-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 3Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 51
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 9
Clase Interactiva: 12
Total: 75Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía FarmacéuticaÁreas:
FarmacoloxíaCentro
Facultade de FarmaciaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
1.- Motivar aos estudantes á realización de actividades de investigación científica con produtos naturais.
2.- Proporcionar un amplo coñecemento sobre os procedementos utilizados en investigación para a procura de principios activos de orixe natural.
3.- Ensinar os fundamentos teóricos dos deseños experimentais e a aplicación práctica dos métodos de identificación de produtos naturais con propiedades terapéuticas.
4.- Que o estudante coñeza as bases e estratexias metodolóxicas da investigación con produtos naturais para identificar as súas dianas farmacolóxicas.
5.- Establecer as estratexias de proxección terapéutica dos achados experimentais con produtos naturais.1.- Introducción xeral ao estudo de produtos naturais de orixe animal o vexetal, terrestre o mariño como potenciais materiais para a súa utilización en terapéutica.
2.- Recolleita e manipulación do material a estudar.
3.- Criterios para a extracción, purificación e identificación dos principios activos.
4.- Conceptos sobre os metabolitos primarios e secundarios das materias primas e a súa clasificación.
5.- Produtos naturais de orixe vexetal: calidade, estandarización e a súa autorización no mercado Europeo.Diego Cortés. Metabolitos secundarios activos. 2017.
Herbal Medicines. Pharmaceutical Press. 2013.
Drugs from Natural Products: Pharmaceuticals and Agrochemicals. Alan L. Harvey. Taylor & Francis, 1993.
Seafood and Freshwater. Pharmacology, Phisiology and Detection. Luis M. Botana. CRC Press. 2014.
Drugs from the Sea. Nobuhiro Fusetani. Karger Publishers. 2000.
Pharmaceutical análise. David C. Le and Michael Webb. Blackwell Publishing, CRC press. 2003.
Pharmaceutical Statistics. Practical and Clinical Applications. Sanford Bolton and Charles Bon. Marcel and Dekker. 2004.
Fundamentos de sínteses de fármacos. Pelayo Camps García, Carmen Escolano Mirón, Santiago Vázquez Cruz, Pelayo Camps García, Santiago Vázquez Cruz, Carmen Escolano Mirón. Edicions Universitat Barcelona, 2005.
Drugs: From Discovery to Approval. Rick Ng. Wiley-IEEE. 2004.
Fundamentos de Farmacoloxía Básica e Clínica. María Soidade Fernández Alfonso, Mariano Ruiz Gayo. Editorial Ramón Areces, 2005.
Natural Products from Plants. Leland J. Cseke, Ara Kirakosyan, Peter B. Kaufman, Sara Warber, James A. Duke. CRC Press. 2006.
Phycotoxins. Chemistry and Biochemistry. Ed Luis M. Botana. Blackwell. 2015.Manexar, buscar e entender a información sobre Produtos Naturais.
Coñecer os métodos máis importantes de obtención, identificación e caracterización farmacolóxica dos produtos naturais.
Coñecer os metaboloitos primarios e secundarios con interese farmacolóxico.O curso consta de sesións teóricas e sesións prácticas.
Ao longo do curso, e sempre a través da materia do CAMPUS VIRTUAL da USC, o alumno seguirá en todo momento as directrices indicadas polo profesor, para a boa coordinación e desenvolvemento da materia.
1.- Sesións teóricas: impártense con medios audiovisuais.
A fin de que o alumno participe nestas sesións de forma activa realizarase un traballo relacionado cos produtos de orixe natural, o cal será exposto e discutido.
2.- Sesións prácticas: levan a cabo nos laboratorios de investigación do departamento de Farmacoloxía cos equipos instrumentais dispoñibles:
• A.- Obtención de produtos naturais. Técnicas de extracción de aceites esenciais con aplicación farmacolóxica.
• B.- Ensaios físico-químicos para a identificación de aceites esenciais. Análise Cromatográficos: Cromatografía en fase sólida. Cromatografía líquida de alta resolución (HPLC). Cromatógrafo de líquidos-Espectrómetro de Masas (LC-MS). Identificación por 1H RMN e 13C RMN.A cualificación máxima que se poderá obter será de 10 puntos.
A avaliación realizarase de forma continua, tendo en conta:
1.- Exame (50% da cualificación final)
2.- Realización e presentación de traballos baseados en artigos científicos relacionados coa materia e afíns á área de traballo do alumno (40% da cualificación final).
3.- Seguimento do alumno durante a realización das prácticas (10% da cualificación final).Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
Expositivas: 9 h presenciais con profesor (3h presentación dun traballo) + 42 h traballo persoal
Seminarios e Prácticas: 12 h presenciais con profesor + 12 h traballo persoal
TOTAL: 75 hAsistencia e participación activa en prácticas, seminarios e clases teóricas.
Manexo da bibliografia recomendadaPara os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-
María Dolores Viña Castelao
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881815424
- Correo electrónico
- mdolores.vina@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jesús María González Jartín
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Correo electrónico
- jesus.gonzalez@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
-
1º semestre - Do 25 de novembro ao 01 de decembro Luns 16:30-18:30 Grupo /CLE_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía 18:30-19:30 Grupo 1/CLIS_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía Martes 16:30-18:30 Grupo /CLE_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía 18:30-19:30 Grupo 1/CLIS_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía Mércores 16:30-18:30 Grupo /CLE_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía 18:30-19:30 Grupo 1/CLIS_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía Xoves 16:30-18:30 Grupo /CLE_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía 18:30-19:30 Grupo 1/CLIS_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía Venres 16:30-17:30 Grupo /CLE_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía 17:30-19:30 Grupo 1/CLIS_01 Castelán 5035 Aula Seminario de Farmacoloxía