Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Introducir ao alumno no deseño, e implantación dos programas de saúde.
- Coñecer os principais programas de saúde implantados na Comunidade Autónoma.
Deseño, implantación e avaliación de programas de saúde.
Principais programas de saúde de Galiza:
- Programa de diagnóstico precoz dos errores conxénitos do metabolismo
- Programa de diagnostico precoz da xordeira
- Programa de vacinacións
- Actuacións da Saúde Pública no control de riscos ambientais
- HACCP
- Plan de prevención dos trastornos aditivos
- Plan antiVIH/SIDA e outras infeccións de transmisión sexual
- Programa de prevención da Tuberculose
- Programa de prevención do Cancro de mama
- Outros cribados: colon e recto, próstata, cervix
- Programas de estilos de vida saudables, exercicio e alimentación)
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, et al. Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier-Masson 2015.
Presentación e outros materiais facilitados na aula virtual
Competencias da titulación as que contribúe a materia:
o Estará en condicións de identificar os problemas de saúde da comunidade, analizalos nos seus diversos aspectos (biomédicos, ambientais, sociais, económicos e legais), mediante la aplicación de la metodoloxía epidemiolóxica, e propoñer a adopción das medidas preventivas más adecuadas.
Competencias específicas da materia:
o Identificar os problemas de saúde dunha comunidade que poidan ser susceptibles de ser tratados a través de programas de saúde.
o Introducir ao alumno no deseño e implantación de programas de saúde.
o Valorar críticamente un programa de saúde aplicado a unha comunidade e analizalo desde diferentes perspectivas
o Detectar os puntos fortes e débiles dun programa de saúde, propoñer accións de mellora.
o Coñecer os principais programas de saúde implantados na Comunidade autónoma
Para impartir a materia utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferrementas proporcionadas pola plataforma Moodle (lección, foros de discusión, tarefas, etc.), incluindo aquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
As titorías poderán ser presenciais, por Ms. Teams e por correo electrónico.
O sistema de avaliación baséase na avaliación continuada, mediante o seguimento das tarefas e das diversas ferramentas do campus virtual (Moodle) que permiten o desenvolvemento de traballos individuais ou colaborativos. O alumno/alumna que non supere a materia en primeira oportunidade deberá realizar novas tarefas expostas polo docente en segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumno dedicará un mínimo de 51 horas ao estudo dos temas presentados na docencia,á búsquea bibliográfica e á preparación de tarefas e/ou traballos.
Para superar á materia será suficiente con adicar o tempo necesario á lectura e estudo da bibliografía recomendada e aos materiais entregados, así como presentar as tarefas solicitadas polo docente ao longo do curso no plazo correspondente.
A preparación da materia non presenta dificultades especiais.
É recomendable levar ao día o material subido á aula virtual e os exercicios e tarefas propostos polo docente
Julia Rey Brandariz
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Cristina Candal Pedreira
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- c.candal.pedreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU