Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Neste curso o alumno familiarizarase coa forma na que se estudan as células, a estrutura e función das organelas celulares máis importantes, e os eventos máis relevantes do ciclo vital da célula. Asemade, estudarase o papel das células na homeostase tisular e se repasarán os últimos avances na bioloxía das células troncais. Introduciranse exemplos de alteracións celulares en enfermidade.
A aproximación aos conceptos que se indican realizarase dende o punto de vista experimental, co propósito de que o alumno desenvolva capacidade crítica cos experimentos de bioloxía celular que se encontrará ao longo da súa vida profesional, e sexa tamén capaz de deseñar experimentos utilizando as técnicas desta ciencia para responder a preguntas científicas relevantes.
Aproximación experimental á bioloxía celular. Tecnicas comúns utilizadas en laboratorios de bioloxía celular.
Estudio de tipos celulares concretos, entre os que se poden incluír as células endoteliais, células troncais e organoides: procedementos experimentais, protocolos e artigos.
- A docencia utilizará artigos orixinais e de revisión de revistas científicas, e protocolos experimentais.
- Como bibliografía para repasar aspectos base de bioloxía celular: Alberts B. et al. (2022) Molecular biology of the cell, 7th ed. W. W. Norton & Company.
Xerais:
• Aplicar as técnicas axeitadas para a resolución de problemas de Bioloxía Celular aplicada a Biomedicina.
• Poder levar a cabo un proxecto de investigación na materia, deseñando experimentos baixo supervisión.
• Poder emitir xuízos sobre hipóteses, propostas experimentais ou experimentos xa realizados en Bioloxía Celular.
• Ser capaz de traballar en equipo.
• Ser capaz de comunicar propostas, experimentos, resultados, conclusións e críticas.
• Poder manterse ao día no campo da bioloxía celular e as súas técnicas de forma autónoma.
Específicas:
• Entender como as alteracións dos procesos biolóxicos que manteñen o equilibrio na célula e nos tecidos do organismo poden provocar a patoloxía humana.
• Desenrolar a habilidade de entender as alteracións e identificar posibles puntos de intervención terapéutica de calquera enfermidade que se poida encontrar como obxecto de estudo na súa carreira profesional.
• Se quen de deseñar experimentos no eido da bioloxía celular, aplicando as técnicas axeitadas para responder á pregunta pertinente.
As clases poderán consistir en:
• Presentación por parte do profesor de métodos utilizados en bioloxía celular ou de aspectos da bioloxía do tipo celular obxecto de estudo.
• Presentación de tarefas por parte dos estudantes.
• Discusión de artigos de investigación e protocolos experimentais, tanto por parte de alumnos como por parte do profesor.
- Proba final: Exame escrito: 60%.
- Evaluación continua: 40%.
Horas presenciais: 21 horas presenciais e 4 de exame.
Horas traballo autónomo: 50.
Máis aló dos conceptos traballados en clase é importante que o alumno manexe os aspectos base da bioloxía celular, a maioría deles sobreenténdese que se traballaron nas licenciaturas/graos de onde procede pero sempre é conveniente repasalos, amplialos. Por iso recoméndase a lectura e estudo da bibliografía recomendada. Os profesores da materia están ao dispor dos estudantes para guiarlles no que precisen.
Moit do material que se utiliza está en inglés, polo que é convinte ter a capacidade de polo menos ler nesa lingua.
É convinte ir ás clases, tanto teoría coma seminarios. Tamén utilizar as titorías para calquera dúbida que poida xurdir, ou para o estudo autónomo dos aspectos básicos da bioloxía celular que se precisen.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Juan Bautista Zalvide Torrente
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815414
- Correo electrónico
- juan.zalvide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Celia Maria Pombo Ramos
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815413
- Correo electrónico
- celiamaria.pombo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Miguel Angel Fidalgo Perez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881815488
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 10 |
Xoves | |||
11:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 10 |