Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Analizar e avaliar as características que indican a necesidade de terapia visual nas principais áreas de actuación: desviacións oculares estrábicas e non estrábicas, ambliopías, anomalías acomodativas e disfuncións oculomotoras non patolóxicas.
- Deseñar, implementar, aplicar e controlar programas de terapia visual nos diferentes grupos de suxeitos.
- Bases sensoriais, motoras e de desenvolvemento da visión binocular e as súas implicacións clínicas.
- Avaliación e diagnóstico da visión binocular e dos aspectos sensoriais e motores.
- Terapia visual, fases e secuencias.
- Deseño e implementación de programas de terapia visual.
- Tratamento das anomalías acomodativas, oculomotoras e binoculares non estrábicas.
- Tratamento do estrabismo e da ambliopía.
Scheiman, M. H. y Wick, B., Clinical Management of Binocular Vision: Heterophoric, Accommodative, and Eye Movement Disorders. Ed. Lippincott Williams And Wilkins. 2014.
Scheiman, M. Optometric Management of Learning Related Vision Problems. 2nd ed Mosby 2006
Wilson M., Saunders R. Pediatric Ophthalmology: Current Thought and a Practical Guide. Springer, 2009
Caloroso EE y Rouse MW. Tratamiento clínico del estrabismo. Butterworth-Heinemann, 2000.
Press, L. J. Applied Concepts in Vision Therapy. OEP. Mosby, 2017
Veciana, J.F. y Montón, E.A. El desarrollo neurofuncional del niño y sus trastornos. Visión aprendizaje y otras funciones cognitivas. Ed Lebón, 2008.
López, J.V. M. Manual de Terapia Visual. Saera, 2015.
Básicas e xenerais
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinais) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG1 Coñecer, comprender e aplicar os principios, metodoloxías e novas tecnoloxías da optometría, así como a adquisición das destrezas e competencias descritas nos obxectivos xerais do título.
CG3 Adquirir coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado e á investigación no campo da Optometría.
Transversais
CT1 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
CT4 Habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
CT5 Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
Específicas
CE1 Adquirir criterios específicos de actuación clínica para especializar ao estudante nos distintos campos clínicos propios da atención visual: optometría pediátrica, optometría xeriátrica, terapias visuais, baixa visión, superficie ocular e lentes de contacto.
CE5 Coñecer, comprender e aplicar conceptos de cribaxe na atención primaria visual e ocular.
CE6 Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da Visión.
Desde o inicio do curso académico estará activada a Aula Virtual da materia no Moodle do Campus Virtual, así como un Equipo de MS TEAMS. E obriga do alumnado a súa consulta regular así como a notificación das incidencias que poidan ocorrer con respecto a o acceso as mesmas. A metodoloxía adaptarase a un dos tres posibles escenarios para garantir unha docencia presencial segura da COVID-19.
MD1 ACTIVIDADE DE CONTIDO TEÓRICO:
Docencia virtual na que se poñerá a disposición dos alumnos os contidos do programa teórico, casos clínicos, e/ou exemplos xerais en diferentes formatos de presentación que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeo explicativo nunha contorna on- line.
Nos tres escenarios están reservadas 9 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus Virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da Aula Virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
MD2 ACTIVIDADE INTERACTIVA DE SEMINARIOS:
O alumno debe preparar o desenvolvemento da actividade con axuda do profesor e realizar medidas e correspondente análise de datos. Tamén se inclúen probas de avaliación se as houbese.
Nos tres escenarios están reservadas 4 horas de docencia telemática a través da plataforma Moodle do Campus virtual (mecanismo asíncrono) e xeito virtual utilizando a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono). Os contidos serán proporcionados a través da aula virtual en formato PDF, PPT, audio ou vídeo, onde se incluirán as tarefas para o alumnado así como o contido teórico dos mesmos.
MD3 ACTIVIDADE INTERACTIVA DE PRÁCTICAS:
Práctica clínica. Inclúese aquí a realización de prácticas clínicas en módulos moi reducidos.
- Escenario 1 (normalidade adaptada): 8 horas de docencia presencial e telemática. O número de alumnos por grupo reducirase ao 50% e as clases interactivas de prácticas impartiranse simultaneando a docencia presencial coa virtual (contidos online) organizada en quendas, utilizando a plataforma Moodle e/ou TEAMS cun mecanismo síncrono e/ou asíncrono.
- Escenario 2 (distanciamento, restricións parciais á presencialidade física): 8 horas de docencia presencial e telemática. O número de alumnos por grupo reducirase ao 50% e as clases interactivas de prácticas impartiranse simultaneando a docencia presencial coa virtual (contidos online) organizada en quendas, utilizando a plataforma Moodle e/ou Teams cun mecanismo síncrono e/ou asíncrono.
- Escenario 3 (peche das instalacións): Docencia virtual través da plataforma Moodle do Campus Virtual (mecanismo asíncrono) e a plataforma TEAMS (mecanismo síncrono).
MD4 TITORÍAS:
Titorías personalizadas e en grupos reducidos.
Nos tres escenarios, as titorías levaranse a cabo a través da Aula Virtual, correo electrónico e/ou a través de plataformas a disposición do alumno como TEAMS; podendo ser estas de carácter individual ou grupal.
AVALIACIÓN CONTIDOS TEÓRICOS E SEMINARIOS: Avaliación continua combinada cun exame final.
A avaliación continua realizarase de forma presencial e representará un 20% da nota final (2 puntos).
O exame final terá lugar de modo presencial, de acordo ao calendario establecido pola Xunta de Centro, e poderá ser mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Representará un 50% da nota final (5 puntos).
AVALIACIÓN CONTIDOS PRACTICOS:
A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua, que supoñerá un 30% da nota (3 puntos), realizarase a través das sesións presenciais e/ou en remoto utilizando ferramentas da plataforma Moodle e/ou Teams. A asistencia das prácticas é obrigatoria nun 90% do total das mesmas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e da revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 49 distribuídas da seguinte maneira:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 25 h.
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 14 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Optometría pediátrica, é especialmente recomendable que o alumno acceda aos artigos das revistas especializadas na temática para impartir. Estas están indexadas en bases de datos como PUBMED (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/)
Gonzalo Garcia Dominguez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- gonzalo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Garcia Resua
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Hugo Pena Verdeal
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Baixa Visión e Rehabilitación Visual |
Mércores | |||
16:00-20:00 | Grupo /CLI_EEES01 | Castelán | Baixa Visión e Rehabilitación Visual |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |