Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 7 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado unha primeira aproximación á análise económica dos eventos culturais, de xeito que os futuros egresados coñezan as principais ferramentas dispoñibles para avaliar o impacto económico e social dos eventos culturais. Os resultados de aprendizaxe esperados son:
1. Identificar os determinantes da demanda de eventos culturais por parte do público potencial
2. Coñecer o perfil do asistente (local-externo)
3. Coñecer os principais determinantes dos custes asociados a un proxecto cultural
4. Coñecer as principais estratexias de fixación de prezos de eventos culturais, especialmente nun contexto de competencia de mercado
5. Coñecer a metodoloxía da Avaliación de impacto económico a escala local e a súa aplicación a un evento cultural (impactos cuantitativos)
6. Coñecer as metodoloxías de avaliación do impacto social e cultural dun evento cultural (impactos cualitativos)
- Determinantes da demanda de eventos culturais
- Análise do perfil do demandante
- Análise da competencia no mercado de proxectos e eventos culturais
- Análise de custes e ingresos de eventos culturais. Rentabilidade económica.
- Fixación de prezos de eventos culturais. Análise da estrutura competitiva do mercado de eventos culturais
- A metodoloxía de Estudos de Impacto Económico.
- A rentabilidade social dos eventos Culturais. Do city marketing á cohesión social
- Asociación de Festivales de Música (2021). Reflexiones sobre la medición del impacto de los festivales de música.
- Krugman, P., Wells, R. y Olney, M. (2015), Fundamentos de Economía. 3ª edición, Ed. Reverté.
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: PortAmérica. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: Resurrection Fest. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: Revenidas. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: SinSal. Xunta de Galicia. 2018
- Fest Galicia. Informes de Avaliación de Impacto: SonRías. Xunta de Galicia. 2018
- Tarancón, M.A. (2003). Técnicas de Análisis Económico Input-Output. Editorial Club Universitario. Alicante.
Esta materia contribuirá a acadar as seguintes competencias recollidas na memoria do título:
CB1 - Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintos cauces para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura
CB2 - Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos na detección e resolución de problemas nos contextos específicos do seu ámbito profesional
CT8 - Capacidade de análise y síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información recibida)
CT11 - Capacidade crítica y autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio traballo)
CE33 - Adquisición da capacidade de planificación necesaria para o deseño de proxectos de xestión cultural
CE2 - Capacitación para desenvolver proxectos culturais de distinto tipo e finalidade
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
O tempo de estudo e de traballo por parte do alumnado que require esta materia distribúese do seguinte xeito:
- Asistencia ás clases presenciais: 6 horas
- Asistencia a seminarios: 3 horas
- Traballo autónomo e individual do alumnado: 60 horas
- Titorías e orientación: 2 horas
- Actividades de avaliación: 4 horas
Polo tanto, e seguindo co recollido na memoria de verificación do título, a carga total da materia é de 75 horas.
Recoméndase levar a materia ao día para asimilar correctamente os contidos teóricos e técnicos presentados ao longo do curso
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
03.06.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 11 |