-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 12Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 204
Horas de Titorías: 12
Clase Expositiva: 36
Clase Interactiva: 48
Total: 300Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e MedicinaÁreas:
Medicina Preventiva e Saúde PúblicaCentro
Facultade de Medicina e OdontoloxíaConvocatoria:
Traballos Fin de Grao e MásterDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
1).-Aplicar os coñecementos adquiridos e a capacidade de resolución de problemas en ámbitos relacionados coa/s liña/s de investigación establecida/s.
2).-Potenciar as habilidades de aprendizaxe que lles permitan investigar de forma autónoma.
3).-Poñer en práctica a capacidade de comunicación oral e escrita.O contido específico definirase para cada traballo individual, de acordo coa oferta de traballos e dos titores. Incluirá, o desenvolvemento dunha investigación mediante tarefas de busca e revisión bibliográfica avanzada, lectura e integración de información, elaboración de esquemas, redacción e presentación.
Seguindo o formato dunha publicación científica.A bibliografía básica sobre o diseño do trabajo será proposta polo titor e a específica do traballo que se asignou ao estudante será buscada polo estudiante coa supervisión do titor.
1. Identificar os factores de risco que poden afectar á saúde e coñecer como actúan.
2. Deseñar e analizar estudos epidemiolóxicos
3. Ser quen de manexar as ferramentas estatísticas e bibliográficas necesarias para a análise de datos de saúde da poboación.
4. Estar en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante a aplicación da metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas máis adecuadas.
5. Recoñecer e valorar as relacións entre os factores ambientais e a saúde da comunidade.O alumno realiza e presenta un traballo no que demostre as competencias adquiridas o longo dos seus estudos.
Durante o seu desenvolvemento programaranse sesións teóricas de deseño dos traballos titorizados.
Os pasos a seguir na realización do trabajo fin de máster serán:
- Selección de titor/es académico/s dentro dos profesores do Master
- Selección de tema
- Programación do traballo: o titor establecerá a programación das tarefas a realizar e orientará o traballo.
- Presentación escrita do traballo e defensa oral do traballo ante o tribunal.a. O traballo deberá ser defendido en sesión pública durante 12 minutos, tras o que o tribunal avaliador preguntará ao alumno sobre os aspectos científicos e formais relacionados co traballo.
b.A avaliación do traballo será realizado por un tribunal formado por 3 profesores do Máster, excluído o Titor.
c. O titor do traballo previamente ou durante a propia sesión de exposición pública poderá trasladar ao tribunal as súa avaliación de acordo aos criterios recollidos na Normas para a realización dos Traballos Fin de Master
d. Cada membro do tribunal outorgará unha puntuación global entre 0 e 10, atendendo aos criterios recollidos nas Normas para a realización dos Traballos Fin de Master e integrando, se así o estima, a avaliación do Titor.
e. A nota final do Traballo será a media das tres notas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.Atendendo aos créditos da materia (12 ECTS), requírense 300 horas
Manexo das bases de datos de publicacións periódicas en inglés.
Deseño e escritura de artigos científicos
Manexo de conceptos básicos de estatística.
Utilización dos recursos que proporciona a Biblioteca da USC. Dispoñible en: http://busc.usc.es/Ver Normas para a realización dos Traballos Fin de Master. Aprobadas pola Comisión Académica na reunión do 19-05-2015.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
-