
- Coñecer o método de valoración xeriátrica integral a fin de poder establecer as bases para realizar o plan individualizado de atención da persoa maior
- Coñecer as principais pautas de intervención xeriátrica a fin de poder incorporalas aos plans individualizados de atención
- Coñecer os principais recursos de atención ás persoas maiores, así como a idoneidade da súa localización de acordo ás súas características sociosanitarias
TRANSVERSAIS
- Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico na redacción de proxectos
- Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información dispoñibles para a comunidade científica
DOCENCIA EXPOSITIVA
Explicaranse os contidos teóricos dos distintos bloques da materia mediante unha sistemática de ensino interactivo na que se fomenta a participación do alumnado. Para a divulgación dos coñecementos e para a demostración da súa aplicabilidade práctica, utilízanse os sistemas de apoio informático, iconografía, vídeo, etc.
DOCENCIA INTERACTIVA (SEMINARIOS)
O alumnado realizará distintos tipos de actividades para asimilar e reforzar o aprendido nas clases expositivas. O obxectivo é afianzar os contidos principais traballados na aula e a súa xeneralización. Todo iso baixo a supervisión do profesor que analizará as dificultades presentadas, resolverá as dúbidas expostas e proporcionará as axudas necesarias.
O alumnado levará a cabo actividades de forma individual e en pequenos grupos. O obxectivo (ademais de reforzar os contidos das clases expositivas) é fomentar a aprendizaxe cooperativa, a capacidade de organización e planificación, a xestión do traballo en equipo e as habilidades de relacións interpersoais.
Actividades de seminario:
- Revisión e análise crítico
- Resolución de casos
- Traballo en grupo e presentación oral
Utilización da USC-Virtual como ferramenta no proceso de aprendizaxe (materiais para o seguimento da materia e comunicación co alumnado)
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios:
- Realizarase unha proba final escrita da materia, de acordo co temario presentado, nas datas e aulas fixadas para o efecto pola Xunta de Facultade no que se avaliará os contidos das clases expositivas (50% da cualificación final)
- Os diferentes traballos de seminarios servirán para avaliar os contidos das clases interactivas (40% da cualificación final)
- Participación do alumno/a en as clases expositivas e interactivas (10% da cualificación final)
Para superar a materia será necesario, como mínimo, alcanzar o 50% da puntuación tanto na docencia expositiva como nos Seminarios
Cando o alumno non se presente á proba final escrita considerarase non presentado
Na proba de segunda oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva
Clases teóricas: 46 horas totais (16 horas presenciais e 30 non presenciais)
Clases interactivas (Revisión e análise crítico): 4 horas totais (7 horas presenciais e 11 non presenciais)
Clases interactivas (Resolución de casos): 4 horas totais (7 horas presenciais e 11 non presenciais)
Clases interactivas (Traballo en grupo e presentación oral):8 horas totais (16 horas presenciais e 4 non presenciais)
- Seguimento diario das distintas actividades a realizar, o que lle facilitará avanzar no proceso de aprendizaxe
- Establecer nexos entre a información teórica recibida nas clases teóricas e as observacións e intervencións realizadas nos seminarios
- Estar dado de alta na USC-Virtual para poder acceder ao curso virtual da materia
- Solicitar colaboración e/ou axuda do profesor mediante as titorías
-Técnica de estudo baseada no razoamento na procura da aplicabilidade práctica dos contidos teóricos
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
Para a atención do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo terase en conta o establecido no Protocolo de atención a persoas con discapacidade (Área de Integración do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC)
Realizaranse as debidas adaptacións metodolóxicas e/ou adaptacións curriculares para dar resposta ás necesidades educativas do citado alumnado
Marcos Pazos Couselo
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- marcos.pazos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ainara Diaz Geada
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Enfermaría
- Correo electrónico
- ainara.geada [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-14:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2.02 |
22.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |