Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 28 Clase Interactiva: 14 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Dar a coñecer ao alumnado o concepto de ICC ("Industrias Culturais e Creativas"), así como a súa evolución, os seus límites e as críticas das que foi obxecto.
2. Dar a coñecer ao alumnado os aspectos lingüísticos básicos na produción de materiais textuais para as ICC e para a cultura en xeral: o resumo, o relato, a corrección e a perspectivización de contidos culturais.
3. Examinar conxuntamente co alumnado e dunha maneira práctica algúns exemplos de textos para as ICC situados en contornos determinados, tales como, por exemplo: a produción de festivais, os procesos de musealización e as accións de rehabilitación urbana e xentrificación de base cultural e patrimonial.
1. O concepto de ICC ("Industrias Culturais e Creativas"): desenvolvemento, debate(s) e tipoloxía.
2. Estratexias lingüísticas para a construción de textos en cultura: o resumo.
3. Estratexias lingüísticas para a construción de textos en cultura: o relato.
4. Estratexias lingüísticas para a construción de textos en cultura: a perspectivización.
6. Caso práctico 1: materiais lingüísticos na produción de festivais (exemplificado a través da análise de materiais procedentes de O Son do Camiño).
7. Caso práctico 2: materiais lingüísticos nun proceso de musealización (exempificado a través da análise de materiais procedentes do Museo Universitario Domus do Mitreo, USC).
8. Coda: repaso de aspectos de corrección lingüística aplicada ao español dos medios.
Cada tema requirirá a lectura de varios textos, que serán referenciados na guía docente da materia e estarán a disposición do alumno ou alumna, todos eles, na aula virtual. Algunhas referencias actualizadas sobre os conceptos básicos poden atoparse nos seguintes manuais:
Communian, R. e A. Gilmore (eds.): Higher Education and the Creative Economy. Londres: Routledge.
Hartley, J. et alii (2013): Key Concepts in Creative Industries. Londres: Sage.
Observatorio Atalaya (online): Observatorio cultural del proyecto Atalaya. http: https://www.observatorioatalaya.es/.
Sánchez Balaguer, J. J. et alii (2018): Las industrias culturales y creativas en Iberoamérica. Evolución y perspectivas. Orihuela (Alicante): Cátedra Iberoamericana 'Alejandro Roemmers' de Industrias Culturales y Creativas & Universidad Miguel Hernández.
Básicas:
CB1 - Capacidade de manexar eficientemente a información procedente de distintas canles para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura
CB3- Toma de conciencia das responsabilidades sociais e éticas vencelladas ao exercicio profesional e capacidade de reflexión e revisión crítica das dinámicas socio-culturais existentes
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou poco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudiantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Transversais:
CT1- Aplicación do pensamiento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación
CT2 - Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
CT3 - Capacidade para coordinar actividades e traballar de forma colaborativa con colegas, redes y equipos de investigación no contexto dos servizos culturais
CT10 - Capacidade de adaptación a novas situacións (flexibilidade no uso e transferencia do coñecemento)
Específicas:
CE1 - Coñecemento do funcionamento das novas formas de transmitir información, de acceder a ela e de apropiarse dela
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade
CE4 - Adquisición da capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos
Dado que o título é semipresencial, a tipoloxía de actividades formativas é como segue:
-Exposición dos contidos teóricos e metodolóxicos.
-Lecturas dos materiais indicados pola/o docente.
-Realización de exercicios e traballos.
-Participación en foros e debates online.
A materia está estruturada en varios núcleos temáticos, cada un dos cales leva unha actividade asociada. As actividades relacionadas con cada un dos núcleos temáticos detallaranse na guía docente da materia, mais son do tipo das seguintes: realización de breves resumos, intervención nos foros de cada tema, produción de textos para determinado ámbito da cultura, etc. Ademais, haberá un exame final na data oficial sinalada pola Facultade de Humanidades, tanto en primeira como en segunda convocatoria. A valoración cuantitativa de cada un destes tipos de actividades é a seguinte:
1. Actividade de avaliación continua, realizada a través da aula virtual da materia: 90% da cualificación.
2. Exame final da materia, realizado presencialmente na data oficial sinalada pola Facultade de Humanidades: 10% da cualificación.
-Actividade presencial que o profesorado debe atender e á que o alumnado ten dereito a asistir: 18 horas.
-Actividade a distancia (traballo do alumnado a través das aulas virtuais): 120 horas.
-Titorías, presenciais ou por calquera medio virtual ou telefónico que as faga posible: 4 horas.
-Sesións de avaliación (oral e escrita): 8 horas.
Total, 150 horas de traballo.
Alejandro S Veiga Rodriguez
- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingua Española
- Teléfono
- 982824755
- Correo electrónico
- a.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
30.05.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |