Créditos ECTS Créditos ECTS: 15
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 233 Horas de Titorías: 12.5 Clase Interactiva: 4.5 Total: 250
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
En termos xerais o TFM pretende que o estudante aprenda a desenrolar o traballo de investigación propio do historiador. O seu campo de acción é amplo, pudendo orientarse ben á investigación centrada en fontes primarias (arquivos, fontes literarias de época, fondos bibliotecarios etc.), ben ó desenrolo de traballos encamiñados á investigación historiográfica no seu senso máis xeral e habitualmente desenrolados sobre fontes secundarias (reconstrucións historiográficas, elaboración de postas ao día bibliográficas, etc.). En calquera caso, e sempre dentro desta dimensión máis xeral, trataríase de poñer en contacto ao estudante coa problemática característica do oficio de historiar que en grande medida haberá de preocuparlle durante o resto da súa vida académica.
O estudante demostrará que é capaz de aplicar os coñecementos e procedementos adquiridos ao longo da súa formación para elaborar un traballo de investigación sobre un obxecto específico, de carácter orixinal, ben fundamentado e argumentado. Para elo deberá poñer en práctica a súa capacidade para buscar información con senso crítico, analizala, organizala e presentala axeitadamente. Deberá igualmente demostrar que sabe empregar a terminoloxía e as metodoloxías específicas, empregar procedementos de presentación axeitados aos requisitos académicos e propoñer valoracións e xuizos críticos ben fundamentados aplicados a seu obxecto de estudo.
____________
COMPETENCIAS XENÉRICAS E BÁSICAS:
G1 - Aplicar axeitadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión, na análise e interpretación das fontes
G2 - Aplicar a nivel avanzado os instrumentos de recompilación de información tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo, referencias electrónicas, á investigación e á catalogación de documentación e libros de arquivos e bibliotecas referidos á Historia Moderna de España
G3 - Aplicar as novas tecnoloxías á investigación histórica e ao exercicio de traballos propios dos perfís profesionais da titulación
G4 - Saber transcribir, sintetizar e catalogar información histórica.
G5 - Ser capaz de usar as técnicas específicas necesarias para estudar documentos de determinados períodos (por exemplo, Paleografía ou Epigrafía).
CB1 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB4 - Que os estudantes sepan comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS:
T1 - Identificar e seleccionar a metodoloxía axeitada para formular hipóteses, definir problemas e deseñar estratexias de traballo propias da investigación académica.
T2 - Localizar, discriminar, analizar e avaliar fontes primarias e secundarias (escritas, orais e electrónicas) relevantes para o traballo académico e referencia-las axeitadamente, conforme ás conveccións dos textos académicos.
ESPECÍFICAS:
CE1 - Saber realizar aportacións orixinais ás problemáticas obxecto de debate historiográfico acerca da historia moderna.
CE2 - Coñecer, a un nivel avanzado, os recursos bibliográficos e as fontes primarias para o estudo da Historia Moderna de España e especialmente no ámbito da Monarquía de España.
CE3 - Aplicar, a nivel avanzado, as teorías, métodos e técnicas propias das ciencias humanas e sociais ao estudo da Historia Moderna e en especial á da Monarquía de España.
1. Os/as profesores/as que desexen dirixir memorias de máster deberán presentar, antes do comezo do curso académico (última semana de setembro), a coordinación do Módulo de Investigación, dúas propostas de tema de traballo, indicando as fontes principais (25%) para a súa elaboración e unha breve bibliografía de autores/as básicos.
2. O/a Coordinador/a do Módulo de investigación publicará, entre a segunda e a terceira semana do curso, na páxina Web do Máster, o listado de todos os temas propostos polos profesores, para que os/as estudantes podan seleccionar en ela o/a titor/a de investigación e o tema que consideren oportuno. Así mesmo farase unha presentación en aula dos temas que se ofertan
3. Excepcionalmente, e mediante escrito razoado, que se presentará ante a Comisión de Coordinación do Máster, poderanse aceptar investigacións propostas polo /a estudante, sempre que haxa un profesor/a que se faga cargo delas e se axusten ás liñas de investigación da equipa docente do Máster.
4. Cada profesor/a poderá dirixir, por curso académico, un máximo de dous TFMs.
5. Na cuarta semana do curso académico, os/as estudantes, presentarán ao Coordinador/a do Módulo de Investigación, unha solicitude escrita na que incluirán, ao menos, dous temas de TFM dos propostos e os priorizarán.
6. Na quinta semana do curso, o/a Coordinador/a de Investigación, asignará a cada estudante do Máster un tema e titor/a de investigación. A asignación feita pola Coordinación do Módulo V, presentarase á Comisión de Coordinación do Máster, para á súa aprobación. No caso de que un tema-titor/a teña máis dun/a candidato/a, seleccionarase tendo en conta o expediente académico e unha entrevista persoal co/ca Coordinador/a de Investigación.
7. Unha vez aprobada pola Comisión de Coordinación do Máster a relación temas do TFM, estudantes e titores/as, na sexta semana do curso, o/a Coordinador/a do Módulo V a fará pública. Desta asignación os /as estudantes teñen dereito, se así o consideran oportuno, a reclamar ante a Comisión de Coordinación do Máster no prazo dunha semana
8. Na oitava semana, os/as titores/as de investigación deberán convocar a unha titoría aos seus titorizados/as. Nela informaranlles con máis detalle da proposta, método de traballo, etc.
9. Na primeira semana do mes de xuño, todos os/as estudantes matriculados no TFM, deberán presentar, ante unha comisión nomeada ao efecto e presidida polos/las Coordinadores/as de Investigación, as fontes (comentadas), a bibliografía e o esquema de traballo. Unha consideración positiva por parte do tribunal do traballo presentado polo/a estudante será imprescindible para seguir adiante co traballo de investigación. As suxestións do tribunal dirixiranse sempre a intentar mellorar o proxecto presentado polo estudante.
Con anterioridade, no Taller de Jóvenes Investigadores en Historia Moderna, organizado anualmente pola Coordinación do Máster da Universidade de Cantabria, que se habitualmente se celebra no mes de abril ou de maio, adiantarán a presentación do TFM.
10.As datas concretas dos días de depósito e de lectura do TFM anunciaranse oportunamente. Os/as estudantes da USC presentarán tres exemplares encadernados na secretaría do Departamento de Historia.
11. As esixencias da memoria estarán axeitadas ás posibilidades reais de realización, co obxectivo de que os estudantes podan finalizala nos prazos marcados na matrícula. O traballo terá unha extensión de 50 páxinas como mínimo, e 75 como máximo, a doble espazo, letra CGTimes 12. Non se computan nesta extensión as fontes e a bibliografía.
Establecerase un Tribunal único para a avaliación dos traballos. Designarase anualmente a proposta do/da Coordinador/a do Módulo de Traballo de Fin de Máster de cada Universidade e terá que aprobarse pola Comisión de Coordinación do Máster. Non obstante, previa petición razoada e por escrito ante a Comisión de Coordinación, poderase establecer unha sesión extraordinaria do mesmo Tribunal. Para as lecturas extraordinarias realizarase unha descrición detallada dos motivos da solicitude. A Comisión estudará detidamente as peticións co fin de evitar unha utilización masiva desta vía extraordinaria e poderá solicitar aclaración das dubidas que surxan. O Tribunal estará composto por tres membros: Presidente/a, Secretario/a e Vogal. O/a Presidente/a será o profesor/a de maior rango e antigüiedade dos que forman o tribunal e o/a Secretario/a o de menor. O/a Coordinador/a do Módulo formará sempre parte de dito Tribunal. Un dos membros, a ser posible, provendrá de outra Universidade e o/a directora/a do Traballo non poderá formar parte do mesmo. Nomearanse suplentes. Os tribunais serán sempre nomeados pola Comisión de Coordinación do Máster (sexa pola vía ordinaria, a lectura de fontes ou a vía extraordinaria).
O acto de avaliación será público, comezando cunha defensa oral do traballo polo alumno que non poderá superar os 15 minutos (a exposición poderá apoiarse no uso de recursos técnicos audiovisuais) e continuará cunha intervención de cada un dos membros do tribunal, non superior no seu conxunto aos 30 minutos. A continuación, e durante un máximo de 10 minutos, o estudante deberá dar resposta a cantas preguntas ou dubidas lle plantexen os membros do Tribunal, podéndose entablar un debate. Finalmente, o Tribunal deliberará a porta pechada antes de decidir a cualificación. Para elo terá en conta a calidade do contido, a claridade da exposición e as respostas dadas ás preguntas que se formulen.
SISTEMA DE AVALIACIÓN PONDERACIÓN MÍNIMA PONDERACIÓN MÁXIMA
Presentación escrita do TFM 80 % 90 %
-Calidade científica e técnica do
TFG/TFM presentado
-Calidade do material entregado
Presentación oral e defensa 10 % 20 %
-Claridade expositiva
-Capacidade de debate e a defensa argumental
15 ECTS………………375 Horas
______________
Participación:
Taller de Jóvenes Investigadores
Coordinadora: Marina Torres Arce.
Lugar: Universidad de Cantabria. Presencial.
No caso de interrupción da docencia presencial por razóns sanitarias, o desenvolvemento das tarefas relacionadas coa elaboración dos TFM axustaranse ao indicado no punto 2 “Medidas específicas para cada escenario”, do "Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022" (Consello de Goberno da USC, 30/04/2021), nesta materia adoptaranse as medidas necesarias para cumprir coa docencia da mesma nos tres escenarios propostos:
- No escenario 1 (Normalidade adaptada), o curso se axustará ao indicado nesta Guía Docente.
- No escenario 2 priorizarase a programación das titorías por vía telemática.
- No escenario 3 a programación será exclusivamente por vía telemática.